WEBVTT

00:53.262 --> 00:55.473
A LISTA TERMINAL

01:04.440 --> 01:07.902
Helicóptero derrubado.
Esquina sueste do patio.

01:07.985 --> 01:08.903
NAJAF, IRAQ, 2007

01:08.986 --> 01:12.490
Saímos do edificio 16.
Informes de helicóptero derrubado.

01:13.407 --> 01:17.411
Oficial técnica Liz Riley.
Estou atrapada! Preciso as Forzas Rápidas!

01:17.495 --> 01:20.748
Imos cara ó norte ó Kiowa derrubado.
Tempo de chegada?

01:20.831 --> 01:22.333
Axiña de carallo.

01:22.416 --> 01:26.045
A menos de dous minutos.
Solicitamos avión de apoio.

01:26.128 --> 01:30.382
Negativo, capitán. Non a rescaten.
A zona está chea de árabes.

01:30.508 --> 01:31.383
Non, ho!

01:31.467 --> 01:34.220
- Imos cara ó norte…
- Estoume cagando vivo.

01:34.303 --> 01:37.389
Díxenche que te afastaras
dos kebabs da rúa, Donny.

01:37.473 --> 01:38.766
- Boh!
- Volva á base.

01:38.849 --> 01:42.019
Os comandos e Forzas Rápidas
chegarán en 20 minutos.

01:42.102 --> 01:43.854
- Merda!
- Recíbeme?

01:43.938 --> 01:46.982
- Ela non ten 20 minutos.
- Capitán, recíbeme?

01:49.652 --> 01:51.445
Sinal… córtase…

01:51.529 --> 01:53.614
- Capitán…
- Imos ó accidente.

01:53.697 --> 01:56.534
- Cox vaite capar.
- Que se poña á fila.

01:56.617 --> 01:58.828
Donny, aperta! Non cagues no coche!

01:58.911 --> 02:00.579
Estou facendo forza.

02:02.540 --> 02:03.541
Movédevos!

02:30.568 --> 02:31.735
Movemos!

02:31.819 --> 02:32.862
Movédevos!

02:34.071 --> 02:35.281
Movédevos! Axiña!

02:36.991 --> 02:38.117
Donny!

02:38.200 --> 02:39.910
Vou contigo, xefe. Vamos!

02:39.994 --> 02:43.789
- Somos compañeiros!
- Somos compañeiros!

02:43.873 --> 02:44.915
Compañeiros!

02:45.541 --> 02:47.793
- Movede! Movede!
- Cabróns!

02:49.169 --> 02:50.504
Compañeiros!

02:50.588 --> 02:52.214
Inimigo á miña dereita!

02:56.886 --> 02:58.888
- Cúbroche as costas, xefe.
- Ola.

02:58.971 --> 03:01.181
Fáleme, Riley, como está?

03:02.349 --> 03:03.350
Estiven mellor.

03:03.434 --> 03:05.311
Noto un acento sureño?

03:05.394 --> 03:07.313
Fort Rucker, Alabama.

03:08.814 --> 03:10.024
Está sangrando?

03:10.107 --> 03:11.400
Golpe nas costas.

03:11.483 --> 03:13.736
Míreme. É seareira de Auburn, Riley?

03:13.819 --> 03:15.863
Non, de Alabama. Sube a marea!

03:16.572 --> 03:19.033
Vale, sube a marea!

03:19.116 --> 03:21.243
Que tal se a levamos á casa?

03:21.327 --> 03:22.411
Papá!

03:36.675 --> 03:38.510
Vaise poñer ben, papá?

04:51.333 --> 04:53.877
Levamos dando moitas voltas con isto,

04:53.961 --> 04:56.213
pero creo que chegamos onde queriamos.

04:56.296 --> 05:00.300
Hai tempo que quería facer negocios.
Alégrome de que saíse.

05:00.384 --> 05:01.844
- Voa esta noite?
- Si.

05:01.927 --> 05:03.679
Non lle roubarei máis tempo.

05:03.762 --> 05:05.139
- Un pracer.
- O mesmo.

05:05.222 --> 05:07.808
- Necesita que o leven?
- Non, teño chofer.

05:07.891 --> 05:09.309
A próxima invito eu.

05:09.393 --> 05:11.603
Claro, estamos en contacto.

05:13.564 --> 05:15.649
Mike, grazas por agardar.

05:15.733 --> 05:16.692
Si.

05:18.152 --> 05:20.029
- Un pracer verte.
- O mesmo.

05:22.489 --> 05:23.741
Mesmo sen Pryor…

05:24.366 --> 05:27.870
Non é decisivo.
Aínda queda votar no Senado.

05:27.953 --> 05:30.205
Lorraine Hartley non vai abandonar.

05:30.289 --> 05:31.457
Escoita, Mike.

05:34.460 --> 05:36.545
É o son do mundo dándose conta

05:36.628 --> 05:41.258
de que Nubellum segue a ser
o puto mellor contrato do mercado.

05:41.341 --> 05:43.093
Conseguino eu, vale?

05:43.177 --> 05:46.805
En calquera minuto, chamará Elias Ryberg,

05:46.889 --> 05:49.683
e diralle a Kurt que o reconsiderou.

05:50.684 --> 05:52.227
Véndocho.

05:53.145 --> 05:56.440
Véndoche o RD4895.
A patente, a investigación…

05:56.982 --> 05:58.442
É teu.

05:58.525 --> 06:00.903
Despois véndesllo a Plano, á carta…

06:02.362 --> 06:03.280
Separámonos.

06:03.363 --> 06:06.658
Todos gañamos.
Levas o que queres e eu quedo coa empresa.

06:10.704 --> 06:12.372
A xunta non o aceptará.

06:12.456 --> 06:16.251
Ofrézoche un bo prezo.
Sabemos que é o único que importa.

06:16.335 --> 06:19.213
Mike, imos vender a empresa.
Toda a empresa.

06:19.296 --> 06:21.090
Vale? Ese é o plan.

06:21.173 --> 06:23.008
E a alternativa? Verás,

06:24.051 --> 06:26.678
gústame verte
ó temón de Nubellum, en serio.

06:27.721 --> 06:29.223
Pero a Plano dálle igual.

06:51.411 --> 06:53.914
Hostia, "lizgaira", son case as 08:00.

06:53.997 --> 06:55.874
Odio a xente madrugadora.

06:55.958 --> 06:58.210
Mesmo se che fan o almorzo?

07:01.088 --> 07:03.423
Hoxe volvemos á casa?

07:03.966 --> 07:05.425
Non creo.

07:06.135 --> 07:08.512
A base de Horn é unha rúa cega.

07:08.595 --> 07:11.098
Protexida e inzada de gardas de Talos.

07:11.890 --> 07:13.350
Non é doado chegar a el.

07:14.143 --> 07:17.020
Creo que temos que centrarnos en Capstone.

07:17.896 --> 07:20.232
Aí poderiamos capturar vivo a Horn.

07:20.315 --> 07:23.944
Reece, iso está
en pleno distrito financeiro.

07:24.027 --> 07:25.863
Paréceche máis doado?

07:28.699 --> 07:29.908
Haberá que velo.

07:56.768 --> 07:59.062
Alguén se está a coar na festa.

08:00.522 --> 08:02.191
Si, xa os vexo.

08:06.987 --> 08:08.071
Por aquí.

08:21.710 --> 08:25.214
Lin que Gwyneth Paltrow
bebe un batido de 250 $ cada día.

08:25.297 --> 08:28.675
Que lles parece?
Maca, ashwagandha e puto po de lúa.

08:29.218 --> 08:30.677
Grazas, Eddie.

08:30.761 --> 08:35.307
Creo que para maximizar o potencial dun,
hai que alimentar o corpo, non o ego.

08:35.390 --> 08:38.435
- Steve Horn. Un pracer.
- Axente especial Layun.

08:38.518 --> 08:41.688
Ela é MacKenzie Wilson,
do Corpo de Marshals.

08:41.772 --> 08:45.317
Gustaríanos falarlle
dun dos seus gardas de Talos,

08:45.400 --> 08:46.693
Adrian Gordonis.

08:46.777 --> 08:50.656
Cando oín que lle dispararan a Gordo,
supuxen que virían.

08:50.739 --> 08:52.866
Que misión tiña nos Ánxeles?

08:52.950 --> 08:54.743
Estaba fóra de servizo.

08:54.826 --> 08:57.829
Traballa para vostede.
Non sabía que facía?

08:57.913 --> 09:00.916
Para min traballan
moitos membros de Talos, pero…

09:00.999 --> 09:03.043
son contratistas independentes.

09:03.126 --> 09:05.212
Ten un bo despregamento aí fóra.

09:05.295 --> 09:08.423
É o estándar
ou teme que alguén vaia por vostede?

09:09.466 --> 09:12.052
Capstone xera unha riqueza inmensa

09:12.135 --> 09:14.096
e un nivel acorde de aversión.

09:14.179 --> 09:17.683
Temos moitos intereses
nas telecomunicacións africanas,

09:17.766 --> 09:21.061
así que Boko Haram e Al-Shabab
non están moi contentos.

09:21.144 --> 09:23.897
- En Latinoamérica…
- Problemas de home grande.

09:24.982 --> 09:28.610
Non consegues un despacho así
sen cabrear algunhas persoas.

09:29.152 --> 09:31.196
Cabreou a James Reece?

09:32.948 --> 09:34.866
Non me soa ese nome.

09:34.950 --> 09:36.994
O seu home coñecíao ben.

09:37.077 --> 09:38.912
Gordo disparou primeiro.

09:39.621 --> 09:44.334
Sospeitamos que James Reece tamén matou
o seu vicepresidente, Saul Agnon.

09:46.295 --> 09:48.755
Dixéronme que Saul morreu de sobredose.

09:49.589 --> 09:52.092
Debería preocuparme ese tal James Reece?

09:52.175 --> 09:54.511
Deixe de finxir que non o coñece.

09:54.594 --> 09:58.473
Segundo as súas tatuaxes,
compartiu unidade con Reece.

09:58.557 --> 10:02.019
Esqueleto de ra.
Así honran os SEAL os caídos.

10:02.561 --> 10:06.732
Ou o señor Horn foi unha ra dos SEAL ou…

10:08.608 --> 10:10.235
talvez sexa un mentirán.

10:13.363 --> 10:17.993
Mac estivo alistada. Tres despregamentos.
Odia a falsidade, verdade?

10:18.076 --> 10:18.910
Así é, señor.

10:18.994 --> 10:22.122
Medrei á sombra de Fort Bragg,
señora Wilson.

10:22.205 --> 10:27.252
A maioría de amigos e familiares serviron.
Os exames leváronme por outro camiño.

10:27.336 --> 10:30.589
Pero sempre respectei esa cultura.

10:31.590 --> 10:33.425
As tatuaxes son conmemoración.

10:34.718 --> 10:36.094
Admiración.

10:39.931 --> 10:42.517
Adoita conseguir o que quere, non?

10:42.601 --> 10:46.104
Só coñece unha vida de éxitos.

10:46.188 --> 10:48.732
Reece adoita cazar e matar a súa presa.

10:48.815 --> 10:50.400
É o que sabe facer.

10:50.484 --> 10:53.528
Pois alégrame
que estean traballando no caso.

10:53.612 --> 10:57.824
Verán, teño reunións
e tanto axente non dá boa imaxe.

10:57.949 --> 11:01.161
Se cren que o meu nivel de seguridade
non é adecuado,

11:01.244 --> 11:04.081
poden tomar posicións na rúa
e poñerse cómodos.

11:04.164 --> 11:08.418
- Os meus homes non lles darán problemas.
- Un plan xenial, grazas.

11:14.841 --> 11:16.802
Non o fagas persoal, Mac.

11:17.511 --> 11:19.971
Persoalmente, creo que é un babeco.

11:20.639 --> 11:24.017
O noso traballo non é que nos guste,
é protexelo.

11:25.685 --> 11:27.813
Grazas por verme tan axiña.

11:27.896 --> 11:31.441
Dados os rumores,
queriamos facer un perfil antes da venda.

11:31.525 --> 11:35.362
Imaxino que unha portada no Atlantic
lles axudará no prezo final?

11:36.029 --> 11:37.906
Non creo que faga dano, non.

11:38.698 --> 11:42.577
Fundou Nubellum creando medicamentos
para o mercado comercial,

11:42.661 --> 11:45.664
- alzhéimer…
- O doutor Tedesco estudou neurociencia

11:45.747 --> 11:48.875
- na Universidade de California…
- Berkeley. Lin a bio.

11:48.959 --> 11:51.420
Só me preguntaba por que.

11:51.503 --> 11:55.048
Por que o alzhéimer?
Non atopei casos na súa familia.

11:58.677 --> 12:00.429
Flores para Algernon.

12:00.512 --> 12:02.180
Lino na universidade

12:02.264 --> 12:06.810
e a idea de perderse un mesmo
facíame espertar entre pesadelos.

12:06.893 --> 12:09.438
Daquela cría que podía cambiar as cousas.

12:10.230 --> 12:13.859
"Daquela"? Diría que perdeu ese optimismo?

12:13.942 --> 12:19.114
Non, o programa de Optimización Humana
é o cumio da obra vital do señor Tedesco.

12:19.197 --> 12:23.493
Só deron o salto ós nootrópicos militares
coa chegada de Capstone,

12:23.577 --> 12:25.454
para optimizar soldados.

12:25.954 --> 12:29.833
Algúns dirían que é una aplicación cínica
da súa obra vital.

12:29.916 --> 12:33.628
Os nosos contratos con Defensa
fixéronnos líderes do sector

12:33.712 --> 12:37.048
en supresión do apetito,
somníferos, volume de osíxeno…

12:37.132 --> 12:39.426
Como dixen, unha aplicación cínica.

12:41.887 --> 12:43.346
Descúlpeme.

12:45.348 --> 12:49.227
Señora Buranek,
todo o que preguntou está na rede.

12:50.395 --> 12:54.399
Talvez queira oír falar
das nosas iniciativas de expansión?

12:54.483 --> 12:56.401
Expandímonos máis alá de…

12:56.485 --> 12:59.154
Non, creo que teño
o que precisaba. Grazas.

13:16.213 --> 13:17.422
Que carallo fai?

13:17.506 --> 13:21.635
Perdoe, pero viña entrevistalo a vostede,
non ó robot ese.

13:22.677 --> 13:24.554
Lino en PharmaTimes.

13:24.638 --> 13:28.892
Pareceume que lle preocupaba o rumbo
que lle impuxo Steve Horn.

13:28.975 --> 13:33.772
Non sempre penso o mesmo ca Steve,
pero sabe sacar beneficios.

13:33.855 --> 13:36.816
Por iso o ten a traballar
na sala de conferencias

13:36.900 --> 13:40.278
mentres el decide o futuro da empresa
dende o ático.

13:41.071 --> 13:42.948
Que é o RD4895?

13:46.243 --> 13:48.495
Que supervisión mantén vostede?

13:49.621 --> 13:53.041
Digamos que está xerando tumores
nos consumidores…

13:53.124 --> 13:57.087
Non hai consumidores.
O RD4895 non tivo ensaios en humanos.

13:58.296 --> 13:59.631
E se os tivese?

14:01.967 --> 14:04.386
Se lle digo que o usaron no pelotón SEAL

14:04.469 --> 14:07.639
que foi a Siria hai dous meses
e nunca regresou?

14:09.349 --> 14:10.767
Faría algún comentario?

14:16.022 --> 14:17.983
Con sinceridade,

14:18.858 --> 14:22.988
con total sinceridade,
non teño nin idea de que me fala.

14:35.625 --> 14:39.296
Memorice isto, peche a porta
e tíreo polo váter.

14:39.921 --> 14:42.549
Cando estea listo para falar, contácteme.

15:40.190 --> 15:43.693
Este é o noso obxectivo.
O único sitio onde Horn se expón.

15:44.694 --> 15:45.904
Non sei.

15:46.404 --> 15:49.616
Tes que matar seis gardas na rúa
sen ferir civís,

15:49.741 --> 15:52.619
sacar a Horn vivo e despistar o FBI?

15:52.702 --> 15:54.788
Seguro que o necesitamos vivo?

15:56.623 --> 15:57.707
Si.

15:58.958 --> 16:00.710
Ten preguntas que responder.

16:03.546 --> 16:06.591
Que me fixo? Quen lle axudou?

16:14.849 --> 16:16.101
Que tal estás, Reece?

16:17.560 --> 16:18.561
Vas ben?

16:19.771 --> 16:20.939
Estou ben.

16:25.276 --> 16:29.698
Estas pastillas fan o seu traballo.
Se puidese cumprir os prazos…

16:32.117 --> 16:34.703
Imos ben, conseguirémolo.

16:35.954 --> 16:37.080
De acordo.

16:37.664 --> 16:39.624
Vou falar con Ron.

16:39.708 --> 16:42.627
A ver se nos deixa o hangar máis días.

16:51.511 --> 16:53.555
Falei con Tedesco. É o elo feble.

16:53.638 --> 16:56.725
Nin sequera quere vender.
E creo que odia a Horn.

16:56.808 --> 17:00.437
Cando lle mencionei o RD4895,
alterouse de inmediato.

17:00.520 --> 17:02.230
Cres que está implicado?

17:03.106 --> 17:06.651
- Dende logo, algo sabe.
- Que plan tes?

17:07.610 --> 17:08.737
Depende.

17:16.411 --> 17:20.081
SABEN QUE ESTÁS EN SAN FRANCISCO.
DÉIXAO. SÉGUETE O FBI.

17:20.165 --> 17:22.542
- Merda.
- Que pasa?

17:29.799 --> 17:30.842
Katie?

17:35.054 --> 17:38.349
Teñen dúas na rúa da Universidade
e outra na Cherokee.

17:38.433 --> 17:41.853
Quero dicir,
a quen coñeces que use prepago?

17:41.936 --> 17:43.688
Algún haberá, pero…

17:44.230 --> 17:46.065
Que queres dicir, Junior?

17:46.941 --> 17:48.485
Que non pode ser

17:49.360 --> 17:51.863
que vendan tantos móbiles.

17:51.946 --> 17:54.741
Dígoche que é unha tapadeira.

17:54.824 --> 17:57.202
Tes demasiado tempo libre.

17:57.994 --> 18:00.079
Tula, estou a mil cousas.

18:00.163 --> 18:02.040
Como vai a reporteira?

18:04.375 --> 18:08.254
- Ben, xefe. Todo tranquilo…
- Necesitamos reforzos, señor.

18:08.338 --> 18:10.340
Non temos máis unidades.

18:10.423 --> 18:14.052
Enténdoo e aprecio a paciencia
que estades mostrando todos.

18:15.053 --> 18:18.181
Estamos no sitio adecuado. Toca agardar.

18:19.349 --> 18:21.392
O noso informe final indica

18:21.476 --> 18:24.312
que hai varios contratos de invención
sen firmar.

18:24.395 --> 18:25.396
Como vai iso?

18:25.480 --> 18:28.066
Subirémolos á plataforma esta noite.

18:28.149 --> 18:29.192
Grazas.

18:29.275 --> 18:32.237
Aprecio o esforzo
para acelerar o proceso, Mike.

18:33.363 --> 18:36.616
Porén, temos que volver
ó tema da taxación.

18:37.700 --> 18:39.494
As bases cambiaron.

18:40.203 --> 18:43.623
Dende que fixemos a oferta,
o contrato co Pentágono

18:43.706 --> 18:45.375
viuse moi ameazado.

18:45.458 --> 18:47.335
O noso contrato segue aí.

18:50.797 --> 18:54.843
Se estás preocupado,
talvez teñamos que deixar o trato.

19:05.687 --> 19:06.813
Que cifra propós?

19:10.108 --> 19:11.651
Déixennos sós.

19:22.078 --> 19:24.372
Ti tamén, Mike. Por favor.

20:06.164 --> 20:07.540
TÁBOA DE CAPITALIZACIÓN: NUBELLUM

20:07.624 --> 20:09.083
ACCIÓNS AUTORIZADAS: 45 000 000
ACCIÓNS EN CIRCULACIÓN: 40 000 000

20:09.167 --> 20:10.460
ACCIÓNS SEN EMITIR: 5 000 000

20:38.947 --> 20:41.741
- Mike?
- Despregaron os SEAL hai dous meses?

20:41.824 --> 20:42.742
Si.

20:42.825 --> 20:44.619
Creo que teño algo útil.

20:44.702 --> 20:48.373
Polo chat non. Espere a verme en persoa.

20:48.456 --> 20:50.208
Pero ten que ser esta noite.

20:50.291 --> 20:53.670
Enviareille os detalles. Non leve o móbil.

21:20.113 --> 21:22.031
Alcanzastes un prezo?

21:25.493 --> 21:28.413
Perdoa se causei algún problema.

21:31.040 --> 21:33.584
Non pasa nada. Xa o solucionaremos.

21:37.338 --> 21:42.260
Levamos uns anos forzando os límites.
Sei que non sempre foi doado.

21:42.343 --> 21:45.138
Pero aprecio a túa fe, Mike.

21:45.638 --> 21:48.891
Hai xente que hoxe está viva grazas a nós.

21:48.975 --> 21:52.562
Mantiveches a túa promesa,
fixemos cousas boas.

21:55.648 --> 21:56.774
Grazas, Mike.

21:59.110 --> 22:01.029
Véxote mañá, Steve.

22:25.303 --> 22:27.680
Entrou no servidor interno.

22:27.764 --> 22:31.309
Non sei que copiou,
pero creo que está a falar coa prensa.

23:52.557 --> 23:54.016
Que facemos?

23:57.228 --> 23:58.771
O convoi estase separando.

24:00.273 --> 24:01.524
Seguimos a Horn.

24:21.252 --> 24:22.253
Si?

24:22.920 --> 24:26.048
Dende que seguimos a Horn,
viras o convoi separarse?

24:26.132 --> 24:28.718
- Hostia, nunca. Que pasa?
- Agora che digo.

24:38.769 --> 24:43.649
Aviso a tódolos pasaxeiros.
Non esquezan o seu abono transporte…

24:45.401 --> 24:49.155
Non quero deixar dúbidas.
Se Nubellum fixo algo ilegal,

24:49.238 --> 24:52.783
foi fóra do meu alcance.
Se non pode mencionar iso no artigo…

24:52.867 --> 24:55.453
Confío en vostede.
Por iso estou aquí. Veña.

24:55.536 --> 24:57.705
O RD4895 é un nootrópico deseñado

24:57.788 --> 25:00.958
para anular a conexión
do hipocampo coa amígdala.

25:01.042 --> 25:05.254
Así o cerebro codifica recordos
sen asocialos ó trauma do combate.

25:05.796 --> 25:07.882
Coma o TEPT? Estrés postraumático?

25:07.965 --> 25:12.428
Si, comezamos a desenvolver o RD4895
hai uns dous anos.

25:12.511 --> 25:16.724
A vacina contra o TPET era o soño de Horn,
a súa obsesión.

25:16.807 --> 25:20.019
Pero parou o proxecto
tralos ensaios con animais.

25:20.102 --> 25:22.939
Daquela non o entendín,
pero hai dous meses

25:23.022 --> 25:25.274
notei irregularidades na "táboa cap".

25:25.358 --> 25:27.526
- Que?
- A táboa de capitalización.

25:27.610 --> 25:31.447
Un documento que amosa os accionistas
e participacións da empresa.

25:31.572 --> 25:34.075
Non o sigo.
Que ten que ver cos SEAL mortos?

25:35.368 --> 25:36.452
Todo.

25:46.754 --> 25:52.718
ESTACIÓN INTERMODAL

26:08.234 --> 26:09.402
Xesús!

26:11.028 --> 26:12.738
De canto estamos a falar?

26:12.822 --> 26:15.241
Cada tramo son uns 12 ou 15 millóns.

26:15.324 --> 26:18.995
Pero o interese principal de Ryberg
en Nubellum é o RD4895.

26:19.078 --> 26:22.581
Se cre que lles causou tumores
a eses SEAL,

26:22.665 --> 26:24.041
publíqueo esta noite.

26:24.125 --> 26:25.334
E acabamos co trato.

26:25.418 --> 26:27.837
Non vai así. Hai revisión, editores…

26:27.920 --> 26:30.881
Habería que miralo
en Facenda, Crimes Financeiros…

26:30.965 --> 26:32.008
Canto tardaría?

26:32.633 --> 26:36.637
Isto é crucial, fixo ben en traelo.
Se puidese retrasar ese trato…

26:41.517 --> 26:42.977
Trouxo o móbil?

26:43.060 --> 26:45.396
Deixeino no coche, como dixo.

26:45.479 --> 26:48.649
Referíame a deixalo na oficina.
Temos que marchar.

28:01.639 --> 28:03.641
Móvete, temos que liscar!

28:26.539 --> 28:28.999
Sabíano. Sabían que nos iamos ver.

28:32.044 --> 28:34.588
Respira, xa está. Tes o corazón a mil.

28:34.672 --> 28:36.882
Ven aquí, tes que relaxarte.

28:36.966 --> 28:40.136
O axente do FBI non está involucrado.
Podería axudar.

28:40.219 --> 28:42.847
O FBI non nos interesa. Bebe isto.

28:42.930 --> 28:43.889
Non teño sede.

28:43.973 --> 28:46.434
Vas entrar en choque se non te relaxas.

28:48.561 --> 28:51.939
Es corresponsal de guerra.
Non é o teu primeiro combate.

28:52.022 --> 28:54.316
É o primeiro no que empuño a pistola.

28:55.568 --> 28:59.363
Agora xa foi. Dime.
Por que te persegue Horn?

29:04.577 --> 29:09.874
O RD4895 foi un medicamento experimental
de Nubellum Pharmaceuticals.

29:09.957 --> 29:14.211
O obxectivo era impedir
a codificación do trauma no cerebro,

29:14.295 --> 29:17.173
evitar eficazmente o estrés postraumático.

29:17.256 --> 29:22.178
Funcionou con ratas e cans.
Horn quixo probar con humanos.

29:23.304 --> 29:24.722
E provocounos tumores.

29:24.805 --> 29:26.724
Si. Se o RD4895 funciona,

29:26.807 --> 29:30.811
Nubellum Pharmaceuticals é unha
das empresas máis valiosas do mundo.

29:30.895 --> 29:33.731
Se non, o investimento de Horn
non vale nada.

29:33.814 --> 29:37.067
Bota a pique uns 15 ou 20 000 millóns.

29:37.151 --> 29:39.445
Por iso ten tanta présa por vender.

29:39.528 --> 29:41.155
Quen máis o sabía?

29:41.238 --> 29:46.327
Hai dous meses, Horn sacou 100 millóns
das súas accións en Nubellum

29:46.410 --> 29:49.705
e repartiunos en varias empresas pantasma.

29:49.788 --> 29:51.916
E que máis pasou hai dous meses?

29:52.500 --> 29:56.086
Esas accións eran pagos. En Siria.
Para matar os meus homes.

29:57.296 --> 30:00.633
Teño que rematar o artigo.
Agora apóiame o Atlantic.

30:00.716 --> 30:04.011
É dicir, vano investigar
os principais medios.

30:04.970 --> 30:07.765
Necesito nomes.
Quen podería sacar tallada diso?

30:08.474 --> 30:10.059
Teño nomes de empresas.

30:10.142 --> 30:11.810
Ben, pois damos.

30:13.145 --> 30:16.815
Con tempo falarei con FinCEN
para destapar os accionistas…

30:16.941 --> 30:19.485
- Non.
- Isto todo vai estoupar.

30:19.610 --> 30:22.071
A Horn, a todos, van crucificalos!

30:22.154 --> 30:24.323
Isto non vai do teu puto artigo.

30:28.160 --> 30:28.994
Nomes.

30:29.870 --> 30:30.704
Xa!

30:39.421 --> 30:40.673
Reece! Veña!

30:54.895 --> 30:58.816
- Tes unha estación de bus por aí.
- Reece, non me escoitas.

30:58.899 --> 31:02.695
Os homes que mataron
os meus amigos e familia non irán presos.

31:03.737 --> 31:04.947
Límpate.

31:05.030 --> 31:07.241
Se matas máis xente, matas o artigo.

31:07.324 --> 31:09.702
Horn, o resto, a ninguén lle importará!

31:09.785 --> 31:13.289
Sairás ti nas noticias!
Pensarán que es un terrorista…

31:13.372 --> 31:16.667
Marcha de San Francisco
ou Horn vaite matar.

31:16.792 --> 31:19.920
Se volves ó campo de batalla,
non é culpa miña.

31:52.536 --> 31:55.497
Programas as chamadas só para espertarme?

31:55.581 --> 31:59.710
Perdón, irmán.
Escoita, tes acceso ó FinCEN?

31:59.793 --> 32:01.128
Podo conseguilo.

32:01.211 --> 32:03.839
Vouche enviar unha lista.
É unha "táboa cap".

32:03.922 --> 32:07.760
Todos os da rede de Horn
que sacaron tallada do RD4895.

32:08.385 --> 32:10.888
Empresas pantasma.
Conseguiríasme os nomes?

32:10.971 --> 32:13.724
Así xa non argallamos nada ó calado.

32:14.850 --> 32:17.978
Se fago esa chamada,
vanme facer preguntas.

32:18.812 --> 32:20.397
Podes darme os nomes?

32:25.152 --> 32:26.195
Envíama.

32:29.114 --> 32:30.240
Merda.

32:31.617 --> 32:34.495
Que ninguén use a palabra "derrota".

32:34.578 --> 32:37.206
Pechamos filas sen o senador Pryor,

32:37.289 --> 32:38.916
sacamos un orzamento novo.

32:38.999 --> 32:41.919
Coñeces a Lorraine. Non a van criticar.

32:42.002 --> 32:43.128
Ti sé discreto.

32:44.463 --> 32:46.340
Por outra banda, ela…

32:46.423 --> 32:50.094
Desculpa, lembrei
que teño que facer unha cousa.

33:18.831 --> 33:20.374
Buscas isto, Richard?

33:22.668 --> 33:27.214
É normal ter teléfonos encriptados
no Pentágono, pero só coa nosa rede.

33:27.297 --> 33:30.134
Ten dereito a un avogado,
pero diralle o mesmo.

33:30.217 --> 33:31.635
Debería cooperar.

33:31.719 --> 33:35.889
Este é o axente Azad,
Investigación Criminal de Defensa.

33:35.973 --> 33:39.893
Illou pagos de Horn
a unha conta a nome de túa nai

33:39.977 --> 33:42.646
- durante… Canto tempo?
- Case dous anos.

33:42.730 --> 33:47.609
Que raro, porque fun
ó funeral de Maggie en 2014.

33:51.405 --> 33:52.865
Que esperabas?

33:54.408 --> 33:57.619
Estás cambiando un orzamento
de 700 000 millóns.

33:57.703 --> 34:00.122
É o meu traballo, Richard.

34:01.582 --> 34:04.710
Lorraine, Jessica deixoume
sen un can no divorcio…

34:04.793 --> 34:09.923
Espero que foras tan inepto con Horn
coma comigo, inútil de merda!

34:11.592 --> 34:14.136
Pero imos usarte para enviar unha mensaxe.

34:15.471 --> 34:17.139
Vou xogar a dúas bandas?

34:21.810 --> 34:22.895
Vale.

34:23.729 --> 34:24.730
Fareino.

34:25.647 --> 34:27.608
Pero vou necesitar ese avogado.

34:27.691 --> 34:32.571
Non o dicía literalmente.
O que che faremos enviará unha mensaxe.

34:33.197 --> 34:35.073
A Horn gústalle ir de soldado.

34:35.908 --> 34:37.326
Pois vai ter guerra.

34:58.055 --> 35:01.600
PLANO E NUBELLUM A PIQUES DUN MEGATRATO

35:25.249 --> 35:28.836
Os nomes que esperabas están aí.
Marcus Boykin, Saul Agnon,

35:28.919 --> 35:30.838
os dous tiñan parte da empresa.

35:31.755 --> 35:35.259
Pero antes de oír os seguintes,
é mellor que sentes, meu.

35:36.468 --> 35:38.804
O meu home comprobouno a fondo.

35:40.264 --> 35:42.349
Porque estes nomes…

35:43.350 --> 35:44.643
Cámbiano todo.

35:46.520 --> 35:48.063
Dimo dunha puta vez, Ben.

36:06.748 --> 36:07.958
Foi o almirante.

36:10.168 --> 36:11.795
Que queres dicir?

36:13.797 --> 36:15.674
Aparecía o nome de Pillar.

36:16.633 --> 36:19.803
Tamén o de Howard e o do comandante Cox.

36:23.056 --> 36:24.182
Foi WARCOM.

36:27.019 --> 36:28.770
Fillos de puta.

36:31.857 --> 36:33.275
Tiran dos dous fíos.

36:34.151 --> 36:38.196
É ridículo. O almirante, o teu mando,
matou a Lauren e Lucy?

36:42.910 --> 36:43.869
Por que?

36:44.620 --> 36:46.121
Polo mesmo ca todos.

36:49.458 --> 36:52.044
Pensaron que sairían coa súa.

36:55.964 --> 36:58.592
Vouche dar unha lista da compra, Liz.

36:58.675 --> 37:00.135
Material de química.

37:00.218 --> 37:02.220
Atoparalo en foros de internet.

37:02.304 --> 37:05.515
Dilles que tes un rapaz no instituto
tolo pola ciencia.

37:05.599 --> 37:09.102
O resto cómprao
en varias tendas, en varias vilas.

37:09.186 --> 37:11.188
Paga en efectivo, obviamente.

37:11.271 --> 37:13.774
Debería quedar bastante do de Marco.

37:13.857 --> 37:16.193
De verdade imos facer unha bomba?

37:16.276 --> 37:18.195
Non, un explosivo da hostia.

37:19.821 --> 37:24.493
Para un segundo.
Toma un tempo para procesar…

37:24.576 --> 37:26.119
Tempo é o que non teño.

37:26.203 --> 37:29.539
Pois que veña Ben, así podemos pensar…

37:29.623 --> 37:31.041
Escóitame!

37:31.124 --> 37:33.502
Cando te fun buscar en Najaf…

37:34.461 --> 37:36.588
Si? Non pensamos.

37:37.130 --> 37:40.300
- Non me fodas con iso.
- Ben, Boozer, Donny.

37:40.384 --> 37:41.760
Era o correcto.

37:42.469 --> 37:45.180
Dous deses homes morreron
por culpa de Horn.

37:47.975 --> 37:51.603
Donny? Falas de Donny Mitchell?

37:52.396 --> 37:56.692
Donny nin sequera estaba en Najaf.
Ese rapaz estaba na primaria en 2007.

37:56.775 --> 37:58.235
Era Raife Hastings.

38:12.666 --> 38:17.087
Tes razón, vale.
Está claro que teño a memoria algo fodida.

38:18.088 --> 38:22.426
Pero iso non cambia nada. Teño nomes.
Non temos que capturalos vivos.

38:26.513 --> 38:28.515
Queres escoitarme un segundo?

38:28.598 --> 38:30.809
Queres mirarme, hostia?

38:30.892 --> 38:34.104
Sei que o estás pasando mal,
que estás no peor momento,

38:34.187 --> 38:37.357
e estou contigo, vale?
Tamén quero a Horn morto.

38:37.441 --> 38:39.693
Pero non teño ganas de matar civís

38:39.776 --> 38:42.320
só porque saian pasear en mal momento.

38:42.404 --> 38:44.281
Esa non é a nosa loita.

38:47.034 --> 38:49.578
Quero escoitarte dicilo. Recibido?

38:52.831 --> 38:53.832
Recibido.

38:59.463 --> 39:03.341
Este explosivo é incriblemente preciso.

39:07.012 --> 39:08.597
Nada de baixas civís.

39:14.019 --> 39:15.395
Podes conseguilo?

40:53.451 --> 40:57.122
Non perdades a aguia.
O convoi segue aparcado no niño.

40:57.789 --> 41:01.084
E tamén medio San Francisco.
Hai demasiados civís.

41:03.336 --> 41:05.172
A explosión non lles afectará.

41:06.131 --> 41:07.340
E se lles afecta?

41:08.842 --> 41:09.718
Reece?

41:10.552 --> 41:12.888
Cancelariamos. Pero agora, adiante.

41:17.100 --> 41:20.729
Chegou un papexo
ós principais medios da cidade.

41:20.812 --> 41:25.025
Mataron a Mike Tedesco
e dous gardas de Talos nunha estación.

41:30.322 --> 41:33.867
Que a policía traia unidades.
Quero fotos de todo o mundo,

41:33.950 --> 41:36.703
- comprobacións de matrículas. Algo pasa.
- Si.

41:37.954 --> 41:40.081
Plano caeu un 18 % nunha hora.

41:40.165 --> 41:42.417
- Parece falso, non?
- Ten que selo.

42:12.781 --> 42:17.327
- Señor Horn. Asasinaron a Mike Tedesco?
- Afecta á adquisición de Plano?

42:17.410 --> 42:21.206
Perdeu dous socios en semanas.
Quere comentar algo?

42:25.085 --> 42:29.881
Igual ca vós, entereime esta mañá
do de Mike e sigo afectado.

42:30.715 --> 42:32.801
Mike era un amigo, un visionario.

42:32.884 --> 42:34.719
A razón para investir en Nubellum.

42:35.303 --> 42:38.932
En canto a Saul,
non estou seguro do que podo dicir,

42:39.015 --> 42:43.353
pero notificáronme recentemente
que o exSEAL, James Reece,

42:43.436 --> 42:45.605
é sospeitoso da súa morte.

42:47.065 --> 42:49.150
Si, todas as que poidas enviar.

42:50.193 --> 42:52.112
E que os SWAT queden á espera.

42:53.196 --> 42:55.448
Oxalá estivese de puta broma. Grazas.

42:57.909 --> 43:00.078
A policía chega en seis minutos.

43:04.416 --> 43:05.417
Sígueme.

43:06.668 --> 43:07.961
Xa.

43:13.591 --> 43:17.095
Parece que o capitán Reece
sufriu un tipo de brote psicótico

43:17.178 --> 43:18.763
polo trauma da guerra.

43:19.180 --> 43:21.725
Non o tomei en serio,
pero visto o de Mike,

43:21.808 --> 43:23.810
oxalá o tivera crido.

43:27.689 --> 43:28.690
Que carallo?

43:28.773 --> 43:29.774
Que está paando?

43:30.650 --> 43:31.735
Bule!

43:35.613 --> 43:39.034
As forzas policiais
indicáronlle os motivos de Reece?

43:39.117 --> 43:41.077
Que relación ten con Tedesco?

43:41.161 --> 43:45.707
Só podo dicir que James Reece
non está ben mental nin emocionalmente.

43:46.833 --> 43:50.545
Un problema triste, pero non sorprendente,
nun excombatente.

43:55.508 --> 43:56.551
Quieta!

43:57.093 --> 43:59.512
- Non se mova!
- Non me movo!

43:59.596 --> 44:01.806
O demais pregúntenllo ó FBI.

44:13.276 --> 44:16.696
James Reece non matou a Mike Tedesco,
foi vostede.

44:19.282 --> 44:20.158
Merda.

44:21.785 --> 44:25.163
Talos ofrece seguridade.
Non son asasinos, señora Buranek.

44:25.830 --> 44:27.457
Pensa que non a coñezo?

44:27.540 --> 44:29.459
Veña, móvete.

44:37.926 --> 44:41.012
Sei que probou o RD4895 en SEAL da Armada.

44:41.096 --> 44:44.766
E sei que esas probas causaron tumores,
polo que os asasinou.

44:45.433 --> 44:48.937
Está no meu artigo. Se me elimina,
todos saberán a verdade.

44:49.020 --> 44:51.106
O seu trato vai ir tomar polo cu!

44:51.815 --> 44:53.024
Móvete, hostia.

44:58.446 --> 45:01.074
Pechei o trato onte, señora Buranek.

45:01.157 --> 45:05.870
Dado o acontecido con Mike,
parecía pouco ético anuncialo hoxe.

45:26.433 --> 45:27.976
Arrinca! Arrinca!

45:29.978 --> 45:31.229
Móvete!

45:59.924 --> 46:01.134
Arriba!

46:02.802 --> 46:05.054
Perímetro na rúa Principal!

46:09.767 --> 46:10.894
Veña!

46:12.729 --> 46:14.814
Vamos!

46:33.583 --> 46:36.252
Toma. Pon isto!

46:36.336 --> 46:37.629
Con coidado, hostia.

46:37.712 --> 46:40.215
Escoita, paspán! Hora de botarlle collóns!

47:06.616 --> 47:07.700
Marchamos! Arriba!

47:31.766 --> 47:32.642
Por favor!

47:36.563 --> 47:38.523
Por favor, para! Por favor!

48:00.461 --> 48:02.672
Collino, Liz. Vémonos no punto zulú.

48:02.755 --> 48:06.259
- Reece, onde estás? Que pasou?
- Zulú en 20 minutos.

48:07.719 --> 48:08.803
Sae do coche.

48:09.971 --> 48:10.972
Móvete!

48:11.973 --> 48:12.974
De acordo.

50:19.767 --> 50:21.769
Subtítulos: Abraham Díaz López
