WEBVTT

00:00:53.262 --> 00:00:55.514 align:center
A LISTA TERMINAL

00:01:07.735 --> 00:01:09.987 align:center
Non, Reece, espera. Deus, non.

00:01:10.070 --> 00:01:12.281 align:center
- Que fas? Ceo santo!
- Non!

00:01:12.406 --> 00:01:18.412 align:center
TERROR EN CORONADO

00:01:28.964 --> 00:01:34.553 align:center
TERROR EN CORONADO

00:02:43.038 --> 00:02:44.039 align:center
Si.

00:02:45.875 --> 00:02:47.042 align:center
Ben.

00:02:47.877 --> 00:02:49.712 align:center
Vale. Déboche unha.

00:02:58.053 --> 00:02:59.471 align:center
Vaia pintas levas.

00:03:01.557 --> 00:03:02.600 align:center
Vaia pintas?

00:03:04.476 --> 00:03:05.394 align:center
Non che gustan?

00:03:07.229 --> 00:03:10.149 align:center
Ti pareces Patrick Swayze
vivindo nunha furgoneta.

00:03:15.070 --> 00:03:17.489 align:center
Hartley xa aterrou no norte, por certo.

00:03:19.533 --> 00:03:21.076 align:center
Na súa casa da Illa Orcas?

00:03:21.869 --> 00:03:23.621 align:center
E ademais pasou do CID.

00:03:24.914 --> 00:03:26.332 align:center
Está co Servizo Secreto?

00:03:26.874 --> 00:03:27.917 align:center
Proba con outros.

00:03:28.459 --> 00:03:31.879 align:center
Talos. Contratou unha ducia de homes,
talvez máis.

00:03:34.423 --> 00:03:35.674 align:center
Sabe que vou.

00:03:36.216 --> 00:03:37.259 align:center
Sabe.

00:03:38.510 --> 00:03:39.428 align:center
Acaso importa?

00:03:41.764 --> 00:03:44.683 align:center
Non importa unha merda.
Ata agora non importou.

00:04:46.495 --> 00:04:47.830 align:center
Impórtalle se a grabo?

00:04:49.748 --> 00:04:51.625 align:center
Claro que non. Para iso veu.

00:04:51.709 --> 00:04:53.752 align:center
Si, para oír a versión correcta.

00:04:54.253 --> 00:04:55.546 align:center
Soa escéptica.

00:04:56.672 --> 00:04:59.466 align:center
Interceptoume o artigo
con recursos estatais.

00:04:59.550 --> 00:05:00.968 align:center
Estou moi escéptica.

00:05:01.051 --> 00:05:03.512 align:center
Pero era incorrecto, señorita Buranek.

00:05:04.013 --> 00:05:05.389 align:center
Difamatorio, de feito.

00:05:05.973 --> 00:05:07.349 align:center
Antes de publicalo,

00:05:07.433 --> 00:05:11.395 align:center
debería coñecer
a cronoloxía exacta dos acontecementos.

00:05:11.478 --> 00:05:14.064 align:center
Corroborei todo o que sae no artigo.

00:05:14.148 --> 00:05:16.817 align:center
Teño documentos de Horn, de Pillar...

00:05:16.900 --> 00:05:19.278 align:center
Non nego que teña os feitos correctos,

00:05:19.361 --> 00:05:21.405 align:center
pero chega a conclusións erróneas.

00:05:22.531 --> 00:05:26.535 align:center
No seu artigo fala dunha empresa pantasma,
Oberon Analytics,

00:05:27.202 --> 00:05:30.414 align:center
e implica que eu son
a beneficiaria anónima.

00:05:31.040 --> 00:05:31.874 align:center
Non o son.

00:05:32.541 --> 00:05:35.335 align:center
Nunca recibín pagos de Horn
nin de ninguén.

00:05:36.211 --> 00:05:38.839 align:center
É moi difícil de crer, tendo en conta

00:05:38.922 --> 00:05:41.425 align:center
que tódolos implicados recibiron pagos.

00:05:41.925 --> 00:05:44.053 align:center
Non estou implicada, Buranek.

00:05:44.136 --> 00:05:47.973 align:center
Só actuei segundo a autoridade
que me concedeu o Pentágono.

00:05:49.016 --> 00:05:53.479 align:center
Probou un medicamento sen licencia
en todo un pelotón de SEAL da Armada.

00:05:53.562 --> 00:05:54.897 align:center
Iniciei o ensaio,

00:05:55.606 --> 00:05:59.318 align:center
pero non participei na tapadeira
nin o fixen para lucrarme.

00:06:00.486 --> 00:06:01.487 align:center
Entón por que?

00:06:02.780 --> 00:06:04.573 align:center
Por que probou o RD4895?

00:06:05.074 --> 00:06:09.078 align:center
As miñas políticas iniciaron
a retirada gradual de Iraq e Afganistán,

00:06:09.828 --> 00:06:13.832 align:center
pero iso implicaba misións
máis longas e arduas das forzas especiais.

00:06:14.291 --> 00:06:15.459 align:center
Máis trauma.

00:06:15.542 --> 00:06:20.089 align:center
Teño a obriga moral e profesional
de solucionar ese problema.

00:06:20.172 --> 00:06:23.008 align:center
Pero ese permiso urxente
é só para emerxencias.

00:06:24.343 --> 00:06:27.096 align:center
Para evitar
mortes inminentes e catastróficas.

00:06:27.721 --> 00:06:32.643 align:center
Hai unha media de entre 17 e 22 suicidios
de excombatentes cada día.

00:06:33.727 --> 00:06:36.063 align:center
Se engade os suicidios en servizo

00:06:36.146 --> 00:06:40.025 align:center
é o equivalente a dous 11S ó ano.

00:06:40.109 --> 00:06:43.529 align:center
A min paréceme unha perda catastrófica.

00:06:45.155 --> 00:06:48.283 align:center
E tumores cerebrais
en todo un pelotón de SEAL...

00:06:49.326 --> 00:06:50.911 align:center
Parécelle catastrófico?

00:06:51.578 --> 00:06:53.956 align:center
Pillar enviábame análises periódicas.

00:06:54.039 --> 00:06:56.333 align:center
Non tiña motivos para cuestionalas.

00:06:58.836 --> 00:07:00.963 align:center
Entón non sabía o dos tumores.

00:07:01.046 --> 00:07:04.800 align:center
Non, ata que a vin enfrontándose con Horn
en San Francisco.

00:07:05.551 --> 00:07:09.596 align:center
O que lle berraba non significaba nada
para o resto do mundo.

00:07:09.680 --> 00:07:11.640 align:center
Para min, foi unha revelación.

00:07:12.182 --> 00:07:14.518 align:center
Cando vin que Horn e o seu séquito

00:07:14.601 --> 00:07:17.521 align:center
crearon a Espada de Odín como tapadeira,

00:07:17.604 --> 00:07:20.566 align:center
iniciei unha investigación no DCIS.

00:07:22.067 --> 00:07:24.153 align:center
Estaba tan cabreada coma vostede.

00:07:27.406 --> 00:07:28.365 align:center
Ou máis.

00:07:31.743 --> 00:07:32.953 align:center
Señora secretaria?

00:07:34.037 --> 00:07:37.833 align:center
Debo escoltala á sala privada
para a chamada co Estado Maior.

00:07:38.542 --> 00:07:39.585 align:center
Grazas.

00:07:41.920 --> 00:07:43.422 align:center
Seguiremos máis tarde.

00:07:44.214 --> 00:07:46.925 align:center
Mentres tanto,
pode instalarse na ala leste,

00:07:47.009 --> 00:07:48.886 align:center
a poder ser lonxe das ventás.

00:07:50.095 --> 00:07:53.307 align:center
Ou pode decidir publicar
o que lle contei, porque...

00:07:55.392 --> 00:07:56.560 align:center
é a verdade.

00:08:54.534 --> 00:08:56.203 align:center
Bloqueos e controis?

00:08:57.496 --> 00:08:59.206 align:center
Os dos Ánxeles si que saben.

00:09:00.207 --> 00:09:02.459 align:center
Os Howard identificaron a Ben Edwards.

00:09:02.960 --> 00:09:05.504 align:center
Si, vixiámolo.
Compañeiros de adestramento.

00:09:06.630 --> 00:09:08.882 align:center
O tipo é da CIA. División Especial.

00:09:09.549 --> 00:09:11.969 align:center
Era unha pantasma, ata agora.

00:09:12.678 --> 00:09:14.137 align:center
Hartley pasa do CID.

00:09:14.721 --> 00:09:18.976 align:center
Retírase con gardas de Talos
e deixa que Reece a siga sen supervisión.

00:09:20.602 --> 00:09:21.853 align:center
Quere matalo.

00:09:22.771 --> 00:09:24.606 align:center
E logo dará a súa versión.

00:09:24.690 --> 00:09:26.817 align:center
Polo menos acabará todo, non?

00:09:28.819 --> 00:09:30.570 align:center
Si, pero non como queriamos.

00:09:36.410 --> 00:09:39.454 align:center
Ó marchar de Quantico
puiden facer o que quixese.

00:09:40.038 --> 00:09:43.166 align:center
Elixín Fuxitivos
porque me gustaba a simplicidade.

00:09:43.250 --> 00:09:46.086 align:center
Non hai que demostrar os motivos,
só atrapalos.

00:09:46.169 --> 00:09:47.879 align:center
Se foxe, é culpable.

00:09:51.967 --> 00:09:54.594 align:center
Pero creo que esta vez
perseguimos a vítima.

00:09:55.595 --> 00:09:58.307 align:center
E os culpables son os que persegue Reece.

00:09:58.932 --> 00:09:59.933 align:center
Como?

00:10:00.851 --> 00:10:03.437 align:center
Agora estamos de parte de Reece, logo?

00:10:04.771 --> 00:10:05.605 align:center
Non.

00:10:07.107 --> 00:10:08.233 align:center
Collémolos a todos.

00:10:09.401 --> 00:10:12.487 align:center
Collemos? Estamos na neveira, xefe.

00:10:13.780 --> 00:10:14.990 align:center
Fixen chamadas.

00:10:16.533 --> 00:10:18.827 align:center
Hai máis xente que o quere intentar.

00:10:20.829 --> 00:10:23.373 align:center
Apetéceche foder a túa carreira por isto?

00:10:33.258 --> 00:10:38.055 align:center
Unha axuda para a túa investigación.
Son un libro aberto. LORRAINE

00:10:42.309 --> 00:10:45.979 align:center
EXTRACTO BANCARIO

00:10:54.738 --> 00:10:57.657 align:center
CON HARTLEY. SABE QUE VÉS.
PARA, NECESITO TEMPO.

00:10:57.741 --> 00:11:00.952 align:center
TALVEZ NON TEÑA A HISTORIA COMPLETA.

00:11:31.400 --> 00:11:34.069 align:center
Agora mesmo non podo con esta música.

00:11:34.152 --> 00:11:36.488 align:center
Non "podes" con ela? Vale.

00:11:39.991 --> 00:11:40.992 align:center
De acordo.

00:11:41.618 --> 00:11:42.577 align:center
E esta?

00:11:46.415 --> 00:11:47.666 align:center
Moito mellor.

00:11:49.960 --> 00:11:51.211 align:center
Que bo é este tema.

00:11:56.883 --> 00:11:58.844 align:center
Engáname a vista?

00:12:00.762 --> 00:12:01.972 align:center
Acabas de sorrir?

00:12:02.681 --> 00:12:05.392 align:center
Creo que te vira sorrindo
algunha vez, pero...

00:12:06.768 --> 00:12:10.105 align:center
Por un intre, pensei que os dous
perderamos a memoria.

00:12:17.863 --> 00:12:18.864 align:center
Quen é?

00:12:19.781 --> 00:12:21.116 align:center
A reporteira.

00:12:23.577 --> 00:12:24.786 align:center
Está na illa.

00:12:25.787 --> 00:12:27.372 align:center
Claro que si.

00:12:28.915 --> 00:12:31.585 align:center
Agora a secretaria
ten un puto escudo humano.

00:12:32.919 --> 00:12:34.671 align:center
Cando nos botamos á auga?

00:12:37.174 --> 00:12:38.467 align:center
En dúas, tres horas.

00:12:40.343 --> 00:12:44.014 align:center
A pregunta é
se nos estará esperando o barco.

00:12:44.097 --> 00:12:46.224 align:center
Dixo que ía estar, así que estará.

00:12:48.977 --> 00:12:49.978 align:center
Dubídoo.

00:12:51.062 --> 00:12:52.314 align:center
Raife Hastings.

00:12:53.440 --> 00:12:56.735 align:center
Podería vivir mil anos
e seguiría sen entender

00:12:56.818 --> 00:12:58.778 align:center
como confías nese fillo de puta.

00:13:01.781 --> 00:13:03.783 align:center
Tamén confío en ti, non?

00:13:13.293 --> 00:13:14.294 align:center
Ben.

00:13:16.171 --> 00:13:17.506 align:center
Hostia!

00:13:19.382 --> 00:13:20.509 align:center
Merda.

00:13:35.106 --> 00:13:36.983 align:center
Coches: tres ou catro Chargers.

00:13:38.193 --> 00:13:40.237 align:center
Un par de Tahoes. Un par de motos.

00:13:40.737 --> 00:13:43.031 align:center
E oito polis.

00:13:45.700 --> 00:13:47.410 align:center
Non poderemos escapar.

00:13:48.995 --> 00:13:51.915 align:center
Tampouco poderemos
matalos a tiros, hostia.

00:13:51.998 --> 00:13:53.083 align:center
Non temos saída.

00:13:54.501 --> 00:13:55.710 align:center
Ninguén nos cobre.

00:13:57.754 --> 00:13:58.797 align:center
Estou contigo.

00:14:00.674 --> 00:14:03.426 align:center
Pasaremos. Non queda outra.

00:14:13.311 --> 00:14:15.480 align:center
Bo día, axente. Que tal está?

00:14:16.398 --> 00:14:17.941 align:center
Carné, por favor.

00:14:18.483 --> 00:14:19.901 align:center
Si, claro.

00:14:22.821 --> 00:14:25.949 align:center
Onde o teño? Un segundo.

00:14:33.832 --> 00:14:35.709 align:center
Cara a onde vai, señor Adams?

00:14:35.792 --> 00:14:37.794 align:center
A Pacific City, señor.

00:14:38.378 --> 00:14:42.507 align:center
Seica veñen unhas ondas do norte
co meu nome escrito.

00:14:51.224 --> 00:14:53.685 align:center
Podemos facer unha inspección rutineira?

00:15:03.778 --> 00:15:04.863 align:center
É toda súa.

00:15:13.663 --> 00:15:14.664 align:center
Bo día.

00:15:17.792 --> 00:15:19.628 align:center
Vive no vehículo, señor?

00:15:20.211 --> 00:15:23.423 align:center
De cando en vez, señora. Sigo as ondas.

00:15:23.965 --> 00:15:26.718 align:center
Identificación. California.

00:15:26.801 --> 00:15:30.805 align:center
India-8-8-8-4-2-1-0.

00:16:10.428 --> 00:16:13.723 align:center
Señor, xa sei o que pasa.

00:16:16.142 --> 00:16:19.813 align:center
Vin a alerta no móbil polo camiño.

00:16:20.689 --> 00:16:24.109 align:center
Quero dicir, quen rapta desa maneira
unha pobre velliña?

00:16:24.192 --> 00:16:28.571 align:center
Que vai facer?
Calcetarlles xerseis a todos e...

00:16:28.655 --> 00:16:32.367 align:center
Señor Adams, podemos seguir en silencio?

00:16:35.036 --> 00:16:36.204 align:center
Claro.

00:16:37.372 --> 00:16:39.582 align:center
7-Lincoln-4-2.

00:16:40.083 --> 00:16:42.419 align:center
Non hai coincidencias. Pode confirmalo?

00:16:42.919 --> 00:16:46.756 align:center
Apelido: Adams. Nome: Shane.
Varón. Branco.

00:16:47.632 --> 00:16:51.136 align:center
Data de nacemento: 07-22-1984.

00:16:56.474 --> 00:16:59.227 align:center
7-Lincoln-4-2. Comprobación correcta.

00:16:59.310 --> 00:17:02.439 align:center
Non hai orde de captura para Adams, Shane.

00:17:03.273 --> 00:17:05.483 align:center
7-L-4-2, recibido.

00:17:06.735 --> 00:17:09.320 align:center
Identificación correcta.
Vehículo despexado?

00:17:17.036 --> 00:17:18.163 align:center
Despexado.

00:17:32.844 --> 00:17:33.970 align:center
Que teña un bo día.

00:17:35.138 --> 00:17:36.181 align:center
Vaia con coidado.

00:17:39.726 --> 00:17:42.562 align:center
B-2-3-X-7-9-7, correcto.

00:17:42.645 --> 00:17:45.315 align:center
Non hai orde de busca, pode proseguir.

00:17:46.149 --> 00:17:48.151 align:center
Adiante, correcto. Pode pasar.

00:17:49.110 --> 00:17:50.528 align:center
Adiante. Correcto.

00:18:03.750 --> 00:18:05.919 align:center
Foron útiles as miñas contas?

00:18:06.669 --> 00:18:09.088 align:center
Como secretaria, publícoas cada ano.

00:18:09.172 --> 00:18:11.633 align:center
Sería difícil agochar 20 millóns.

00:18:12.467 --> 00:18:14.093 align:center
Difícil, non imposible.

00:18:14.177 --> 00:18:16.971 align:center
Quero ver a folla de ruta
da Espada de Odín.

00:18:17.764 --> 00:18:20.433 align:center
Farei que lla envíen. Algo máis?

00:18:21.226 --> 00:18:23.102 align:center
Non rematamos a entrevista.

00:18:28.525 --> 00:18:31.861 align:center
Ata que punto coñece a vida do meu pai?

00:18:31.945 --> 00:18:33.613 align:center
Lin a súa biografía.

00:18:34.364 --> 00:18:38.868 align:center
Sei que fixo cartos coa madeira.
Logo serviu en Corea e Vietnam.

00:18:39.911 --> 00:18:41.579 align:center
Coñezo os seus problemas.

00:18:42.539 --> 00:18:44.791 align:center
Alcoholismo, episodios psicóticos.

00:18:47.377 --> 00:18:48.920 align:center
E sei que se suicidou.

00:18:50.713 --> 00:18:54.968 align:center
De nena, tocábame cancións no ukelele
nesta mesma sala.

00:18:56.344 --> 00:19:00.181 align:center
Non atinaba unha soa nota, pero era feliz.

00:19:02.016 --> 00:19:04.143 align:center
Trala guerra, ese home morreu.

00:19:05.019 --> 00:19:07.814 align:center
Con respecto,
pero creo que se desvía do tema.

00:19:08.273 --> 00:19:12.694 align:center
Non fai falla vivir en persoa o TEPT
para crer que é bo curalo.

00:19:13.444 --> 00:19:15.071 align:center
Supoño que non.

00:19:15.446 --> 00:19:18.491 align:center
Pero protexer a túa nai do teu pai
con 12 anos

00:19:18.575 --> 00:19:21.077 align:center
ou atopar o teu pai morto no ático...

00:19:21.703 --> 00:19:23.288 align:center
Bótalle leña ó lume.

00:19:25.957 --> 00:19:28.918 align:center
Síntoo, pero a pregunta que me interesa

00:19:29.002 --> 00:19:31.838 align:center
é se se debería probar ou non
un medicamento novo

00:19:31.921 --> 00:19:34.841 align:center
nas tropas sen o seu coñecemento
ou consentimento.

00:19:34.924 --> 00:19:39.345 align:center
A investigación de traumas é máis eficaz
con ensaios anónimos.

00:19:40.680 --> 00:19:43.766 align:center
Non foi unha elección persoal,
senón científica.

00:19:44.350 --> 00:19:46.853 align:center
Por que non publicalo
trala Espada de Odín?

00:19:46.936 --> 00:19:49.230 align:center
Estouno publicando. Xusto agora.

00:19:49.314 --> 00:19:52.066 align:center
Poderíase dicir
que quere controlar a versión.

00:19:52.150 --> 00:19:56.070 align:center
Culpa os falecidos
porque non poden contradicila.

00:19:56.154 --> 00:20:00.283 align:center
Xulgaranme con dureza
por autorizar o RD4895?

00:20:00.700 --> 00:20:01.993 align:center
Algúns, talvez.

00:20:02.493 --> 00:20:05.371 align:center
Pero creo que outros
entenderán a miña decisión.

00:20:07.582 --> 00:20:09.292 align:center
Entenderaa James Reece?

00:20:13.671 --> 00:20:16.132 align:center
As dúas coñecemos esa resposta.

00:20:17.342 --> 00:20:19.677 align:center
Culparíao polo que fixo?

00:20:21.262 --> 00:20:23.765 align:center
Estiven na sala de guerra na operación.

00:20:24.891 --> 00:20:29.562 align:center
Escoitei como morrían os seus homes
nos túneles sen poder evitalo.

00:20:29.646 --> 00:20:32.607 align:center
E despois perdeu a muller, a filla...

00:20:36.527 --> 00:20:38.404 align:center
Di que o apoia,

00:20:38.488 --> 00:20:42.659 align:center
pero ten contratistas militares privados
fortificándolle a casa.

00:20:42.742 --> 00:20:47.121 align:center
Reece vai vir, señorita Buranek.
Non teño máis remedio que defenderme.

00:20:48.456 --> 00:20:50.124 align:center
Iso faime ser unha criminal?

00:20:51.209 --> 00:20:52.460 align:center
Faime humana.

00:21:15.316 --> 00:21:17.193 align:center
Si que veu o moi cabrón.

00:21:27.036 --> 00:21:27.996 align:center
Hostia.

00:21:32.959 --> 00:21:38.047 align:center
ASÍ ESTAMOS EN PAZ.
SE O CONSEGUES, SABES ONDE IR. R

00:21:38.339 --> 00:21:39.340 align:center
Demo.

00:21:41.759 --> 00:21:43.344 align:center
Raife chegou con todo.

00:21:46.139 --> 00:21:47.473 align:center
Que di a nota?

00:21:48.474 --> 00:21:49.976 align:center
Deséxanos boa sorte.

00:22:28.056 --> 00:22:30.516 align:center
Pensei que iamos pasar desapercibidos.

00:22:30.600 --> 00:22:33.811 align:center
Iranos mellor de noite.
Vexo que te amañaches, Mac.

00:22:33.895 --> 00:22:34.896 align:center
Layun.

00:22:34.979 --> 00:22:36.230 align:center
Debémosvos unha.

00:22:36.814 --> 00:22:38.983 align:center
Levo máis de dez anos neste oficio

00:22:39.067 --> 00:22:42.904 align:center
e o home que perdemos mata un almirante?
Non nos debedes nada.

00:22:43.446 --> 00:22:44.989 align:center
Lévovos as maletas?

00:22:45.698 --> 00:22:46.908 align:center
Xa estades ó tanto?

00:22:47.700 --> 00:22:49.827 align:center
A súa muller é procuradora federal.

00:22:49.911 --> 00:22:53.498 align:center
- Tee, como dixo? Apre...
- Circunstancias apremantes.

00:22:54.165 --> 00:22:57.126 align:center
Se estamos na zona
facendo manobras e pasa algo,

00:22:57.210 --> 00:22:59.295 align:center
temos a obriga de interceder.

00:22:59.378 --> 00:23:01.172 align:center
Espero que non vos mareedes.

00:23:43.589 --> 00:23:47.093 align:center
PROBAS SECRETAS E PAGOS DE ACCIÓNS:
HARTLEY CONTRA REECE

00:24:21.169 --> 00:24:22.962 align:center
Reece, escóitame.

00:24:23.045 --> 00:24:26.299 align:center
Contei 15 putos gardas de Talos
no exterior.

00:24:26.382 --> 00:24:28.551 align:center
- Infiltrareime contigo.
- Ben.

00:24:29.969 --> 00:24:31.596 align:center
Ti quedas co calibre 50.

00:24:31.679 --> 00:24:33.472 align:center
Queda no barco.

00:24:33.556 --> 00:24:37.185 align:center
Cúbreme dende o faro.
Sigue o plan. Vai funcionar.

00:24:38.436 --> 00:24:40.396 align:center
Temos máis opcións, meu.

00:24:41.397 --> 00:24:44.066 align:center
Dámos a volta, agora mesmo.

00:24:45.109 --> 00:24:46.569 align:center
Volvemos atrás.

00:24:47.904 --> 00:24:51.407 align:center
A reporteira ten o artigo.
Hartley non vai marchar.

00:24:54.827 --> 00:24:56.996 align:center
Buscamos esa praia en Perú, irmán.

00:24:57.622 --> 00:24:59.832 align:center
Abrimos unhas cervexas e...

00:25:00.875 --> 00:25:02.710 align:center
Vemos onde nos leva a marea.

00:25:04.503 --> 00:25:07.256 align:center
E espero que me estoupe a bomba da cabeza?

00:25:10.384 --> 00:25:11.886 align:center
Non vai acabar así.

00:25:19.810 --> 00:25:20.811 align:center
Escoita.

00:25:25.274 --> 00:25:26.859 align:center
Non tes que morrer só.

00:25:29.946 --> 00:25:31.155 align:center
Non estou só.

00:26:27.128 --> 00:26:28.045 align:center
Señora.

00:26:29.088 --> 00:26:30.089 align:center
Marcha?

00:26:30.673 --> 00:26:33.050 align:center
Si, se quero coller o último barco.

00:26:33.134 --> 00:26:35.094 align:center
Sempre pode irse pola mañá.

00:26:35.177 --> 00:26:36.971 align:center
Non quero quedar máis aquí.

00:26:42.935 --> 00:26:47.148 align:center
O LEGADO DE HARTLEY E A SÚA GUERRA
A FAVOR DOS SOLDADOS ESPECIAIS

00:26:49.066 --> 00:26:50.985 align:center
Alégrame que cambiara o artigo.

00:26:52.236 --> 00:26:56.449 align:center
Podo recomendala. 32 anos
de escrutinio público teñen vantaxes.

00:26:57.199 --> 00:26:59.076 align:center
Sería útil. Grazas.

00:26:59.577 --> 00:27:00.953 align:center
Agora chamo un coche.

00:27:01.037 --> 00:27:02.705 align:center
Unha última cousa.

00:27:02.788 --> 00:27:06.375 align:center
Só quero corroborar
que entendín ben a cronoloxía.

00:27:08.377 --> 00:27:10.171 align:center
- O que sexa.
- Grazas.

00:27:19.013 --> 00:27:20.056 align:center
Vale.

00:27:20.514 --> 00:27:24.060 align:center
Vale, segundo a folla de ruta
da Espada de Odín,

00:27:24.143 --> 00:27:27.396 align:center
entrou na sala de guerra
coa misión en marcha?

00:27:28.022 --> 00:27:29.440 align:center
Correcto.

00:27:29.523 --> 00:27:34.612 align:center
Creo que o reloxo indicou
que estivemos alí uns 22 minutos.

00:27:38.824 --> 00:27:40.284 align:center
21:12 exactamente.

00:27:40.368 --> 00:27:43.996 align:center
E canto tempo pasou
antes de que perderan a comunicación?

00:27:44.080 --> 00:27:46.123 align:center
Está na folla, non?

00:27:47.208 --> 00:27:49.543 align:center
9:21 minutos.

00:27:53.255 --> 00:27:58.177 align:center
E nese tempo
non notou nada raro no almirante Pillar?

00:27:59.220 --> 00:28:02.473 align:center
Nada raro nos informes de intelixencia
que tiña diante?

00:28:03.474 --> 00:28:05.601 align:center
Non, nada fóra do común.

00:28:06.435 --> 00:28:10.523 align:center
Non ata que o pelotón Alfa
atopou os explosivos ós 30:33 minutos.

00:28:10.606 --> 00:28:11.899 align:center
Correcto.

00:28:11.982 --> 00:28:16.237 align:center
Moi ben. E lembra cando iniciou
exactamente a reforma do orzamento

00:28:16.320 --> 00:28:18.114 align:center
e a investigación co DCIS?

00:28:18.948 --> 00:28:22.743 align:center
Pedirei eses datos
á miña oficina e ó axente Azad.

00:28:22.827 --> 00:28:25.788 align:center
Foi antes ou despois
da morte de Steve Horn?

00:28:25.871 --> 00:28:27.790 align:center
Perdoe, iso é relevante?

00:28:27.873 --> 00:28:32.169 align:center
Só intento entender
"a cronoloxía exacta dos acontecementos".

00:28:58.154 --> 00:29:02.450 align:center
Verá, o tema é que me contou
dúas historias, señora secretaria.

00:29:03.451 --> 00:29:08.747 align:center
Na primeira, tomou unha decisión.
Cuestionable, pero xustificable,

00:29:09.290 --> 00:29:12.751 align:center
para resolver a crise
de saúde mental do noso exército,

00:29:12.835 --> 00:29:15.421 align:center
pero confiou nas persoas equivocadas.

00:29:16.046 --> 00:29:17.715 align:center
Horn e Pillar,

00:29:17.798 --> 00:29:19.967 align:center
que lle mentiron sobre o experimento

00:29:20.050 --> 00:29:24.096 align:center
e cometeron crimes
para protexer os seus beneficios.

00:29:24.180 --> 00:29:25.473 align:center
Vou ben ata agora?

00:29:26.390 --> 00:29:29.560 align:center
Na outra versión,
deuse conta do que fixeron

00:29:29.643 --> 00:29:33.189 align:center
e tomou medidas para limitar
o acceso ó seu departamento.

00:29:34.273 --> 00:29:38.068 align:center
Iniciou unha investigación criminal
porque quería asegurarse

00:29:38.152 --> 00:29:40.488 align:center
de que todos fosen responsables.

00:29:40.905 --> 00:29:44.074 align:center
Di que son dúas historias,
pero son a mesma.

00:29:44.158 --> 00:29:46.410 align:center
Non. Non poden ser a mesma historia.

00:29:46.494 --> 00:29:50.664 align:center
Na primeira historia,
non sospeitaba nada malo do RD4895

00:29:50.748 --> 00:29:55.336 align:center
ata verme berrándolle a Horn
en San Francisco, pero na segunda,

00:29:55.419 --> 00:29:58.005 align:center
tomou medidas
para castigar a Horn e Pillar.

00:29:58.088 --> 00:30:01.675 align:center
E tomounas, segundo os rexistros,
antes de San Francisco.

00:30:01.759 --> 00:30:03.469 align:center
Ve a contradición?

00:30:04.929 --> 00:30:09.016 align:center
Como pode culpar a ninguén
se non sabía que cometían un crime?

00:30:09.099 --> 00:30:11.519 align:center
E nesa sala aínda non sabía

00:30:11.602 --> 00:30:14.522 align:center
que Reece e o pelotón
morrerían na Espada de Odín.

00:30:20.903 --> 00:30:22.947 align:center
Pillar dixérame...

00:30:23.030 --> 00:30:27.243 align:center
Explicárame que había complicacións
co pelotón Alfa.

00:30:27.326 --> 00:30:29.245 align:center
Entón coñecía a súa enfermidade?

00:30:29.995 --> 00:30:33.457 align:center
Sabía que había
desenvolvementos desfavorables.

00:30:34.250 --> 00:30:37.586 align:center
Migrañas, perda de memoria.
Si, bastante desfavorables.

00:30:37.670 --> 00:30:41.507 align:center
Pero o almirante Pillar aseguroume
que resolverían eses problemas.

00:30:41.590 --> 00:30:43.717 align:center
A que se refería con "resolver"?

00:30:44.260 --> 00:30:46.595 align:center
Asumín que a atención médica.

00:30:47.680 --> 00:30:53.060 align:center
Perdoe. Eludiu a normativa da FDA
para probar medicamentos nos SEAL,

00:30:53.143 --> 00:30:56.772 align:center
e cando enfermaron,
nin sequera preguntou cal era o plan?

00:30:56.855 --> 00:31:00.025 align:center
Nunca imaxinei que Horn e Pillar
farían o que fixeron.

00:31:00.109 --> 00:31:01.819 align:center
Díxome, e cito:

00:31:01.902 --> 00:31:06.782 align:center
"Escoitei como morrían
os homes de Reece nos túneles,

00:31:06.865 --> 00:31:09.368 align:center
sen poder evitalo". Por que non?

00:31:09.451 --> 00:31:10.327 align:center
Comunicación.

00:31:10.411 --> 00:31:12.871 align:center
A comunicación fallou. Pero dixo

00:31:12.955 --> 00:31:16.083 align:center
que tivo 9:21 minutos
de comunicación aberta

00:31:16.166 --> 00:31:18.210 align:center
antes de perdela co pelotón Alfa.

00:31:18.294 --> 00:31:19.378 align:center
Non daba tempo...

00:31:19.461 --> 00:31:21.964 align:center
Canto tempo tarda en dicir "aborten"?

00:31:25.259 --> 00:31:27.761 align:center
A verdade é, señora secretaria,

00:31:28.387 --> 00:31:31.348 align:center
que durante 9:21 minutos

00:31:31.432 --> 00:31:35.769 align:center
sopesou as consecuencias
de admitir que autorizara un experimento

00:31:35.853 --> 00:31:38.647 align:center
que deixou 14 homes con tumores cerebrais.

00:31:39.607 --> 00:31:42.359 align:center
Durante 9:21 minutos

00:31:42.443 --> 00:31:44.820 align:center
comparou as súas necesidades egoístas

00:31:44.903 --> 00:31:48.532 align:center
e o seu legado
co valor das vidas deses homes.

00:31:48.616 --> 00:31:52.036 align:center
Elixiu seguir en silencio
e deixar morrer eses homes!

00:31:52.119 --> 00:31:54.371 align:center
Eses homes non só morreron!

00:31:55.414 --> 00:31:56.957 align:center
Salvaron vidas!

00:32:09.261 --> 00:32:13.349 align:center
O problema no seu artigo
é que actúa coma se os nosos soldados,

00:32:13.432 --> 00:32:17.311 align:center
homes que entenden a natureza
do sacrificio persoal,

00:32:17.895 --> 00:32:19.605 align:center
actúa coma se fosen vítimas.

00:32:20.272 --> 00:32:22.691 align:center
Non tal! Son heroes.

00:32:23.859 --> 00:32:24.985 align:center
Catorce vidas?

00:32:25.611 --> 00:32:28.697 align:center
As miñas políticas
salvan 40 homes e mulleres ó día.

00:32:28.781 --> 00:32:31.700 align:center
E cando saia o RD4896,
que o fará algún día,

00:32:31.784 --> 00:32:34.870 align:center
ese número será maior.
Así que si! Gardei silencio,

00:32:34.953 --> 00:32:37.915 align:center
porque estaba disposta
a facer ese sacrificio.

00:32:37.998 --> 00:32:41.251 align:center
E se lle pedise a James Reece
que dese a vida

00:32:41.335 --> 00:32:43.671 align:center
para salvar os seus homes do trauma,

00:32:44.129 --> 00:32:47.216 align:center
tamén faría ese sacrificio sen pensalo.

00:32:47.591 --> 00:32:50.636 align:center
Pero non llo pediu, verdade?

00:32:53.681 --> 00:32:56.517 align:center
Admite que deixou morrer o pelotón Alfa.

00:33:02.773 --> 00:33:05.901 align:center
Iso é asasinato,
non importa se lle pagaron.

00:33:40.561 --> 00:33:41.854 align:center
Cando digas, irmán.

00:33:44.732 --> 00:33:46.775 align:center
Estou en posición. Dispara.

00:33:48.610 --> 00:33:51.238 align:center
Non publicará ese artigo,
señorita Buranek.

00:33:51.321 --> 00:33:56.452 align:center
Se o fai, o sacrificio deses homes
será en balde.

00:33:57.661 --> 00:33:58.787 align:center
Estou listo.

00:33:58.871 --> 00:34:02.207 align:center
Non a deixarei medrar
á custa das súas mortes.

00:34:03.333 --> 00:34:04.334 align:center
En tres...

00:34:07.671 --> 00:34:08.547 align:center
Dous...

00:34:12.050 --> 00:34:13.010 align:center
Un.

00:34:20.517 --> 00:34:21.518 align:center
Hostia puta!

00:34:23.520 --> 00:34:24.855 align:center
Adiante!

00:34:31.236 --> 00:34:33.238 align:center
Señora, temos que trasladala xa.

00:34:33.322 --> 00:34:34.990 align:center
Vale. Sigan co plan.

00:34:35.699 --> 00:34:36.700 align:center
Acompáñeme.

00:34:38.035 --> 00:34:40.412 align:center
Por aquí. Atento. Con coidado.

00:34:40.496 --> 00:34:41.371 align:center
Recibido.

00:34:41.455 --> 00:34:42.289 align:center
Móvome.

00:34:57.513 --> 00:34:59.431 align:center
Hai fogo pola aleta de estribor!

00:35:00.015 --> 00:35:04.269 align:center
Cando arribemos á costa,
vas con Lowe ata ese maldito faro!

00:35:04.353 --> 00:35:06.730 align:center
- Quero ese francotirador.
- Si, señor!

00:35:26.083 --> 00:35:27.459 align:center
Ben. Balcón.

00:35:27.543 --> 00:35:28.502 align:center
Vou.

00:35:32.214 --> 00:35:33.298 align:center
Despexado.

00:35:58.532 --> 00:36:00.534 align:center
Espalládevos pola praia.

00:36:02.202 --> 00:36:03.036 align:center
Cona!

00:36:03.453 --> 00:36:06.790 align:center
Acaba de chegar o FBI. Aborta xa.

00:36:06.874 --> 00:36:07.958 align:center
Recíbesme?

00:36:10.210 --> 00:36:11.295 align:center
Que carallo?

00:36:11.378 --> 00:36:14.923 align:center
Hai doce descoñecidos armados
achegándose pola costa oeste.

00:36:23.891 --> 00:36:25.267 align:center
Repregamos.

00:36:27.811 --> 00:36:30.564 align:center
FBI! Abaixo!

00:36:34.776 --> 00:36:36.111 align:center
Reece. Veña, colega.

00:36:39.239 --> 00:36:41.074 align:center
Vereite no alén, Ben.

00:36:43.785 --> 00:36:44.786 align:center
Cona!

00:36:49.499 --> 00:36:50.500 align:center
Vale.

00:36:52.961 --> 00:36:56.173 align:center
Somos axentes federais, hostia!
Alto o fogo!

00:36:57.257 --> 00:36:58.258 align:center
Alto o fogo!

00:37:01.720 --> 00:37:02.930 align:center
Non somos inimigos.

00:37:08.977 --> 00:37:12.439 align:center
Esta propiedade é agora
da Unidade de Reféns.

00:37:12.522 --> 00:37:14.483 align:center
Baixe a arma.

00:37:14.566 --> 00:37:15.734 align:center
E a secretaria?

00:37:15.817 --> 00:37:17.611 align:center
Segundo piso, nordeste.

00:37:17.694 --> 00:37:20.113 align:center
Nunha sala segura con escolta.

00:37:20.197 --> 00:37:21.448 align:center
E James Reece?

00:37:29.206 --> 00:37:30.332 align:center
Seguídeme. Adiante.

00:37:44.930 --> 00:37:47.849 align:center
Merda. Caeu un garda! Caeu un!

00:37:55.107 --> 00:37:56.191 align:center
Dentro!

00:38:23.885 --> 00:38:26.221 align:center
- Hai fume na esquina.
- Recibido.

00:38:26.304 --> 00:38:27.514 align:center
Manteñan posicións.

00:38:36.982 --> 00:38:38.525 align:center
Teñen que saír.

00:38:39.568 --> 00:38:41.445 align:center
Chegou o FBI. Hai que resistir.

00:38:41.528 --> 00:38:43.739 align:center
Non esperaremos. Vaian!

00:38:46.742 --> 00:38:48.577 align:center
Si, señora. Está controlado.

00:40:30.137 --> 00:40:31.179 align:center
Ábrea.

00:40:32.305 --> 00:40:33.306 align:center
Ábrea!

00:40:52.367 --> 00:40:53.618 align:center
Reece, para! Para!

00:40:54.578 --> 00:40:55.579 align:center
Aparta.

00:40:55.662 --> 00:40:57.122 align:center
Ela non levou os cartos.

00:40:57.205 --> 00:41:02.085 align:center
A última conta, Oberon Analytics,
é doutra persoa da Axencia.

00:41:02.627 --> 00:41:04.880 align:center
Alguén que organizou a Espada de Odín.

00:41:04.963 --> 00:41:08.466 align:center
Nunca quixen facerlle dano,
capitán, xúrollo.

00:41:09.009 --> 00:41:10.343 align:center
Quería axudarlle.

00:41:11.303 --> 00:41:13.763 align:center
Non importa. Prendeu a mecha.

00:41:14.890 --> 00:41:16.349 align:center
Prendeu a mecha.

00:41:23.815 --> 00:41:24.816 align:center
Reece.

00:41:37.037 --> 00:41:38.121 align:center
Reece!

00:41:42.459 --> 00:41:45.128 align:center
A túa filla debuxouche isto, verdade?

00:41:45.921 --> 00:41:47.380 align:center
Mírao, mira.

00:41:48.089 --> 00:41:50.675 align:center
Cando te miraba, vía isto.

00:41:59.809 --> 00:42:01.186 align:center
Aínda podes ser isto.

00:42:06.316 --> 00:42:07.776 align:center
Déixama a min, é miña.

00:42:07.859 --> 00:42:09.819 align:center
Téñoa, hostia. Téñoa gravada.

00:42:09.903 --> 00:42:13.281 align:center
Todo o mundo saberá
que foi unha puta deshonra.

00:42:13.365 --> 00:42:17.619 align:center
O seu único legado será a vergoña,
pero se a matas, será o asasinato.

00:42:21.081 --> 00:42:23.625 align:center
Estamos no faro. Sen sinais do tirador.

00:42:23.708 --> 00:42:26.378 align:center
Tee, cura os feridos. Mac, Smitty, comigo.

00:42:26.461 --> 00:42:28.255 align:center
- Imos ó interior.
- Recibido.

00:42:28.838 --> 00:42:30.632 align:center
Vai ó leste, eu cubro o oeste.

00:42:39.975 --> 00:42:41.393 align:center
Reece. Non fagas isto.

00:42:46.648 --> 00:42:48.900 align:center
Non. Non está no teu mundo.

00:42:53.947 --> 00:42:55.532 align:center
Está no campo de batalla.

00:43:05.333 --> 00:43:06.251 align:center
Non!

00:43:21.683 --> 00:43:23.476 align:center
Imos á sala segura de Hartley.

00:44:05.685 --> 00:44:06.686 align:center
Reece!

00:44:11.524 --> 00:44:12.901 align:center
Baixe a arma.

00:44:35.715 --> 00:44:36.716 align:center
Reece...

00:44:42.263 --> 00:44:43.264 align:center
Reece!

00:44:45.392 --> 00:44:46.851 align:center
Non me faga dispararlle.

00:44:56.611 --> 00:44:58.113 align:center
Xa estou morto.

00:45:00.698 --> 00:45:03.618 align:center
Tony, temos un problema na sala segura.

00:45:03.701 --> 00:45:06.788 align:center
A reporteira está viva,
pero Hartley suicidouse.

00:45:08.540 --> 00:45:09.707 align:center
Recíbesme?

00:45:13.795 --> 00:45:15.755 align:center
Tony, podes ver a Reece?

00:45:23.054 --> 00:45:24.055 align:center
Negativo.

00:45:52.876 --> 00:45:56.796 align:center
TRES SEMANAS DESPOIS

00:45:56.880 --> 00:46:00.842 align:center
REFORMA RADICAL NO PENTÁGONO
CONGRESO INVESTIGA CONTRATOS MILITARES

00:46:06.014 --> 00:46:07.891 align:center
VERDADE E CONSECUENCIA

00:46:07.974 --> 00:46:09.434 align:center
Pentágono traizoa Reece.

00:46:09.517 --> 00:46:12.687 align:center
O que pasou logo fixo tremer o país.

00:46:15.148 --> 00:46:19.194 align:center
Oberon Analytics

00:46:24.449 --> 00:46:28.411 align:center
Mensaxe de Reece

00:46:28.495 --> 00:46:34.501 align:center
TIÑAS RAZÓN. O TEU ARTIGO FIXO BEN.

00:46:36.961 --> 00:46:40.507 align:center
E A PREGUNTA FINAL?

00:46:45.803 --> 00:46:51.809 align:center
OBERON ANALYTICS OPERA
MEDIANTE UN BANCO DE PERÚ

00:47:01.653 --> 00:47:05.698 align:center
GRAZAS. AGORA DEIXA DE BUSCARME.

00:47:08.076 --> 00:47:11.788 align:center
ISO NON VAI PASAR NUNCA

00:47:18.920 --> 00:47:21.881 align:center
SEGUE A BUSCA DE REECE
CAPITÁN PODE TER FALECIDO

00:47:37.522 --> 00:47:43.528 align:center
MÁNCORA, PERÚ

00:49:00.021 --> 00:49:01.939 align:center
Esperaba verte de novo.

00:49:03.608 --> 00:49:04.942 align:center
Oberon Analytics.

00:49:07.695 --> 00:49:10.198 align:center
Non incluíches esa empresa na lista.

00:49:14.202 --> 00:49:15.620 align:center
Pillar intentou dicirmo.

00:49:17.538 --> 00:49:21.042 align:center
Dixo que tiña un nome que ofrecer.
Asumín que era Hartley.

00:49:24.879 --> 00:49:27.632 align:center
Fuches ti, Ben.

00:49:29.217 --> 00:49:31.177 align:center
Fuches ti, hostia.

00:49:33.513 --> 00:49:34.931 align:center
Coñecías a miña fonte.

00:49:37.725 --> 00:49:40.353 align:center
Pasaches mala información
ás Forzas Sirias.

00:49:40.436 --> 00:49:43.690 align:center
Tiñas a posición perfecta
para montar a Espada de Odín.

00:49:48.152 --> 00:49:49.779 align:center
Quero que mo digas ti.

00:49:53.533 --> 00:49:54.701 align:center
O almirante xurou

00:49:56.786 --> 00:49:58.162 align:center
que xa estabas morto.

00:49:59.706 --> 00:50:01.666 align:center
Dixo que todos tiñades tumores.

00:50:03.126 --> 00:50:07.088 align:center
E pensei que era mellor morrerdes
coas putas botas postas,

00:50:09.382 --> 00:50:12.176 align:center
que nunha cama de hospital.

00:50:19.142 --> 00:50:21.602 align:center
Fixéchelo por nós ou polos 20 millóns?

00:50:25.148 --> 00:50:26.232 align:center
Talvez as dúas...

00:50:30.403 --> 00:50:31.612 align:center
Ó principio.

00:50:33.239 --> 00:50:36.367 align:center
Non gastei un puto can. Non podo.

00:50:39.203 --> 00:50:40.580 align:center
Pero tes que saber...

00:50:43.541 --> 00:50:45.334 align:center
Necesito que saibas...

00:50:47.545 --> 00:50:49.839 align:center
que xa non se pode cambiar.

00:50:58.097 --> 00:50:59.724 align:center
Lauren e Luce...

00:51:04.979 --> 00:51:06.689 align:center
Non tiven nada que ver.

00:51:10.526 --> 00:51:11.819 align:center
Cando o souben,

00:51:12.528 --> 00:51:15.490 align:center
quixen queimar
o puto mundo enteiro, irmán.

00:51:20.161 --> 00:51:24.040 align:center
Estiven contigo a cada paso,

00:51:27.001 --> 00:51:30.713 align:center
sacando do medio
a tódolos fillos de puta que as levaron.

00:51:31.631 --> 00:51:33.090 align:center
Esa é a verdade.

00:51:36.093 --> 00:51:37.428 align:center
É a verdade.

00:51:41.516 --> 00:51:42.517 align:center
Seino.

00:51:44.477 --> 00:51:45.686 align:center
Síntoo.

00:51:48.981 --> 00:51:49.982 align:center
Seino, Ben.

00:51:53.861 --> 00:51:54.695 align:center
Eu...

00:51:57.114 --> 00:51:58.491 align:center
Teño nova tatuaxe.

00:52:02.537 --> 00:52:06.582 align:center
Non sabía se era por ti ou por min.

00:52:12.463 --> 00:52:13.548 align:center
Agora xa o sei.

00:52:16.467 --> 00:52:17.510 align:center
Xa o sei.

00:52:26.227 --> 00:52:27.186 align:center
Non pasa nada.

00:52:33.192 --> 00:52:34.610 align:center
Rematamos a lista.

00:53:22.867 --> 00:53:24.577 align:center
Vaise poñer ben, papá?

00:53:34.795 --> 00:53:36.547 align:center
Non tes por que mentirlle.

00:53:41.093 --> 00:53:43.763 align:center
Vouche dicir algo, cousiña, creo que non.

00:53:44.305 --> 00:53:45.348 align:center
Está morta.

00:53:45.806 --> 00:53:47.475 align:center
Si, meu ben.

00:53:49.352 --> 00:53:50.353 align:center
Papá,

00:53:52.188 --> 00:53:54.357 align:center
que pasa se non volves á casa?

00:53:57.109 --> 00:53:59.236 align:center
Ruliña, sempre vou volver á casa.

00:54:03.866 --> 00:54:05.201 align:center
E se non?

00:54:13.584 --> 00:54:14.627 align:center
Ven aquí.

00:54:31.644 --> 00:54:34.021 align:center
Se algún día non regreso á casa,

00:54:34.438 --> 00:54:36.774 align:center
tes que saber que...

00:54:38.901 --> 00:54:41.696 align:center
teu pai morreu facendo algo importante,

00:54:42.947 --> 00:54:46.534 align:center
e que estaba rodeado de homes bos,

00:54:47.660 --> 00:54:48.536 align:center
que quería.

00:54:50.162 --> 00:54:51.789 align:center
Como a mamá e a min?

00:54:55.876 --> 00:54:57.336 align:center
Non, ruliña.

00:54:57.420 --> 00:55:00.339 align:center
Nunca podería querer a ninguén
como te quero a ti

00:55:00.423 --> 00:55:02.258 align:center
ou como quero a mamá.

00:55:07.596 --> 00:55:09.432 align:center
Mamá vai seguir aquí.

00:55:09.515 --> 00:55:12.810 align:center
Vaite coidar coma sempre
cando estou nunha misión.

00:55:12.893 --> 00:55:15.688 align:center
Seguirás indo a fútbol os domingos

00:55:16.188 --> 00:55:18.232 align:center
e montando a cabalo...

00:55:18.315 --> 00:55:20.317 align:center
E bailando no patio.

00:55:20.401 --> 00:55:21.944 align:center
Bailando no patio, si.

00:55:29.660 --> 00:55:33.581 align:center
E algún día faraste maior.

00:55:35.583 --> 00:55:37.543 align:center
E coidarás da túa nai.

00:55:38.294 --> 00:55:41.964 align:center
E aínda que non estea aquí para velo,

00:55:43.340 --> 00:55:48.262 align:center
non quere dicir
que non vaia estar observándote, sempre.

00:55:49.388 --> 00:55:52.475 align:center
Só que... dende outro sitio.

00:55:54.602 --> 00:55:55.728 align:center
Dende onde?

00:56:00.775 --> 00:56:04.070 align:center
Dende aquí, ruliña. Dende aquí.

00:56:07.782 --> 00:56:08.783 align:center
Ven aquí.

00:56:26.383 --> 00:56:32.389 align:center
A miña familia

00:59:20.557 --> 00:59:22.559 align:center
Subtítulos: Abraham Díaz López

