WEBVTT

00:53.262 --> 00:55.473
A LISTA TERMINAL

01:13.365 --> 01:15.242
- Atopei un.
- Que é?

01:17.161 --> 01:18.788
- Un cervo.
- Como o sabes?

01:21.832 --> 01:22.792
Esporóns.

01:23.667 --> 01:27.046
Moi ben. Vale, pois xa sabemos onde beben.

01:29.006 --> 01:30.633
Ves o rastro na herba?

01:30.716 --> 01:34.136
Ímolo seguir. Agora temos un patrón.

01:35.513 --> 01:38.891
Sabes onde beben, onde comen, onde dormen.

01:41.936 --> 01:45.189
Agora sabemos que camiño van seguir,

01:45.272 --> 01:49.151
así que imos a un sitio elevado
e esperamos por eles.

01:49.401 --> 01:50.903
Veña, sigue andando.

01:57.743 --> 02:01.372
Aí está, vai abrindo paso.
A miña gaceliña.

02:17.012 --> 02:19.640
Veña. Descansamos arriba, pequecha.

02:34.864 --> 02:36.156
Papá.

02:36.991 --> 02:38.200
Quérote.

02:38.826 --> 02:40.202
Queres verme?

03:04.977 --> 03:06.270
PREZO DO PETRÓLEO

03:40.638 --> 03:43.766
Quen madruga, diñeiro consegue...
A por café.

06:01.779 --> 06:03.405
Teléfono con Kryptex.

06:06.700 --> 06:08.577
Que agochas, Marcus?

06:28.305 --> 06:30.015
Queres verme?

06:30.557 --> 06:32.351
- Sabemos onde comen.
- Si.

06:32.434 --> 06:34.228
Sabemos onde dormen.

06:34.770 --> 06:37.314
Agora sabemos que camiño van seguir.

06:37.397 --> 06:40.109
Imos a un sitio elevado
e esperamos por eles.

06:41.735 --> 06:45.948
Se segues as pistas con precisión
e sabes o que buscas,

06:47.032 --> 06:49.409
ningún cervo poderá agocharse de ti.

07:03.257 --> 07:04.842
Veña, cabróns.

07:05.425 --> 07:07.761
Temos que paralos. Só unha vez.

07:09.930 --> 07:12.975
Si! Si! Deus!

07:13.350 --> 07:15.269
Deus! Si, aí o tes!

07:16.770 --> 07:21.650
Si, hostia! Si!

07:22.776 --> 07:23.861
Dálle, Alabama!

07:23.944 --> 07:27.239
Totalmente! Perdiches unha boa.

07:30.033 --> 07:31.368
- Ola.
- Ola.

07:34.204 --> 07:36.874
- Estás listo para México?
- Si.

07:36.957 --> 07:41.670
Escoita, vai saltar moita merda,
non podería nin explicarcho.

07:42.212 --> 07:44.089
Cando me deixes, mellor marcha.

07:44.173 --> 07:48.051
Así arramplas ti só co mezcal de Marco?
Nin de broma.

07:48.677 --> 07:50.596
Dígoo en serio. Vaise poñer feo.

07:53.307 --> 07:55.559
Lucy era a miña afillada, Reece.

07:57.102 --> 08:00.564
Atravesaría calquera cantidade de merda

08:01.398 --> 08:04.776
para que paguen eses fillos de puta.

08:08.739 --> 08:10.407
Benvido a Riley Air.

08:38.018 --> 08:40.145
Cazaches ese cervo en Wyoming?

08:40.229 --> 08:42.940
Cacei. O mamalón publicaba
toda a súa vida.

08:43.315 --> 08:45.067
Atopaches algo interesante?

08:45.400 --> 08:47.444
Tes un regalo do amigo invisible.

08:47.653 --> 08:48.737
Agora toca carbón?

08:49.029 --> 08:51.615
Ti dirás. Eu estarei voando.

08:52.741 --> 08:56.453
Terei algo cando aterres. Feliz caza!

09:06.338 --> 09:07.381
Estás listo?

10:07.107 --> 10:10.235
- Que ves?
- O tipo baleirou todo o cargador.

10:10.319 --> 10:11.945
Parece innecesario.

10:12.070 --> 10:15.407
O historial indica un tumor intracraneal.
É inestable.

10:15.490 --> 10:18.869
Sabe que o cristal desvía as balas.
Asegurouse de matalo.

10:19.036 --> 10:20.912
Inestabe? Non, experiencia.

10:20.996 --> 10:22.372
Si, experiencia ten.

10:22.831 --> 10:24.416
Oito misións de combate.

10:24.916 --> 10:26.960
Iraq, Afganistán, Libia...

10:27.336 --> 10:29.963
Estrela de Prata e varias de Bronce.

10:30.505 --> 10:33.592
Ata unha medalla de Distinción
con emblema ó valor.

10:37.387 --> 10:41.058
Non te involucres tanto.
Os voitres do norte xa andan roldando.

10:41.558 --> 10:44.102
- Os casos grandes sempre van a L. A.
- Xa.

10:44.853 --> 10:46.980
Talvez Ramsay se manteña firme.

10:47.481 --> 10:49.483
Dime unha soa vez que o fixera.

10:57.199 --> 10:59.284
Xefe, mexas contra o vento.

10:59.368 --> 11:01.578
Persecución implacable, Mac.

11:01.703 --> 11:03.163
Enténdoo, Terry.

11:03.413 --> 11:06.416
Non chega cun pase,
necesito un sitio na prensa.

11:06.500 --> 11:07.667
Pon o altofalante.

11:08.043 --> 11:11.129
Estaría encantado de seguir as ordes...

11:11.755 --> 11:13.799
Anthony Layun está aquí.

11:13.882 --> 11:17.260
É o novo xefe
da nosa Forza Especial de Fuxitivos.

11:17.511 --> 11:19.221
Coñezo a Tony. Como vai?

11:19.304 --> 11:22.391
Non ben, señor.
Entendo que quere roubarnos o caso.

11:22.474 --> 11:26.603
Ninguén rouba nada, vale?
Hai un cadáver. Estamos mellor equipados.

11:26.686 --> 11:30.482
Cando estabas en Chicago,
non levaba Milwaukee os casos grandes?

11:30.565 --> 11:32.943
En Milwaukee non sabían o que facían.

11:33.026 --> 11:35.320
- Mira, Tony...
- Hai cinco cadáveres.

11:35.445 --> 11:37.114
Só por iso, o caso é noso.

11:37.864 --> 11:41.410
Ou chamamos á central?
A ver que lles parece en Washington?

11:45.914 --> 11:49.126
Deptula, os enderezos
dos familiares sobreviventes

11:49.376 --> 11:52.462
e coñecidos.
20 anos de servizo. Unha lista longa.

11:52.546 --> 11:55.257
- Feito.
- Junior, imaxes das cámaras,

11:55.549 --> 11:59.594
- para recoñecemento facial.
- Xa temos unha coincidencia.

11:59.678 --> 12:01.972
James Reece non me importa.

12:02.055 --> 12:05.058
Quero saber quen estaba no coche con el.

12:07.644 --> 12:11.982
Nalgún lugar da rede de Capstone
hai un proxecto chamado RD4895.

12:12.065 --> 12:15.277
A rede ten máis
de 100 investimentos discrecionais.

12:15.652 --> 12:19.656
Reducinas a 27 empresas ligadas
directamente a valores do Pentágono

12:19.781 --> 12:21.992
ou a escenarios de conflito.

12:22.075 --> 12:25.370
Teño historiais clínicos dalgúns pelotóns.
Preciso máis.

12:25.579 --> 12:27.247
Debo acceder á información.

12:27.414 --> 12:28.582
Por que nós?

12:28.832 --> 12:30.876
É a historia das nosas vidas.

12:31.376 --> 12:35.255
Merece algo máis ca unha web con listas
e análises de videoxogos.

12:35.589 --> 12:38.884
- Envíame as pistas. Mirareino.
- Xa está, mira o correo.

12:39.342 --> 12:41.136
Subíronseche os fumes, non?

12:42.596 --> 12:45.515
Merda! Dille a Nathan
que preciso esas pistas.

12:45.599 --> 12:46.683
Katie.

13:01.531 --> 13:02.532
Ola?

13:06.077 --> 13:07.829
- Brian?
- Katie.

13:08.163 --> 13:11.875
Ola, rapaces! Ola, Deb!

13:11.958 --> 13:14.794
- Katie!
- Perdoade, o seguro non funcionaba.

13:14.878 --> 13:16.755
Que fas aquí?

13:16.880 --> 13:18.840
Non recibiches o correo?

13:18.924 --> 13:23.678
Regresei de Siria e este pareceume
un bo sitio para volver.

13:25.514 --> 13:27.140
Xa, si...

13:28.391 --> 13:30.352
Non era a fin de semana seguinte?

13:30.519 --> 13:32.979
Que sorpresa! Podemos poñernos ó día.

13:33.063 --> 13:36.191
E pasar un tempo con Teddy cando esperte.

13:36.525 --> 13:39.027
Non, dou noxo. Non me duchei.

13:39.110 --> 13:42.155
Estou en chándal.
Dáme un segundo, volvo agora.

13:43.156 --> 13:44.074
Vale.

13:58.046 --> 14:01.758
Non lles vou mentir,
a situación non é para nada ideal.

14:02.300 --> 14:05.595
O novo orzamento do Pentágono
é un cambio de paradigma.

14:05.720 --> 14:08.682
Hai recortes e redistribucións
en tódolos sectores.

14:09.349 --> 14:14.062
Se se confirma, o noso contrato
remataría en 18 meses, sen renovación.

14:15.522 --> 14:19.192
Elias Ryberg pospuxo a súa visita,
polo que asumo que nos ve

14:19.276 --> 14:21.611
coma un investimento arriscado.

14:22.946 --> 14:27.409
Aínda así, Capstone recoméndalle
á xunta de Nubellum que sexa paciente

14:27.993 --> 14:29.536
e persiga a venda.

14:30.620 --> 14:32.789
Coñécenme, coñecen os meus valores.

14:33.123 --> 14:35.834
Se digo que está xestionado, é que o está.

14:35.917 --> 14:39.462
Tes idea do humillante que foi
o de Santa Bárbara?

14:40.046 --> 14:41.673
O cadáver do vicepresidente

14:41.756 --> 14:44.426
levado pola policía cunha agulla no brazo.

14:44.509 --> 14:46.970
Ryberg estaba alí, Steve. Viuno.

14:47.512 --> 14:52.392
Así que descúlpanos se a nosa fe
no teu xuízo se viu algo afectada.

14:52.475 --> 14:55.020
Elias xa tería marchado.
Só está tenteando.

14:55.103 --> 14:59.107
E en canto a Washington,
é unha máquina dinámica, pero predicible.

14:59.316 --> 15:01.359
Só hai que saber a quen chamar.

15:01.443 --> 15:03.778
Nubellum non quería investir na guerra.

15:03.862 --> 15:06.573
Seguinte neste camiño porque me apoiaches

15:06.656 --> 15:11.494
cando o necesitei, e calei a boca
cando quixeches vender, porque...

15:12.662 --> 15:16.541
Había moitos beneficios,
pero non vou vender o meu negocio

15:16.916 --> 15:18.293
por catro cadelas.

15:18.376 --> 15:22.797
E non seguirei desenvolvendo
os teus proxectos se non hai mercado.

15:23.173 --> 15:25.300
Sempre hai mercado para o noso.

15:27.260 --> 15:28.470
Iso xa o veremos.

15:28.553 --> 15:31.431
O orzamento chega ó subcomité nuns días.

15:31.556 --> 15:34.601
Ata entón,
boa sorte coa busca dun vicepresidente.

16:18.770 --> 16:22.148
Pon o cinto, princesiña.
Comezamos o descenso.

17:12.949 --> 17:14.492
Xa chegamos.

17:18.538 --> 17:22.584
Carlos, Alex! Como estades, rapaces?

17:24.961 --> 17:26.838
Esta maleta lévoa eu.

17:30.800 --> 17:31.843
Grazas.

17:34.012 --> 17:37.474
- Que bo terte aquí, mijo.
- Que bo volver. Ola, Paola.

17:37.557 --> 17:39.601
- Alégrame verte.
- O mesmo digo.

17:42.729 --> 17:44.022
Como foi a viaxe?

17:44.230 --> 17:47.233
Fantástica. Ceos despexados e mai tais.

17:47.442 --> 17:51.196
Que non te engane,
segue voando coma se estivese en Najaf.

17:51.696 --> 17:54.824
Veña, que empece a festa.
Pídome a casa da piscina.

17:54.908 --> 17:56.826
- Vamos.
- Veña.

18:04.959 --> 18:08.087
Teu pai viña a Baixa California
nos momentos críticos.

18:09.214 --> 18:11.257
Traía o mesmo xesto.

18:12.634 --> 18:13.676
E?

18:16.346 --> 18:19.015
Marchaba cos propósitos renovados.

18:19.974 --> 18:21.142
Ti tamén o farás.

18:23.561 --> 18:25.063
Grazas. Vale.

18:27.065 --> 18:29.984
As cámaras de tráfico
gravaron o dos Ánxeles.

18:30.068 --> 18:31.945
E o axente do NCIS que morreu?

18:32.111 --> 18:33.947
A do piso recoñeceu a Reece.

18:34.072 --> 18:36.366
Dixo que foi cun nome falso.

18:37.742 --> 18:40.912
Se había dúbidas sobre Reece
e o da súa familia,

18:41.246 --> 18:42.539
xa non hai ningunha.

18:42.747 --> 18:44.290
Chegamos tarde, Rich.

18:46.876 --> 18:48.461
- Senador Pryor.
- Adiante.

18:48.920 --> 18:50.922
Temos tránsfugas no comité.

18:51.089 --> 18:55.134
- Quen?
- Holbrooke. Tamén Conviser.

18:55.593 --> 18:57.095
Convenceunos alguén?

18:57.345 --> 19:00.098
Sexa quen sexa, van ó calado.

19:00.181 --> 19:03.768
O teu novo orzamento
está pechando moitas billas.

19:05.019 --> 19:07.021
Entón onde nos deixa isto?

19:07.772 --> 19:09.399
Non temos marxe.

19:09.941 --> 19:13.027
Se perdes un só voto,
adeus ós teus recortes.

19:13.486 --> 19:15.196
Polo menos habería beneficio.

19:15.655 --> 19:18.491
En que mundo promovemos unha resolución

19:18.575 --> 19:21.160
e perdemos o tempo cando volve da Cámara?

19:21.244 --> 19:23.037
James Reece era un home bo.

19:23.162 --> 19:27.333
Regalounos case toda a súa vida adulta
e volveu con problemas.

19:27.917 --> 19:31.004
Non atoparemos unha resolución nas marxes.

19:31.212 --> 19:35.300
Necesitamos un cambio,
non unha reconciliación, necesitamos...

19:43.641 --> 19:45.226
Que televisen a vista.

19:45.393 --> 19:48.104
Señora, é un comité a porta pechada.

19:48.187 --> 19:50.773
Pois abrirémola para a votación final.

19:51.399 --> 19:53.902
Que conste en acta que senadores prefiren

19:53.985 --> 19:57.488
os intereses especiais
ós soldados especiais.

20:00.491 --> 20:02.994
Gustaríame ver como defenden iso.

20:11.669 --> 20:16.090
Bendícenos, Señor, e estes regalos
que estamos a punto de recibir

20:16.215 --> 20:19.928
a través da túa xenerosidade.
Por Cristo, o noso Señor. Amén.

20:20.845 --> 20:23.306
- Amén.
- Amén.

20:24.349 --> 20:28.770
Marco, Paola, grazas.
Esta vez superástesvos.

20:28.853 --> 20:30.939
E mañá faremos barbacoa.

20:31.564 --> 20:35.151
Cando temos un tirador coma Reece,
poñémolo a traballar.

20:35.234 --> 20:37.695
Non necesitas que che cace un carneiro.

20:37.779 --> 20:41.491
O meu vello dicía que aprendera máis
sobre distancias con Marco

20:41.574 --> 20:42.742
que na academia.

20:42.825 --> 20:45.453
Thomas sempre daba demasiados eloxios.

20:45.536 --> 20:48.373
Estamos a falar do mesmo Tom Reece?

20:50.041 --> 20:52.543
Non importa cantas veces veña aquí,

20:52.627 --> 20:54.796
sempre esquezo o fermoso que é.

20:55.004 --> 20:59.884
Meu Deus. Creo que a última vez
foi polo meu aniversario.

21:05.473 --> 21:09.811
Lembro que as rapazas colleron vagalumes
nun bote, alí onda as árbores.

21:12.146 --> 21:16.109
Si. A hacienda é sagrada para nós.

21:17.110 --> 21:20.405
Un santuario afastado do caos externo.

21:22.615 --> 21:26.619
Pásame o aguachile, queres? Grazas.

21:29.038 --> 21:33.001
Señor Reece, díxenlle a miña nai
que quería ir ó funeral.

21:33.126 --> 21:34.168
Antonia.

21:35.128 --> 21:38.589
Se soubera que Lucy estaba enferma,
mandaríalle unha carta.

21:40.717 --> 21:44.595
Teríalle gustado, meu ben.
Teríalle gustado moito.

21:49.434 --> 21:51.853
James, síntoo.

21:52.812 --> 21:53.855
Si...

21:55.231 --> 22:00.194
Polo anfitrión, que puxo a bebida,
e pola terra, que puxo a comida.

22:01.863 --> 22:02.989
Pola familia.

22:04.657 --> 22:05.783
Pola familia!

22:10.496 --> 22:11.748
Saúde, meu amor.

22:20.840 --> 22:22.675
Teño unha pregunta.

22:23.134 --> 22:27.013
Que teño que facer para roubarte
do rancho de Paul?

22:29.640 --> 22:32.018
Non sei. En canto a xefes,

22:32.101 --> 22:34.604
o que máis valoro é a súa ausencia.

22:38.024 --> 22:40.943
Vaia! Que bonitas son, verdade?

22:41.027 --> 22:42.987
Mamá, imos ensinarllo a papá.

22:43.529 --> 22:45.615
...eu tampouco quero tanto.

22:45.698 --> 22:48.117
Pero á parte diso, gáñaslles sen dúbida.

22:48.618 --> 22:50.203
É bo oílo.

23:06.302 --> 23:07.303
MENSAXE DE REECE

23:08.221 --> 23:13.768
NOVIDADES CO RD4895?

23:21.359 --> 23:24.487
CREO QUE HABÍA MÁIS TUMORES
NO PELOTÓN. INVESTIGO.

23:39.669 --> 23:40.545
Ola.

23:41.170 --> 23:45.341
Ola, podo axudar a fregar.
Quería pillar o solpor.

23:48.219 --> 23:49.637
Metícheste en problemas?

23:49.720 --> 23:51.430
Non, Brian. Que dis?

23:51.681 --> 23:53.266
Vin os teus papeis arriba.

23:54.851 --> 23:59.480
Só é unha reportaxe.
Só necesito un par de días.

24:15.037 --> 24:21.043
ONDE ESTÁS?

24:27.633 --> 24:29.468
Pensei que quererías unha copa.

24:32.346 --> 24:33.931
Sempre me liches a mente.

24:38.019 --> 24:39.103
- Saúde.
- Saúde.

24:46.694 --> 24:47.820
Chamou Ben.

24:50.239 --> 24:53.910
Rastrexou o pago do móbil do teu home
a un banco en Ensenada.

24:53.993 --> 24:55.661
Teño os meus homes no caso.

25:04.086 --> 25:05.922
Non deixo de preguntarme...

25:09.091 --> 25:13.012
"Cal é o seu propósito? Cal é o seu plan?

25:13.304 --> 25:18.976
Que visión podería ter
para que ti fagas isto?"

25:21.854 --> 25:26.776
Penso na parábola de Xob
e pregúntome, se, talvez,

25:28.277 --> 25:31.572
isto é alguna aposta co Demo,

25:33.241 --> 25:35.076
para ver se poden destruírte.

25:43.876 --> 25:45.336
Nunca destruíron a Xob.

25:50.091 --> 25:52.635
Pero comigo están cerca de carallo.

26:37.847 --> 26:42.101
Lucy, espera! Lucy, volve aquí!

26:48.274 --> 26:50.609
Pensei que terías negocios en Ensenada.

26:50.693 --> 26:54.363
Quero dicir, despois de ter a conta,
era cuestión de tempo.

26:54.447 --> 26:55.614
James.

26:56.532 --> 26:58.617
Ola, meu rei! Vaia!

26:59.160 --> 27:03.164
Fóiseche a cabeza
e décheste unha paliza pola noite?

27:03.414 --> 27:04.790
Cando chegaches?

27:05.374 --> 27:07.710
Hai 30 minutos. Teño dous días libres.

27:08.210 --> 27:12.340
Pensabas que che ía deixar
acabares ti só co tipo ese?

27:12.506 --> 27:13.507
Acabar con el?

27:13.758 --> 27:15.384
Marco está actualizándonos.

27:16.052 --> 27:16.969
É verdade.

27:17.053 --> 27:21.390
O meu xefe de seguridade cre que atopou
o asasino de Lauren e Lucy.

27:27.396 --> 27:29.565
- Bo día.
- Bo día.

27:32.026 --> 27:34.862
Poderías deixarme o coche?
Quería ir por un café.

27:35.154 --> 27:37.865
Xa vou eu. Brian e Teddy están na praia.

27:38.157 --> 27:40.117
- Queres ir?
- Estás de vacacións.

27:40.201 --> 27:42.370
Dime que che apetece e invito eu.

27:42.453 --> 27:45.289
Dous cafés con leite.
As chaves están na entrada.

27:45.373 --> 27:46.415
Grazas.

28:04.183 --> 28:05.434
Katie Buranek?

28:17.696 --> 28:19.490
Lin sobre vostede, Buranek.

28:20.616 --> 28:23.744
Portland, Kenosha, provincia de Hubei...

28:24.745 --> 28:27.123
Ten fama de nadar entre tiburóns.

28:27.206 --> 28:30.042
É a mellor forma de ver
debaixo da superficie.

28:31.627 --> 28:32.628
Que riquiña.

28:34.713 --> 28:36.006
E James Reece?

28:36.799 --> 28:38.509
- Non sei.
- Non a creo.

28:38.592 --> 28:39.593
Vale.

28:40.928 --> 28:44.265
Baseándome no seu traballo,
parece intelixente.

28:44.432 --> 28:46.684
Quere ser cómplice de asasinato?

28:46.767 --> 28:48.727
Asasinato? Foi defensa propia.

28:48.811 --> 28:50.396
Non falo dos Ánxeles.

28:50.479 --> 28:52.690
James Reece non matou a súa familia.

28:53.691 --> 28:55.526
Que tal se fala con Saul Agnon?

28:55.609 --> 29:00.030
Pregúntelle como Capstone enfermou
un pelotón de SEAL con tumores cerebrais.

29:00.156 --> 29:01.490
A historia é esa.

29:02.032 --> 29:05.286
Encantaríame falar con Saul Agnon,
pero está morto.

29:06.829 --> 29:08.038
Chamei a xente.

29:08.456 --> 29:11.000
Agnon morreu de sobredose
en Santa Bárbara,

29:11.292 --> 29:13.294
tras ir vostede con Reece a L. A.

29:13.711 --> 29:15.588
Tiña unha agulla no brazo.

29:15.671 --> 29:19.091
Non tiña historial de consumo de opioides.
Curioso, non?

29:20.509 --> 29:22.511
E o axente do NCIS, Josh Holder,

29:23.179 --> 29:25.598
un disparo na cabeza coa pistola doutro

29:25.681 --> 29:29.894
a noite antes de que Reece fuxira,
xa sabe, tampouco é moi normal.

29:40.696 --> 29:42.865
Ten unha exclusiva, enténdoo.

29:46.118 --> 29:49.205
Pero non creo que queira ver
a ninguén máis morto.

29:50.539 --> 29:54.335
E estou seguro de que non quere
ser acusada dun crime.

30:03.344 --> 30:05.804
Non sei onde está, non sei.

30:08.766 --> 30:13.020
Pero se o descubro, avisareino.

30:14.480 --> 30:16.023
Iso é, señorita Buranek.

30:25.658 --> 30:27.117
Goce o tempo en familia.

31:17.084 --> 31:18.460
Podo axudarlles?

31:26.510 --> 31:27.845
Que é todo isto?

31:29.430 --> 31:30.347
Imos falar.

31:31.307 --> 31:33.767
Coñeces a batalla de Messines?

31:34.226 --> 31:35.394
Non.

31:35.811 --> 31:39.732
Guerra Mundial. Británicos e alemáns
están estancados en Flandres.

31:40.858 --> 31:45.029
Temos o xeneral Plumer no lado inglés,
un tipo con moita paciencia.

31:45.362 --> 31:49.783
Pasou cinco meses escavando 8000 metros
de túneles baixo liñas inimigas.

31:49.867 --> 31:54.997
Encheunos de 250 quilos de explosivos
e un día, pam!

31:56.915 --> 32:00.127
A explosión mata 10 000 alemáns.
Fin do estancamento.

32:02.838 --> 32:04.798
Os teutóns nin o viron vir.

32:04.882 --> 32:08.052
Fascinante. Que cona facemos aquí, Steve?

32:09.011 --> 32:11.764
Traballei moito
para cruzar a liña inimiga.

32:12.806 --> 32:13.807
Traballaches.

32:14.391 --> 32:17.603
Os dous sabemos que nun ano
Hartley estará retirada.

32:17.686 --> 32:19.104
Ninguén a estrañará.

32:19.271 --> 32:23.942
Agora tes que decidir se queres ser
unha ligazón vermella na súa Wikipedia

32:24.568 --> 32:25.903
ou o seu herdeiro.

32:26.362 --> 32:28.864
O trato era por información.

32:28.947 --> 32:30.074
Iso é.

32:30.949 --> 32:34.203
Agora cambio o trato
para protexer o meu investimento.

32:34.286 --> 32:36.997
- O orzamento ameázame.
- Decidíronse os votos.

32:37.164 --> 32:38.207
O de Pryor non.

32:41.377 --> 32:45.589
Pryor? El é o que esixiu
este tipo de reforma dual.

32:45.881 --> 32:47.633
Non che pido que o convenzas.

32:49.718 --> 32:51.261
Simplemente tráemo.

32:59.395 --> 33:04.817
Isto vai ser moi bo para ti, Richard.
Só que aínda non o sabes.

33:23.711 --> 33:26.714
Navajas e a súa banda
traballan para varios cárteis.

33:26.797 --> 33:30.676
É violento, ambicioso.
Mataría a calquera polo prezo xusto.

33:30.926 --> 33:32.428
Seguro que é el?

33:32.511 --> 33:34.680
Segundo as fontes, hai tres semanas,

33:34.763 --> 33:38.475
Navajas e un teniente marcharon da base.
Só volveu Navajas.

33:38.934 --> 33:41.270
Cunha ferida no antebrazo esquerdo.

33:48.569 --> 33:49.570
É el.

33:51.155 --> 33:56.910
Navajas e os seus forman sicarios novos
nunha vella fábrica ás aforas de Ensenada.

33:56.994 --> 34:00.122
- Cantos son?
- Ás veces 12. Ás veces máis.

34:00.831 --> 34:02.875
Sen contar os mozos que forman.

34:02.958 --> 34:06.503
Vai vir unha tormenta,
daranos o agocho que precisamos.

34:06.587 --> 34:10.132
Os outeiros ofrecen unha visión
de 200 metros dende aquí.

34:10.549 --> 34:14.052
Espreitas e agardas.
Un dos tiros máis fáciles da túa vida.

34:14.136 --> 34:15.262
Non.

34:15.679 --> 34:18.348
- James?
- Non me vale un disparo.

34:18.474 --> 34:20.058
Tes liña de visión clara.

34:20.142 --> 34:22.227
Aarón era das Forzas Especiais.

34:23.437 --> 34:24.813
A súa táctica é boa.

34:24.897 --> 34:28.150
Non a cuestiono, Aarón.
Non é un tema táctico.

34:28.233 --> 34:30.360
Temos que entrar. Ter contacto.

34:30.694 --> 34:33.405
Ir cara a cara por el. Só funcionará así.

34:36.492 --> 34:38.494
Podo falar contigo un segundo?

34:46.543 --> 34:48.045
Escoita, enténdoo, cona.

34:48.504 --> 34:51.715
Quero desangrar tanto coma ti
a ese fillo de puta.

34:52.591 --> 34:53.842
Pero este tipo?

34:54.635 --> 34:57.221
Non nos leva ós peixes gordos, irmán.

34:57.638 --> 34:59.014
Steve Horn si.

34:59.556 --> 35:01.892
Fai o puto disparo e volve ó norte.

35:04.311 --> 35:08.482
Cando foi por elas,
Lauren cubriu a Lucy co seu corpo.

35:09.441 --> 35:10.901
Contáracho?

35:11.026 --> 35:15.531
Nos últimos momentos, Lucy viu a súa nai
berrando, chorando e cubríndoa

35:15.697 --> 35:17.574
mentres Navajas as desprezaba.

35:21.411 --> 35:25.249
Quero que saiba quen vai tras el.
Non funcionará doutro xeito.

35:35.217 --> 35:36.385
Vale.

35:39.680 --> 35:41.014
Vale, veña.

35:51.650 --> 35:54.570
Non podemos arriscar
a vida dos teus homes.

35:54.653 --> 35:56.572
Encargámonos nós. Ben e eu.

35:56.780 --> 35:57.781
Non.

35:58.824 --> 36:01.952
É unha oportunidade
de borrar todo este mal do mapa.

36:03.370 --> 36:07.249
É o correcto. Farémoslle un favor ó mundo.

36:11.628 --> 36:12.629
Está ben...

36:14.548 --> 36:18.135
Recibimos apoio dende arriba. Norte e sur.

36:20.178 --> 36:21.305
Reece.

36:22.097 --> 36:23.348
Nada, estou ben.

36:26.101 --> 36:29.313
Os demais achéganse a pé.

36:30.230 --> 36:31.481
Reece?

36:31.607 --> 36:33.275
Non é nada, estou ben.

36:39.239 --> 36:43.493
Segundo a súa cronoloxía,
parece que o tumor medra moi axiña.

36:43.577 --> 36:47.456
Se é un glioblastoma, son malas novas.
Á parte de infrecuente.

36:48.206 --> 36:51.501
- Non podo estar seguro sen...
- Sen biopsia, xa o sei.

36:52.336 --> 36:54.922
Hai cirurxiáns bárbaros
en Cidade de México.

36:55.547 --> 37:00.344
Co plan axeitado, podería recuperar
a súa vida en seis ou nove meses.

37:02.888 --> 37:04.473
Que outras opcións teño?

37:07.768 --> 37:10.228
Sufrimento. Morte, supoño.

37:22.824 --> 37:25.494
E algo para controlar os síntomas?

37:26.536 --> 37:29.414
Os corticoesteroides reducen o inchazo.

37:29.498 --> 37:34.419
Propranolol, topiramato.
Axudan cos tremores e xaquecas.

37:36.630 --> 37:38.173
Non curará con menciñas.

37:45.681 --> 37:48.266
- Tiñas que dicírnolo.
- Como ía sabelo?

37:48.350 --> 37:50.852
Unha merda. Pregúntalle.

37:59.361 --> 38:03.991
Mira, irmán,
o que fagas co teu corpo é cousa túa.

38:06.952 --> 38:09.329
Non te culpo por querer ocultalo.

38:09.871 --> 38:12.082
Enténdoo. Quen son eu para xulgar?

38:13.542 --> 38:15.210
Só teño unha pregunta...

38:17.004 --> 38:18.547
Podes actuar?

38:20.007 --> 38:22.217
Aarón pode acabar o traballo, James.

38:24.177 --> 38:27.305
Tráeche o Navajas en anacos se llo pides.

38:31.268 --> 38:35.147
Que farías ti? Se fosen Paola e Antonia.

38:36.189 --> 38:38.400
Non quererías miralo ós ollos?

38:44.573 --> 38:46.158
Non teño nada.

38:49.202 --> 38:51.580
Non teño nada que perder, só isto.

38:55.625 --> 38:57.544
Arrincoumo todo.

38:59.296 --> 39:03.091
Vale, avisarei a Aarón.

39:59.481 --> 40:01.817
Non sei como segues en pé.

40:02.651 --> 40:05.153
Se fose eu, estaría sumida na escuridade.

40:07.906 --> 40:11.034
Hai xente que merece esa escuridade
máis ca min.

40:20.293 --> 40:24.339
Sabes que ti, Lauren, Lucy,

40:25.465 --> 40:26.967
para nós sodes familia.

40:29.594 --> 40:32.264
Despois de mañá, se sobrevives,

40:33.598 --> 40:34.975
por favor, non volvas.

40:35.851 --> 40:38.103
Non che importa morrer por vinganza,

40:38.979 --> 40:42.232
pero non deberías ter involucrado
os teus amigos.

42:24.584 --> 42:26.920
Alejandro. Onde estás, vato?

42:29.547 --> 42:30.674
Alejandro?

42:31.716 --> 42:35.345
Manuel, Gerardo. Alejandro non responde.
Imos ver que pasa.

42:40.016 --> 42:42.769
Catro sicarios diríxense á zona letal.

42:42.852 --> 42:43.812
Doce metros.

42:46.147 --> 42:47.232
Seis metros.

42:48.400 --> 42:49.567
Tres metros.

43:05.917 --> 43:07.502
- Listos.
- Movédevos.

43:14.843 --> 43:19.556
- Coidado, no tellado!
- Vamos, para alá!

43:19.639 --> 43:20.724
Granada!

43:23.184 --> 43:24.769
Veña, para alá!

43:39.993 --> 43:41.077
Merda!

43:41.244 --> 43:42.287
Rápido, dálle!

43:42.370 --> 43:43.330
Parede!

44:06.770 --> 44:07.687
Merda!

44:07.812 --> 44:10.482
Dáme fogo de contención
no edificio dous. Xa!

44:20.367 --> 44:24.162
- Comproba se é o noso home.
- Recargando.

44:24.245 --> 44:26.289
- Non.
- Canto tempo necesitas?

44:26.748 --> 44:27.791
Dez segundos.

44:34.381 --> 44:35.632
- Listo.
- Movémonos.

44:50.605 --> 44:56.236
Para aí ou mato a este puto neno!

44:59.989 --> 45:01.366
Calma! Calma!

45:01.491 --> 45:02.617
Ben?

45:05.328 --> 45:06.579
Sae de aí!

45:17.257 --> 45:18.591
Onde está o Navajas?

45:19.008 --> 45:20.135
Non sei.

45:22.637 --> 45:24.806
Xa escondo eu os nenos. Lisca!

45:26.933 --> 45:31.104
Veña, nenos. Vamos, neniños.

45:41.114 --> 45:43.450
Ese é Navajas! É meu, bloqueádeo.

45:47.287 --> 45:48.913
Furgoneta azul. Lume!

45:51.458 --> 45:52.709
- Móvete.
- Vamos!

46:08.641 --> 46:09.642
Veña.

46:13.271 --> 46:14.272
Irmán, estás ben?

46:14.606 --> 46:16.316
Si! Espero aquí. Móvete.

46:39.130 --> 46:40.173
Que che dean!

47:33.560 --> 47:35.645
Tírao. Tírao!

48:20.231 --> 48:21.316
Sabes quen son?

48:24.527 --> 48:25.987
Que che dean, mariñeiro.

48:33.911 --> 48:35.580
Vaise poñer ben, papá?

48:50.428 --> 48:53.222
Non! Non!

49:48.444 --> 49:49.487
Camiña.

50:42.874 --> 50:44.167
Perdón, Brian.

50:48.045 --> 50:52.592
Síntoo, pensei que non iades estar aquí.

50:52.842 --> 50:55.970
Pensei que non ían estar aquí.

51:00.433 --> 51:04.270
Cando tiñas 17 anos, mamá sempre me dicía:

51:05.480 --> 51:10.193
"Non lle deas a túa enerxía.
Vaite deixar seco".

51:12.028 --> 51:15.823
Prometinme hai moito tempo
que deixaría de preocuparme por ti.

51:17.408 --> 51:21.454
Si, tamén me prometiches
non casar cunha loura, así que...

51:21.537 --> 51:24.749
Supoño que os dous nos defraudamos.

51:31.881 --> 51:37.261
Nós marchamos esta noite.
Pero podes quedar se queres.

51:40.765 --> 51:42.141
Non te merezo.

51:44.560 --> 51:46.979
- Xa o sei.
- Son parva.

51:50.107 --> 51:51.192
Es.

51:52.276 --> 51:53.444
E quérote.

51:58.157 --> 52:01.661
Isto é incrible! Meu Deus!

52:02.954 --> 52:03.955
Diga?

52:04.288 --> 52:05.873
A farmacéutica Nubellum.

52:06.123 --> 52:09.168
Steve Horn comprou accións de control
hai seis anos,

52:09.252 --> 52:12.588
cambiou todo o catálogo
a nootrópicos militares.

52:13.756 --> 52:15.383
Gran provedor de Defensa.

52:16.509 --> 52:19.011
Fornecen medicamentos ás seis divisións.

52:19.303 --> 52:23.891
E o mellor? Seica están a piques
de adquirir Nubellum

52:23.975 --> 52:25.560
por 70 000 millóns.

52:29.689 --> 52:32.358
- Katie?
- Grazas.

52:32.859 --> 52:34.527
Quero 10 000 palabras.

52:40.616 --> 52:41.659
Vai todo ben?

52:42.118 --> 52:45.246
Só era publicidade.
Queredes uns margaritas?

52:45.413 --> 52:46.539
Eu non, grazas.

52:47.748 --> 52:51.002
- Eu quero un, grazas.
- Vale, agora veño.

52:51.294 --> 52:52.336
De nada.

53:00.261 --> 53:02.513
CEO DE NUBELLUM CAMBIA CARA Ó MILITAR

53:52.480 --> 53:53.731
Pois tiñas razón.

53:55.191 --> 53:56.776
Sempre a teño, Junior.

53:59.362 --> 54:01.864
Mac. Si, xa arrancou.

54:04.033 --> 54:07.161
Reecer. Isto é todo
o que atopei sobre Steve Horn.

54:09.038 --> 54:11.415
Quero saber exactamente que che fixo.

54:16.963 --> 54:18.214
Non podes vir?

54:18.297 --> 54:20.967
Oxalá, pero xa me están preguntando
de máis

54:21.050 --> 54:23.052
polos meus horarios irregulares.

54:23.219 --> 54:25.096
Eu teríate botado hai anos.

54:25.179 --> 54:28.432
Pero en serio,
vixíalle as costas a este home.

54:44.407 --> 54:45.533
Agora vou.

54:51.414 --> 54:54.875
Non gasto diñeiro no avión,
pero contribúo así á caza.

54:54.959 --> 54:58.212
Marco, xa fixeches abondo. Grazas.

55:07.763 --> 55:10.558
Cazou as mellores pezas neste rancho.

55:10.641 --> 55:12.643
Creo que é a onde pertence.

55:13.477 --> 55:17.690
Era de teu pai. Non podo aceptalo.

55:18.983 --> 55:21.527
E se mo gardas ata que volva?

55:29.702 --> 55:30.745
James.

55:39.378 --> 55:40.796
Antonia.

55:43.299 --> 55:45.468
- Paola.
- James.

55:46.969 --> 55:48.971
- Coida deles.
- Claro.

55:50.806 --> 55:52.475
Que Deus te acompañe, mijo.

55:54.560 --> 55:55.770
A ti tamén, tío.

56:01.776 --> 56:03.194
Aí tes. Unha máis.

57:28.112 --> 57:32.658
EN MEMORIA DE ARTURO MORENO
1980-2022

59:14.969 --> 59:16.971
Subtítulos: Abraham Díaz López
