WEBVTT

00:53.262 --> 00:55.473
A LISTA TERMINAL

02:41.537 --> 02:42.413
Si, aí.

02:42.496 --> 02:46.041
No meu primeiro piso
ceabamos e bebiamos cervexa no chan.

02:50.629 --> 02:51.881
Deus!

02:51.964 --> 02:53.507
Benvida, señora Reece.

02:56.051 --> 02:58.053
- Carafio.
- Pódelo crer? Carafio.

02:59.680 --> 03:01.974
- Podo crelo, si.
- É de tolos.

03:02.057 --> 03:06.562
É dicir, firmar unha hipoteca a 30 anos
fai que o crea bastante.

03:06.645 --> 03:09.732
30 anos. Aquí? Toleamos?

03:09.815 --> 03:12.109
Non sei. Aínda o preguntas?

03:13.068 --> 03:15.613
A verdade é que é fea.

03:20.659 --> 03:23.329
- Temos que quitar o papel pintado.
- Si.

03:23.412 --> 03:25.873
- E a moqueta.
- Xusto. Imaxínao.

03:27.917 --> 03:30.544
- Aquí a caixa forte da pistola.
- Vaia!

03:30.628 --> 03:34.006
Decorareino cun banco de traballo,
bandeira de Afganistán...

03:34.548 --> 03:36.800
Non, isto será o meu despacho.

03:36.884 --> 03:38.052
Como?

03:38.135 --> 03:40.638
Este é o meu despacho. Queda ti co garaxe.

03:41.513 --> 03:44.099
Non. Nin de broma, imposible.

03:44.183 --> 03:46.852
- Xa o veremos.
- Queres ver os cuartos?

03:46.936 --> 03:51.398
Si, pero viñemos traballar.
Non te fagas ideas raras.

03:51.482 --> 03:53.025
Iso xa o veremos tamén.

04:09.124 --> 04:13.337
15 HORAS ANTES

04:17.424 --> 04:20.386
Fillos de puta, tedes o que hai que ter?

04:20.469 --> 04:23.013
- A contar!
- Saíde da miña puta praia.

04:24.390 --> 04:25.307
Arriba!

04:27.893 --> 04:30.604
Tocade a campá, nenas.
Esa é a vosa salvación.

04:31.313 --> 04:32.398
Ide tocala.

04:32.982 --> 04:35.109
Só doe a primeira vez, señoritas.

04:35.192 --> 04:37.653
- Tedes o que hai que ter?
- Temos!

04:37.736 --> 04:40.364
- Non o parece.
- Tres!

04:40.447 --> 04:43.242
Non quero brandos!
Se non podedes cun tronco,

04:43.325 --> 04:44.827
non podedes co inimigo.

04:48.497 --> 04:52.251
Adiante, señoritas!
Aquí non abandona ninguén.

04:55.796 --> 04:58.048
O xuíz xeneral, capitán Howard.

05:06.098 --> 05:07.349
Todo en orde?

05:08.142 --> 05:10.310
En canto á Espada de Odín,

05:10.394 --> 05:12.730
deberiamos poder negalo.

05:13.439 --> 05:15.232
Como que "deberiamos"?

05:15.315 --> 05:16.817
Ás veces hai traxedias.

05:16.900 --> 05:20.487
A operación era información dos SEAL.
Non somos responsables.

05:22.614 --> 05:24.199
E o experimento?

05:26.035 --> 05:29.955
Cabe destacar
que non se probou nada a nivel xudicial.

05:30.456 --> 05:33.250
As leis de Defensa son claras.
Se imos a xuízo...

05:33.333 --> 05:34.585
Cúbrennos ou non?

05:39.423 --> 05:40.507
Ordes son ordes.

05:41.258 --> 05:43.469
Dubido que James Reece o vexa así.

05:47.097 --> 05:51.727
Creo que é hora de considerar
en serio continxencias.

05:54.146 --> 05:55.731
Que tipo de continxencias?

05:56.315 --> 05:57.775
Retirada táctica.

05:58.442 --> 06:00.736
Busquei varios países sen extradición.

06:00.819 --> 06:02.654
- Unha merda.
- Morreron todos.

06:03.572 --> 06:04.948
Teño familia.

06:05.032 --> 06:07.826
Non vou marchar a Camerún
polo puto James Reece.

06:07.910 --> 06:09.787
Cale un momento.

06:13.123 --> 06:14.333
Somos Comando Naval,

06:15.000 --> 06:17.044
non uns paspáns de Wall Street.

06:18.629 --> 06:22.800
Mentres teñamos cobertura legal,
temos unha posición que defender.

06:23.884 --> 06:27.262
E se a deshonra de Reece
quere aparecer por aquí,

06:27.930 --> 06:31.058
hai 5000 mariños que terán algo que dicir.

06:35.979 --> 06:36.980
Véxoos.

06:38.941 --> 06:41.485
Reúnense cada día
dende que mataches a Horn.

06:44.154 --> 06:48.659
Cox e Howard alóxanse en pisos,
aí temos moitas oportunidades.

06:49.535 --> 06:51.954
Pillar, porén, non sae da base.

06:52.579 --> 06:55.874
E asumo que non queres
enfrontarte a toda a base naval.

07:19.231 --> 07:22.192
Imos polos dous primeiros
e agardamos por Pillar.

07:23.652 --> 07:25.279
Disparámoslle cun fusil.

07:26.113 --> 07:27.197
Dende o barco?

07:29.199 --> 07:31.160
Sería lanzar unha moeda ó aire.

07:33.245 --> 07:34.663
E non podemos fallar.

07:39.960 --> 07:41.128
Lembras Mosul?

07:42.546 --> 07:43.755
Si, por que?

07:45.924 --> 07:47.551
Sayidati al Jamila?

07:50.762 --> 07:52.139
Howard ten familia.

07:55.225 --> 07:56.226
Moi atrevido.

08:23.754 --> 08:25.756
CALIFORNIA ESIXE RESPOSTA FEDERAL

08:25.881 --> 08:28.383
SOLDADOS REBELDES: TERROR INTERNO

08:32.471 --> 08:34.556
O demais pregúntenllo ó FBI.

08:39.686 --> 08:42.898
James Reece non matou a Mike Tedesco,
foi vostede.

08:42.981 --> 08:46.568
Talos ofrece seguridade.
Non son matóns, señorita Buranek.

08:47.152 --> 08:48.987
Pensa que non a coñezo?

08:49.071 --> 08:51.865
Sei que probou o RD4895 en SEAL da Armada.

08:51.949 --> 08:55.452
E sei que as probas causaron tumores,
polo que os asasinou.

08:55.535 --> 08:59.122
Está no meu artigo. Se me elimina,
todos saberán a verdade.

08:59.206 --> 09:01.583
O seu trato vai ir tomar polo cu.

09:07.464 --> 09:09.508
Hoxe é fácil erguerse con medo.

09:10.801 --> 09:15.597
Non se pode ignorar a violencia
que vimos esta semana na televisión,

09:16.390 --> 09:22.271
pero a administración actuou rápido
para clasificar a James Sullivan Reece

09:22.854 --> 09:24.773
como terrorista interno.

09:32.114 --> 09:35.993
Pasemos ás preguntas,
porque seguro que teñen moitas.

09:36.618 --> 09:37.577
Última fila. Si.

09:37.661 --> 09:41.748
Señora secretaria, coñece o capitán Reece
persoalmente, non si?

09:42.457 --> 09:44.793
Coincidimos varias veces, é certo.

09:44.876 --> 09:47.629
Viu algo sospeitoso nel?

09:50.215 --> 09:52.050
Ó alistarse nas forzas armadas,

09:52.134 --> 09:56.430
un xura defender a constitución
contra ameazas: estranxeiras e internas.

09:56.513 --> 10:00.392
Sospeito que o capitán Reece
cre que cumpre ese xuramento.

10:01.018 --> 10:02.269
Contra que, señora?

10:05.605 --> 10:08.567
James Reece cre que está nunha misión,

10:08.650 --> 10:10.694
e non parará ata cumprila.

10:10.777 --> 10:15.407
O mellor para atrapalo
será adiantarnos ó seu próximo obxectivo.

10:15.532 --> 10:17.284
É dicir, antes de nada,

10:17.367 --> 10:21.371
debemos localizar a calquera
relacionado con Horn e Capstone.

10:21.455 --> 10:24.249
O obxectivo é capturar, pero a prioridade

10:24.333 --> 10:26.918
é evitar que se perdan máis vidas.

10:27.002 --> 10:30.964
Se as dúas son incompatibles,
xa saben o que toca.

10:33.008 --> 10:34.384
- Queda claro?
- Si.

10:35.844 --> 10:37.512
Hai que atopar ese home.

11:02.788 --> 11:04.748
Sabe onde está James Reece?

11:10.420 --> 11:13.298
Vou ser clara. Necesito información.

11:13.382 --> 11:14.424
Xa empezamos.

11:14.508 --> 11:18.136
Teño 5000 palabras sobre Reece,
e case teño o artigo...

11:18.220 --> 11:20.305
Está na puta corda bamba, señorita.

11:20.389 --> 11:21.890
Necesítoos para o artigo.

11:22.432 --> 11:24.226
E necesítanme para atopalo.

11:28.313 --> 11:31.149
Dígame que ten. Verei que podo facer.

11:32.192 --> 11:33.735
É o mellor que lle ofrezo.

11:35.737 --> 11:38.198
Teñen acceso ós ordenadores de Horn.

11:38.281 --> 11:40.450
Busquen algo chamado "táboa cap".

11:40.534 --> 11:43.412
Son os que sacaron tallada
da venda de Nubellum.

11:43.495 --> 11:45.497
A maioria das contas son legais,

11:45.580 --> 11:50.210
pero algunhas son pagos
para probar ilegalmente un medicamento

11:50.293 --> 11:53.839
chamado RD4895 en soldados SEAL da Armada.

11:53.922 --> 11:56.216
E isto contoullo Reece?

11:56.299 --> 11:59.094
Porque pasou tres días delirando no monte.

11:59.177 --> 12:01.930
Iso foi antes de sacar
a súa amiga do alude?

12:02.013 --> 12:04.474
Meteume el no puto alude, lista.

12:04.558 --> 12:06.768
A ver, non vin aquí defender a Reece.

12:07.352 --> 12:09.146
Sei que hai que paralo,

12:10.230 --> 12:12.941
pero tamén hai outros responsables.

12:27.164 --> 12:30.375
Dep, fai que analicen a fondo
o ordenador de Horn.

12:30.459 --> 12:31.460
En serio?

12:33.253 --> 12:34.254
Si, señor.

12:38.800 --> 12:41.428
Vou traballar na biblioteca
ó final da rúa...

12:41.511 --> 12:45.056
A última vez que a deixei marchar,
fuxiu a San Francisco.

12:46.391 --> 12:48.727
Junior, que non saia da sala.

12:54.649 --> 12:56.818
Perdoe, pedinlle que esperara.

13:03.617 --> 13:05.785
Descansa, Gerald. É o teu despacho.

13:07.037 --> 13:09.206
Señora, sabía que estaba por aquí,

13:09.706 --> 13:11.958
pero non esperaba a súa visita.

13:12.709 --> 13:14.336
Non foi premeditada.

13:18.215 --> 13:19.424
E quen é el?

13:19.508 --> 13:21.426
O axente Azad do DCIS.

13:23.595 --> 13:26.932
Quero seguir o protocolo nesta conversa.

13:31.102 --> 13:34.898
Saquei o informe de obxectivos
da operación Espada de Odín.

13:35.732 --> 13:39.653
Quería ver a información
que fixo que morrera todo un pelotón.

13:40.654 --> 13:42.864
Coñezo o informe de intelixencia.

13:44.574 --> 13:47.285
Entón saberá que é bastante frouxo.

13:48.245 --> 13:52.040
Unha grande operación baseada
nun aviso dun traficante de armas?

13:52.832 --> 13:53.875
Máis nada?

13:54.876 --> 13:56.461
Analizárono tan sequera?

13:57.587 --> 14:00.966
Tiña unha orde permantente do Pentágono

14:02.634 --> 14:05.845
de ir por Kahani
se recibiamos información viable.

14:06.888 --> 14:09.140
O oficial que pasou o informe...

14:10.559 --> 14:11.393
Quen era?

14:14.521 --> 14:16.565
Iso debería preguntalo en Langley.

14:20.902 --> 14:21.987
Grazas, Gerald.

14:23.446 --> 14:24.281
Xa está?

14:24.990 --> 14:25.824
Por agora si.

14:30.287 --> 14:33.498
Un pracer coñecelo, almirante.
Estaremos en contacto.

14:40.171 --> 14:42.132
Pásame o capitán Howard. Xa.

14:59.190 --> 15:03.528
CHAMADA ENTRANTE WARCOM

15:06.573 --> 15:09.743
Mamá, o entrenador dixo
que podemos ir ás estatais,

15:09.826 --> 15:12.412
pero temos que pagar a viaxe. Coma todos.

15:12.495 --> 15:15.832
Non é xusto.
A escola non debería poñernos un bus?

15:15.915 --> 15:17.917
- Que tal, papá?
- Chegas cedo.

15:18.001 --> 15:20.420
Ola.

15:23.423 --> 15:25.383
Escoitade, nós...

15:27.052 --> 15:28.845
- Imos ós Caios.
- Que?

15:28.928 --> 15:30.096
Si, esta noite.

15:30.180 --> 15:32.015
- Como?
- Teño os billetes.

15:33.224 --> 15:34.559
Só faltan as maletas.

15:35.602 --> 15:37.228
Non podo. Teño fútbol.

15:37.312 --> 15:39.606
Non hai fútbol. Prepara as cousas.

15:40.106 --> 15:41.066
Pasou algo?

15:41.149 --> 15:41.983
Non.

15:43.610 --> 15:47.405
Non, pensade que son unhas vacacións
ata que todo se calme.

15:48.114 --> 15:50.283
- Que se calme o que?
- Escoitade,

15:50.367 --> 15:51.785
vai ser divertido, vale?

15:51.868 --> 15:54.871
- Pois divertido non parece.
- Escoitádeme!

15:57.499 --> 16:01.127
Tedes que facer as maletas, vale?

16:01.670 --> 16:04.881
- Veña. Vamos!
- Non entendo, odias os Caios.

16:26.486 --> 16:30.031
Hai que moverse.
Howard pillou billetes para Caio Hueso.

16:33.493 --> 16:35.078
- Cando?
- Esta noite.

16:35.829 --> 16:36.913
O coelliño escapa.

16:38.581 --> 16:39.582
Estaremos listos.

16:53.138 --> 16:55.598
Escoita, irmán. Estiven pensando e...

16:57.642 --> 16:58.977
Saia como saia isto,

17:00.395 --> 17:03.690
os federais seguirán escaravellando.

17:05.817 --> 17:09.237
Ata coa tapadeira da axencia,
atoparán algo sobre ti.

17:10.196 --> 17:11.114
Tes algún plan?

17:12.198 --> 17:13.032
Si.

17:18.246 --> 17:19.748
Coñeces Máncora?

17:21.374 --> 17:23.626
Unha vila surfeira na costa de Perú.

17:25.086 --> 17:27.088
Hai unhas ondas da hostia.

17:28.757 --> 17:32.677
Fontes termais, baños de barro,
ayahuasca e algunha australiana.

17:34.387 --> 17:35.930
Bo sitio para retirarse.

17:39.559 --> 17:40.560
Perdoa.

17:41.227 --> 17:42.270
Por?

17:44.272 --> 17:46.232
Por meterte nisto.

17:47.317 --> 17:49.694
Metéronme eles, irmán.

17:51.654 --> 17:54.157
Non ti. Lémbrao.

17:55.158 --> 17:56.159
Xa.

18:29.692 --> 18:31.319
Seguro que queres facelo?

18:58.221 --> 18:59.681
- Axente Layun.
- Espere.

19:01.891 --> 19:03.393
Buscamos nos ordenadores.

19:03.476 --> 19:08.064
Atopamos varias mencións de Pillar
ó medicamento RD4895

19:08.147 --> 19:10.149
e análises do pelotón de Reece.

19:11.067 --> 19:13.278
Pillar sabía que tiñan tumores.

19:13.361 --> 19:16.948
Non só iso, señor.
Pagáronlle polo seu rol no experimento.

19:17.031 --> 19:18.700
FinCEN analizou as táboas.

19:18.783 --> 19:21.411
Global Systems Plus, ese é Gerald Pillar.

19:21.494 --> 19:24.122
SXA Consulting, ese é Leonard Howard.

19:24.914 --> 19:26.958
Ese de aí é Bill Cox.

19:27.041 --> 19:30.712
Tamén hai outras empresas
ligadas a Saul Agnon e Marcus Boykin.

19:30.795 --> 19:33.423
E unha máis, Oberon Analytics.

19:33.506 --> 19:35.425
- Quen é?
- Nin idea.

19:36.175 --> 19:38.761
Talvez nolo diga o comando de WARCOM.

19:39.387 --> 19:40.930
Hai que pasarllo ó NCIS.

19:41.014 --> 19:43.975
O axente Holder do NCIS
traballaba para Horn.

19:44.058 --> 19:47.103
Temos que ir directamente ó noso contacto.

19:47.186 --> 19:49.898
Son oficiais de alto rango.
Hai uns procesos.

19:49.981 --> 19:51.733
James Reece está aquí.

19:52.483 --> 19:55.528
Agora mesmo está en Coronado
e temos a súa lista.

20:00.909 --> 20:02.035
Iso foi un si?

20:03.578 --> 20:06.497
Dep, vai á casa de Reece.
Se ves algo, avísame.

20:06.581 --> 20:08.416
- Que foi?
- Junior, con Howard.

20:08.499 --> 20:12.295
Búscalle unha canguro a Buranek.
Mac, con Cox. Colabora coa poli.

20:12.378 --> 20:14.088
Axente, esa pista deilla eu.

20:14.172 --> 20:17.634
Sente aí! Con sorte,
descubrirá como remata o seu artigo.

20:23.222 --> 20:25.183
Non me vas dicir que fixeches?

20:25.266 --> 20:27.477
Non fixen nada, directamente.

20:27.560 --> 20:29.020
Entón por que escapas?

20:30.146 --> 20:33.107
O almirante viuse metido en algo. Algo...

20:33.775 --> 20:37.278
Algo malo. Pediume que o cubrise e eu...

20:39.280 --> 20:43.534
Nese momento sentinme mal.
Gerald foi bo comigo, con nós.

20:44.786 --> 20:47.413
Apoiounos, recomendoume nos ascensos...

20:47.497 --> 20:48.665
Estás moi exposto?

20:48.748 --> 20:52.627
Non é iso, Anne.
Vai valer a pena, pero non aquí.

20:53.211 --> 20:54.796
- E nos Caios si?
- Papá!

20:54.879 --> 20:57.006
Dille ó taxista que xa vou!

20:59.509 --> 21:00.885
Por favor, Anne...

21:00.969 --> 21:03.221
Papá, non é o taxi. É o FBI.

21:08.101 --> 21:11.145
Non pasa nada, xa me encargo.

21:11.229 --> 21:13.106
Perdoen, xa vou!

21:17.735 --> 21:21.447
Só estaba ordenando unhas cousas.
Pódolle axudar, axente?

21:25.243 --> 21:26.995
Vai a algún sitio, capitán?

21:41.759 --> 21:45.680
Escolta militar en Coronado
para 400 metros por vías de servizo?

21:45.763 --> 21:49.934
Co debido respecto, señor,
en canto entrou na base, saíu de Coronado.

22:09.954 --> 22:11.706
Que día tan marabilloso.

22:11.789 --> 22:13.458
Escapou un SEAL trastornado

22:13.541 --> 22:17.795
e o FBI vén chamar á unica porta
trala que sabemos que non está.

22:17.879 --> 22:19.839
Somos federais cunha orde...

22:19.922 --> 22:21.382
Sáqueme iso de diante.

22:21.466 --> 22:25.928
Pensa que me importa unha merda
que un pailán estampara o papel ese?

22:26.012 --> 22:29.057
Ninguén entra no meu edificio
se eu non lle deixo.

22:32.477 --> 22:35.897
Pero non teño problema, axente.
Non teño nada que agochar.

22:38.191 --> 22:41.319
Que pasen.
Son axentes federais, á fin e ó cabo.

22:42.737 --> 22:43.905
Veña, pasen.

22:50.078 --> 22:51.621
Colla o que precise,

22:52.830 --> 22:54.207
pero sei a que veu.

22:54.791 --> 22:58.669
Creo que isto resolverá
calquera dúbida que teña.

23:00.880 --> 23:05.009
E cando se decate
de que pisou a merda que non debía,

23:05.718 --> 23:09.055
dígalle á pendanga que o enviou
que vaia tomar polo cu.

23:19.357 --> 23:20.441
Como estamos, Mac?

23:20.942 --> 23:22.276
Os Howard non están.

23:22.360 --> 23:25.905
Maletas feitas, billetes a Miami,
pero perderon o avión.

23:25.988 --> 23:29.075
Cox desapareceu.
Buscámolo tan axiña como podemos.

23:46.592 --> 23:48.636
Vai todo ben, Bill?

24:01.399 --> 24:03.359
JAMES REECE SEGUE FUGADO

24:07.780 --> 24:11.742
Non foi culpa túa.
Ninguén esperaba algo así.

24:24.130 --> 24:25.089
Queda coa volta.

24:55.661 --> 24:57.455
Como vai ser isto, entón?

26:23.291 --> 26:25.001
Acórdase da Vella Dor?

26:25.084 --> 26:26.043
Si.

26:26.127 --> 26:29.839
Atopei unha igualiña,
180 quilos que din: "Fódete".

26:29.922 --> 26:35.177
Cargabamos con ela por Gator Beach.
Eramos uns brandos, uns cabróns, lembra?

26:36.095 --> 26:38.264
- Teño o puto brazo roto.
- Si?

26:39.682 --> 26:41.058
Debe doer de carallo.

26:42.977 --> 26:44.478
Que quere, Reece?

26:46.439 --> 26:47.815
Quen máis o sabía?

26:56.991 --> 26:58.576
Pillar aprobouno.

27:00.077 --> 27:03.539
Howard asegurouse dos detalles
para que todo saíse adiante.

27:03.622 --> 27:05.750
E os de loxística? Os médicos?

27:06.876 --> 27:09.211
Eses tipos só seguían ordes.

27:10.421 --> 27:13.049
Pensaban que lles vacinaban vitamina B12.

27:13.674 --> 27:16.677
Nós eramos os únicos
que coñeciamos o experimento.

27:19.972 --> 27:23.392
Sabe que nos dan cando nos retiramos?

27:25.227 --> 27:26.729
Dás toda a túa vida

27:28.314 --> 27:30.441
e gañas unha pensión e un remo.

27:31.567 --> 27:33.819
"Grazas polo seu puto servizo".

27:39.325 --> 27:41.285
Era parte da irmandade.

27:41.827 --> 27:43.579
Iso era o que gañaba.

27:45.539 --> 27:47.666
Enviou os seus irmáns morrer

27:48.417 --> 27:53.130
nuns túneles cheos de merda
no puto estranxeiro.

27:55.591 --> 27:58.427
Que pasa? Non pode vostede só?

28:02.640 --> 28:03.641
Ei.

28:04.642 --> 28:07.520
No adestramento
nunca cargabamos sós co peso.

28:07.603 --> 28:10.606
Sempre tiñamos compañeiros
á esquerda e á dereita.

28:11.899 --> 28:14.402
Cando necesitas o teu equipo, chámalo.

28:16.612 --> 28:18.114
Onde está o teu, Bill?

28:25.329 --> 28:26.622
O peso é todo teu.

29:36.609 --> 29:39.028
Deus santo, Reece. Que fixo?

29:39.862 --> 29:41.739
- Capitán Howard.
- Por favor.

29:43.824 --> 29:45.409
Quere facerme ese favor?

29:45.493 --> 29:48.037
Por favor. Eu só movía documentos, Reece.

29:50.122 --> 29:53.000
Coñéceme. James, coñéceme, eu...

29:53.876 --> 29:57.129
Só son un burócrata. Por favor, Reece.

29:58.672 --> 29:59.673
James.

30:00.508 --> 30:01.550
Teño familia.

30:02.676 --> 30:03.719
Eu tiña familia.

30:05.221 --> 30:06.472
Ramirez tiña familia.

30:07.348 --> 30:09.558
- Cortese tiña familia.
- Non.

30:09.642 --> 30:14.897
Donny Mitchell nunca verá o seu bebé
polo que lle fixo o seu marido ó pelotón.

30:14.980 --> 30:17.900
É algo tarde para virme con esas, capitán.

30:17.983 --> 30:21.904
Agora, vai facer o que lle pedín?

30:24.198 --> 30:25.783
Non podo, Reece. Eu...

30:29.745 --> 30:30.579
Vale.

30:31.163 --> 30:32.748
- Síntoo.
- Enténdoo.

30:33.958 --> 30:34.959
Grazas.

30:35.668 --> 30:39.213
Axudou á morte da miña filla,
agora axudarei á do seu fillo.

30:39.296 --> 30:40.923
Deus, Non, Reece!

30:41.006 --> 30:42.633
- Que fai?
- Non o faga!

30:42.716 --> 30:45.344
- Agárrao! Non, Reece!
- Non!

30:45.427 --> 30:47.596
- Pare, hostia!
- Non!

30:48.264 --> 30:49.265
Por favor.

30:53.227 --> 30:55.104
Por favor, pare.

30:55.646 --> 30:56.814
- Reece.
- Érgase.

30:57.314 --> 30:58.983
Veña, érgase.

30:59.066 --> 31:01.485
Escóiteme, por favor. Vale?

31:02.778 --> 31:04.321
Ten unha oportunidade.

31:04.405 --> 31:06.824
Agora mesmo, doulle unha oportunidade.

31:06.907 --> 31:08.909
Faga unha cousa boa na vida.

31:10.035 --> 31:14.164
Salve a súa muller e fillo de afogar
no Pacífico. Pode facelo, vale?

31:14.248 --> 31:15.249
Vale.

31:15.332 --> 31:16.584
Pode facelo.

31:22.798 --> 31:23.882
Vaino facer?

31:28.554 --> 31:31.098
Si, fareino.

31:31.181 --> 31:32.391
É un bo home.

31:33.183 --> 31:34.226
Deus, axúdame.

31:39.273 --> 31:40.608
Axeita a Howard.

31:42.568 --> 31:44.528
Non os soltes ata que o faga.

31:45.946 --> 31:48.073
Espera, onde carallo vas?

31:49.074 --> 31:50.075
Á casa.

31:51.243 --> 31:52.745
Como que á casa?

31:54.830 --> 31:55.998
Teño que velas.

32:36.664 --> 32:38.082
Que queres, Reece?

32:43.462 --> 32:47.216
Nunca quixen facerche dano.
Nunca foi a miña intención.

32:49.426 --> 32:53.055
Dáme a impresión
de que non fas nada sen querer.

32:54.932 --> 32:58.060
Algúns aspectos da guerra
non son agradables.

32:58.727 --> 33:02.690
Pero non estás na guerra.
Estás na casa. É diferente.

33:04.024 --> 33:05.025
Xa non.

33:39.309 --> 33:42.521
Grazas, tenente,
avisámolo se descubrimos algo.

33:43.313 --> 33:47.276
A policía coordinouse co estado
para mandar máis unidades á illa.

33:48.110 --> 33:49.528
Ten algo do almirante?

33:49.611 --> 33:54.158
Informes de entrega, resultados de probas,
todo normal. Ata fixo copias.

33:55.033 --> 33:59.705
Por que ía dar Pillar probas
de ensaios secretos cos SEAL?

34:02.833 --> 34:04.084
Que carallo é isto?

34:10.257 --> 34:11.717
Onde podemos falar?

34:13.177 --> 34:14.887
Tony. Falamos un segundo?

34:16.472 --> 34:18.432
- Sente.
- Non fai falla.

34:19.391 --> 34:21.727
Quen é vostede e como me vai foder?

34:22.770 --> 34:24.188
Bijan Azad, DCIS.

34:26.899 --> 34:28.025
Déannos un segundo.

34:33.447 --> 34:34.990
Ímolo mandar á neveira.

34:35.657 --> 34:36.575
Desculpe?

34:36.658 --> 34:39.203
O seu equipo volverá
ós seus departamentos.

34:39.286 --> 34:43.415
O FBI investiga infraccións no Pentágono,
non ó revés.

34:43.499 --> 34:44.541
Correcto.

34:44.625 --> 34:48.003
Sinceramente, axente,
non me interesa apartalo do caso.

34:48.086 --> 34:50.380
Polo que oín, dirixe ben o negocio.

34:50.881 --> 34:52.466
- Excedeuse.
- Como?

34:52.549 --> 34:55.636
O almirante experimentou ilegalmente
cos seus homes.

34:55.719 --> 34:57.846
Non foi ilegal. Tecnicamente, non.

34:57.930 --> 34:59.515
Está falando disto.

35:00.265 --> 35:04.186
Pillar tiña unha autorización urxente
que aprobaba o experimento.

35:07.272 --> 35:11.318
Non foi un crime,
pero cremos que se tapou.

35:13.320 --> 35:15.030
Déixoos a soas.

35:23.539 --> 35:27.584
Entregaralle todo o que ten
sobre Pillar e os seus homes ó DCIS.

35:29.837 --> 35:31.463
E collerá uns días libres.

35:33.173 --> 35:34.675
Reece segue aí fóra.

35:35.801 --> 35:36.927
Só uns días libres.

35:37.678 --> 35:40.222
Ninguén quere poñerllo difícil.

35:40.848 --> 35:45.227
Washington chamou ós Ánxeles.
Van enviar a súa Unidade de Fuxitivos.

35:47.813 --> 35:50.357
O caso debía ser deles dende o principio.

36:05.372 --> 36:07.291
Por que a quere tanto?

36:07.374 --> 36:08.834
- A que?
- A historia.

36:09.751 --> 36:14.006
Só busca prestixio persoal
ou pensa que servirá de algo?

36:14.089 --> 36:16.758
Non podo ter ambición e crer no que fago?

36:16.842 --> 36:18.135
Se tivese que elixir...

36:28.437 --> 36:33.025
Cando tiña catro anos, meu pai decidiu
romper co Partido Comunista Chinés,

36:33.609 --> 36:35.444
ir contra o réxime de Xiaoping.

36:36.278 --> 36:39.406
Enviounos a miña nai,
a meu irmán e a min ós EE. UU.

36:41.992 --> 36:43.368
Non volvín velo.

36:45.579 --> 36:49.207
Ós seis anos xa perdera o fogar,

36:49.291 --> 36:51.877
o idioma, ata o nome.

36:52.502 --> 36:55.172
E todo porque meu pai
decidiu tomar partido.

36:56.965 --> 37:00.510
Así que si,
gústame crer que a verdade importa.

37:03.096 --> 37:05.641
Sobre todo cando é David contra Goliat.

37:06.308 --> 37:09.353
E quen é Reece? David ou Goliat?

37:15.651 --> 37:17.277
Aínda non o teño decidido.

37:35.003 --> 37:36.672
Hoxe pasou algo curioso.

37:39.383 --> 37:43.553
Descubrimos que o Pentágono
autorizou o RD4895.

37:44.930 --> 37:48.934
E máis curioso aínda, o FinCEN
non logra desenmascarar un accionista.

37:49.017 --> 37:51.061
Alguén que traballaba con Horn.

37:52.354 --> 37:53.355
O Pentágono?

37:57.109 --> 37:58.485
Aí ten o seu Goliat.

38:02.739 --> 38:05.367
Marcho. Retiraron o meu equipo do caso.

38:06.034 --> 38:07.244
E que pasa comigo?

38:11.081 --> 38:15.085
Remate o artigo, señorita Buranek,
e que saia á luz canto antes.

38:36.106 --> 38:39.109
Marcha. Vixío eu a casa
ata que cheguen os de L. A.

38:52.289 --> 38:55.792
FBI, CART e FinCEN TEÑEN PROBAS DOS PAGOS

38:55.876 --> 38:58.170
QUE COINCIDEN COA ESPADA DE ODÍN,

38:58.253 --> 39:01.006
pero a autorización do RD4895
asinouna Hartley.

39:03.008 --> 39:05.635
...por valor de 20 millóns.

39:19.232 --> 39:21.068
- Ola?
- Jord, son eu.

39:22.694 --> 39:24.362
Teño o artigo sobre Reece.

39:24.446 --> 39:28.742
Si, xa oín. Para o Atlantic?
Chamas para pasarmo polos fociños?

39:28.825 --> 39:30.077
É enorme, Jordan.

39:30.619 --> 39:34.414
Hartley, a secretaria de Defensa,
firmou unha autorización.

39:34.498 --> 39:38.752
É dun experimento encuberto que causou
tumores en Reece e os seus homes.

39:38.835 --> 39:40.087
Deus santo!

39:40.170 --> 39:42.422
E podo demostrar que a tapadeira

39:42.506 --> 39:45.717
pagouna Steve Horn
para protexer o seu investimento.

39:45.801 --> 39:47.511
A secretaria levou comisión?

39:47.594 --> 39:51.723
O FBI non puido descubrir un accionista.
Dada a implicación de Hartley,

39:51.807 --> 39:54.559
os lectores chegarán
á mesma conclusión ca min.

39:54.643 --> 39:57.813
Ou polo menos
obrigarana a responder polo que fixo.

39:59.940 --> 40:04.027
Dis que o bo de VoltStreem é a inmediatez.
Cando podes publicalo?

40:04.861 --> 40:08.323
Mándamo e se está todo aí,
podo subilo en menos dunha hora.

40:08.865 --> 40:09.866
Trato feito.

40:12.452 --> 40:14.412
PROBAS SECRETAS E PAGOS DE ACCIÓNS:
HARTLEY CONTRA REECE

40:14.496 --> 40:15.497
por Katie Buranek.

40:17.499 --> 40:18.917
Enviar

40:19.000 --> 40:20.669
Enviando...

40:20.752 --> 40:22.087
Mensaxe enviada.

40:51.867 --> 40:55.537
Sei que é a túa favorita,
pero creo que teño pixama novo.

40:55.620 --> 40:56.705
Que che parece?

40:58.081 --> 41:01.668
Creo que polo menos
tomei unha boa decisión na vida.

41:04.462 --> 41:05.797
Estás seguro?

41:06.840 --> 41:08.884
- Ó 75 %.
- Non sexas parvo.

41:17.517 --> 41:18.685
Estou embarazada.

41:22.397 --> 41:23.815
Só con este bico?

41:24.399 --> 41:27.402
- Como que estás embarazada?
- Estou embarazada.

41:27.485 --> 41:29.529
Así que vas ter que volver á casa.

41:30.113 --> 41:30.989
Estás segura?

41:31.072 --> 41:33.200
Como ó 75 ou 80 %.

41:42.459 --> 41:43.460
Bótote de menos.

41:53.637 --> 41:55.305
Vas ser unha nai xenial.

41:58.433 --> 42:00.977
Que che parece Matthew se é neno?

42:03.313 --> 42:04.356
Matthew?

42:06.191 --> 42:07.943
Gústame Gunner.

42:08.026 --> 42:09.027
Gunner?

42:10.111 --> 42:11.655
- E se é nena?
- Gage.

42:12.405 --> 42:13.949
- Gage para nena?
- Si.

42:14.532 --> 42:15.575
E Lucy que tal?

42:18.078 --> 42:19.412
Gústame. Lucy.

42:34.469 --> 42:35.470
James.

42:41.476 --> 42:42.519
Lauren?

42:52.904 --> 42:53.738
James.

42:54.489 --> 42:58.201
Levan toda a noite chamando as familias.
Que pasou?

42:58.910 --> 42:59.911
Cóntamo.

43:00.578 --> 43:01.579
Papá.

43:05.292 --> 43:06.459
Veña.

43:07.919 --> 43:09.087
Queres velo?

43:09.754 --> 43:13.383
Sabes que só me dixeron
que tiñas unha conmoción,

43:13.466 --> 43:14.759
que repouses.

43:14.843 --> 43:15.885
Veña.

43:20.515 --> 43:21.349
Quérote.

43:21.433 --> 43:24.728
Traédeos! Á esquerda! Está á esquerda!

43:32.694 --> 43:33.862
Vou contigo!

43:35.405 --> 43:36.406
Movédevos!

43:39.034 --> 43:39.993
Donny, non!

43:43.038 --> 43:45.248
Papá. Papá.

43:46.416 --> 43:47.625
Vai todo ben?

43:47.709 --> 43:50.837
Volve ó mundo real! Esperta!

43:56.051 --> 43:57.469
Dixeches que o deixabas.

43:58.928 --> 44:01.723
Hai tres misións. Hai tres putas misións.

44:01.806 --> 44:05.060
- Non quero falar disto.
- Que lle digo a Lucy?

44:05.143 --> 44:07.979
- Que queres que lle diga?
- Dille a verdade.

44:08.813 --> 44:11.691
Que vou alí para loitar por ela e por ti.

44:11.775 --> 44:13.568
Unha merda! Sabémolo os dous!

44:13.651 --> 44:16.529
Cando estás alí, loitas por ti.

44:20.325 --> 44:21.618
Lauren, volve.

44:24.496 --> 44:26.748
"Non había escena máis encantadora,

44:27.499 --> 44:30.502
pero ninguén a contemplaba
excepto un neno pequeno

44:30.585 --> 44:32.670
que miraba pola ventá.

44:33.296 --> 44:37.550
Vivira momentos eufóricos
que outros nenos non chegarían a coñecer,

44:37.634 --> 44:40.845
pero o que contemplaba pola ventá
era a única ledicia

44:40.929 --> 44:43.431
que nunca lle estaría permitida".

44:46.810 --> 44:49.104
Capítulo 17. "Cando Wendy medrou..."

44:50.730 --> 44:54.359
- Papá, gañei o concurso de ortografía!
- Lucy, saca as botas.

44:54.442 --> 44:56.820
Que che dixen? A práctica fai ó mestre.

44:57.654 --> 44:59.656
Moi ben, amor! Déronche un trofeo.

44:59.739 --> 45:01.699
A última palabra foi desaparecer.

45:02.700 --> 45:06.454
A outra rapaza fallou no pe, pero eu non.

45:06.538 --> 45:07.622
Claro que non.

45:11.209 --> 45:12.419
Desaparecer.

45:13.628 --> 45:14.629
De...

45:15.797 --> 45:16.798
E...

45:18.341 --> 45:19.342
Ese...

45:20.510 --> 45:21.594
A...

45:21.678 --> 45:22.971
Temos que marchar.

45:23.513 --> 45:24.514
Pe...

45:25.682 --> 45:26.683
A...

45:27.851 --> 45:28.852
Erre...

45:29.310 --> 45:30.311
E...

45:47.120 --> 45:48.371
Ola.

45:48.455 --> 45:49.831
Está a punto de durmir.

46:18.818 --> 46:21.488
THREEMA MENSAXE DE KATIE

46:21.571 --> 46:27.577
APROBOUNO HARTLEY

47:15.333 --> 47:19.087
Non, o equipo tres sae mañá.
Espero ver como marchan.

47:28.429 --> 47:29.556
Déixenos a soas.

47:31.224 --> 47:33.184
Avísoo cando acabemos.

47:40.233 --> 47:42.026
Levo horas chamándoo.

47:42.110 --> 47:45.822
Ten idea da cantidade de merda
que nos caeu hoxe?

47:47.865 --> 47:49.617
Teño certa idea, señor.

47:53.955 --> 47:58.334
Hartley quixo botarnos ós lobos,
pero xoguei as cartas que me deu.

48:01.879 --> 48:06.384
Ten algo máis? Precisamos algo.
Quen sabe a que xoga esta muller.

48:08.511 --> 48:09.554
Que pasa?

48:18.187 --> 48:19.397
É para vostede.

48:25.194 --> 48:26.029
Diga?

48:26.738 --> 48:27.864
Almirante Pillar.

48:30.742 --> 48:33.369
Leva seguro toda a súa vida,

48:34.120 --> 48:36.247
agochado tralos muros,

48:37.165 --> 48:39.334
enviando outros homes a loitar.

48:41.252 --> 48:44.922
Hoxe pensei que a miña filla
viu máis combate ca vostede.

48:48.551 --> 48:50.928
E pensei que debía corrixir iso.

48:51.012 --> 48:52.930
Creste alguén, fillo?

48:54.057 --> 48:55.558
Creste especial?

48:56.100 --> 48:57.935
Non vales unha merda.

48:58.353 --> 49:02.065
Non es máis ca unha brisa soprando no ceo.

49:02.857 --> 49:04.067
Si, non?

49:06.152 --> 49:09.280
Unha mina antipersoa
ten 700 bólas de rodamentos.

49:10.531 --> 49:12.992
Se tivese dúas minas apuntándolle,

49:13.076 --> 49:17.914
serían 1400 bólas. 1400.

49:18.498 --> 49:22.877
Cen por cada SEAL que asasinou.

49:24.128 --> 49:25.755
De que carallo falas?

49:31.010 --> 49:32.887
Non tiven elección, señor.

49:41.646 --> 49:43.314
Reece. Capitán!

49:45.191 --> 49:46.442
Non fagas isto!

49:47.485 --> 49:48.736
Escóitasme?

49:48.820 --> 49:50.196
Tes que abandonar...

49:56.077 --> 49:59.580
Isto vai máis alá de WARCOM.
Sábelo, verdade?

50:00.581 --> 50:03.918
Direiche quen máis está involucrado,
pero se morro...

50:05.420 --> 50:06.629
Se morro...

50:10.133 --> 50:11.134
non o saberás.

50:11.217 --> 50:14.929
Asumamos, almirante,
por seguir coa conversa,

50:16.264 --> 50:17.765
que xa o sei.

50:24.272 --> 50:27.191
HOWARD TRAIDOR

50:40.913 --> 50:42.248
Alguén viu iso?

50:42.331 --> 50:46.586
Informe de explosión na base de Coronado.
WARCOM estoupou. Piso superior.

50:46.669 --> 50:49.213
Aseguren a zona. Un a un.

51:01.768 --> 51:04.604
Reece está na base?
Temos confirmación visual?

51:05.730 --> 51:09.817
É o despacho do almirante. Unha bomba.
Puido detonala a distancia.

52:02.578 --> 52:03.579
Reece!

52:30.106 --> 52:33.192
Espera, sei o que che pasou.

52:33.276 --> 52:36.070
Sei o que che pasou, o que che fixeron.

52:36.153 --> 52:37.655
Non debería estar aquí.

52:37.738 --> 52:41.117
Por que che mataron a familiia.
Teño probas sobre Horn.

52:43.786 --> 52:45.079
E Pillar.

52:46.330 --> 52:47.582
Témolos, Reece.

52:49.542 --> 52:52.128
Toca deixar que a xustiza se encargue.

52:54.714 --> 52:56.090
A xustiza son eu.

53:01.345 --> 53:02.346
Non podo.

53:04.724 --> 53:06.684
Non podo deixarte seguir así.

53:35.463 --> 53:37.173
Non llo vou repetir.

53:39.550 --> 53:40.801
Non entre na lista.

54:12.583 --> 54:15.294
- Diga?
- Que foi? Xa pasou unha hora.

54:15.378 --> 54:17.213
Ti dirás. Sigo agardando.

54:18.172 --> 54:21.050
- Agardando?
- Internet funciona así.

54:21.133 --> 54:24.095
Para que publique algo, tesmo que enviar.

54:25.262 --> 54:26.514
Envieino.

54:27.181 --> 54:30.226
PARA: JORDAN GROFF ARTIGO

54:30.893 --> 54:31.811
Non tal.

54:36.482 --> 54:37.942
Jordan, teño que irme.

54:38.025 --> 54:41.529
Non, Katie, non mo fagas outra vez...
Cago en todo.

55:10.057 --> 55:13.436
Lin o seu artigo, señorita Buranek.
Unha peza excelente.

55:18.190 --> 55:20.067
Lamentablemente, incorrecta.

55:23.946 --> 55:27.116
Se quere marchar por esa porta,
non a seguiremos,

55:28.242 --> 55:32.163
pero é unha xornalista demasiado boa
para publicar só medio artigo.

55:34.498 --> 55:36.000
Se quere a verdade,

55:38.294 --> 55:39.336
toda a verdade,

55:40.129 --> 55:42.381
estou disposta a dar unha entrevista.

55:44.050 --> 55:45.301
Se lle interesa.

57:33.742 --> 57:35.744
Subtítulos: Abraham Díaz López
