WEBVTT

01:30.548 --> 01:34.803
Señor Creasy! Que inesperada sorpresa!

01:34.886 --> 01:37.806
Hai tanto tempo
que pensei que te retiraras.

01:37.889 --> 01:40.100
Tamén o pensei eu de ti.

01:40.850 --> 01:45.313
Preciso traslados e documentación
para un grupo pequeno.

01:45.396 --> 01:46.314
Onde?

01:46.397 --> 01:47.649
No Río de Xaneiro.

01:47.732 --> 01:53.154
Teño unha argallada montada,
pero só me vai levar uns días.

02:04.874 --> 02:06.626
- Bo día.
- Bo día.

02:14.050 --> 02:16.136
Benvido, señor Cannaberata.

02:25.895 --> 02:26.855
PASAPORTE

02:30.233 --> 02:32.861
- Señor Salters?
- Si.

02:32.944 --> 02:35.405
Un pracer recibilo, señor Davis.

02:36.614 --> 02:39.617
Estou axudando unha vítima
de violencia doméstica.

02:42.245 --> 02:43.913
- Señor Johnson.
- Si.

02:46.207 --> 02:51.296
E doulle o dobre
se me notifica inmediatamente…

02:51.379 --> 02:54.174
…se vén alguén preguntando por nós.

02:55.884 --> 02:56.718
Moi ben.

02:57.302 --> 03:00.930
Hai tempo que non vou polo Río,
pero se cadra anímome,

03:01.431 --> 03:03.099
pola tarifa habitual.

03:03.600 --> 03:07.812
Pero non creo que só me chames
para que te saque dun lugar

03:07.896 --> 03:09.230
logo de tanto tempo.

03:09.731 --> 03:12.275
Xa, é só unha parte do choio.

03:13.193 --> 03:14.611
E a outra parte?

03:15.111 --> 03:17.280
Meterme na prisión brasileira

03:17.363 --> 03:20.116
onde está
un dos maiores terroristas do país.

03:21.409 --> 03:22.493
Contra.

03:22.994 --> 03:26.206
Iso xa me chama máis.

03:27.749 --> 03:31.127
Moi ben. Comezaremos polos traslados.

03:31.211 --> 03:32.378
A Portugal?

03:32.462 --> 03:33.922
Como que a Portugal?

03:34.005 --> 03:35.715
Por que fala de Portugal?

03:35.798 --> 03:38.468
- Xa cho explicarei.
- Non viñamos agocharnos?

03:38.551 --> 03:39.719
Imos estar a salvo?

03:39.802 --> 03:43.640
Porque o fulano tiña xente
agardando por nós nos Estados Unidos.

03:43.723 --> 03:45.058
Si, de verdade.

03:45.141 --> 03:46.684
Creasy, imos ter papeis?

03:46.768 --> 03:49.229
Quedamos en trasladarvos e iso vou facer.

03:49.812 --> 03:51.064
Trasladarnos?

03:52.065 --> 03:55.526
- Queres que marchemos do Brasil?
- Xa falaremos, filla.

03:55.610 --> 03:56.903
Eu non marcho.

03:56.986 --> 03:58.947
Fai o parvo e queda se queres,

03:59.030 --> 04:02.283
pero se vén alguén
pedirche información que non tes,

04:02.367 --> 04:04.827
xa che digo que non che vou poder axudar.

04:04.911 --> 04:08.289
Vós podédesme axudar a min
indo a un lugar seguro

04:08.373 --> 04:10.208
e deixándome traballar.

04:18.883 --> 04:19.884
Perdón.

04:23.137 --> 04:24.097
Desculpa.

04:44.742 --> 04:45.994
Si?

04:50.623 --> 04:51.624
Vale.

04:53.167 --> 04:55.086
Non, vale. Grazas por avisarme.

04:57.338 --> 04:58.298
Que?

04:58.381 --> 05:02.719
Era dun dos outros hoteis.
Xa nos andan a buscar.

05:03.720 --> 05:05.263
Por iso tedes que marchar.

05:10.268 --> 05:13.313
Seica se rexistrou, pero neste non está.

05:13.396 --> 05:17.150
Rexistrouse noutros dez con nomes falsos
e en dez máis co seu.

05:17.233 --> 05:18.818
Andará cambiando de hotel.

05:18.901 --> 05:21.904
Atopareino, pero vaime levar tempo.

05:31.914 --> 05:35.126
É raro, pero afíxenme totalmente
a que fagas iso.

05:36.753 --> 05:39.255
- Que fas?
- Tento entrar na súa conta.

05:39.339 --> 05:42.008
Non sei, para ler os nosos correos…

05:43.551 --> 05:44.510
ver as fotos.

05:58.775 --> 06:00.109
Se fixen algo…

06:00.610 --> 06:02.487
Non fixeches nada, Poe.

06:07.283 --> 06:09.243
Pois non me mandes a outro sitio.

06:10.119 --> 06:13.498
Para facer o que debo facer,
téñote que poñer a salvo.

06:13.581 --> 06:15.500
Perdino todo.

06:16.334 --> 06:20.046
Ou sexa…
Nin sequera dou entrado no seu ordenador.

06:22.382 --> 06:23.925
Só quero conservar algo.

06:25.760 --> 06:26.719
- Poe…
- Non.

06:28.429 --> 06:32.016
Non quero que me contestes agora, pero…

06:34.310 --> 06:36.020
Pero quero que o penses.

06:36.604 --> 06:38.523
Xa o pensei, Poe.

06:43.111 --> 06:44.487
E síntoo.

06:53.329 --> 06:54.872
Recibiron os cartos?

06:55.373 --> 06:56.582
Si.

06:56.666 --> 06:58.209
Téñenos os homes de Duda.

06:59.419 --> 07:01.045
Vou ir cobrar a miña parte.

07:02.880 --> 07:03.840
Moi ben.

07:04.507 --> 07:05.341
E Poe?

07:05.425 --> 07:06.717
Que lle pasa?

07:06.801 --> 07:09.053
Vala mandar con esa persoa?

07:09.137 --> 07:12.598
Ivan é dos mellores, ou o mellor.
Poe vai estar ben.

07:14.142 --> 07:15.226
Escoita.

07:16.561 --> 07:19.397
Cando me pasou a peor desgraza,
o que me salvou

07:20.189 --> 07:21.732
foi non estar soa.

07:22.233 --> 07:25.695
Tiña a miña familia,
os meus amigos, a miña filla.

07:26.821 --> 07:30.950
E sei que tes os teus motivos
para facer isto, si.

07:33.369 --> 07:35.788
Pero non podo deixar soa esa rapaza.

07:35.872 --> 07:36.873
Non podo.

07:40.668 --> 07:43.504
Por iso quero
que Poe veña comigo e con Marina.

07:43.588 --> 07:46.340
Ao menos ata que sexa seguro
que volva á casa.

07:46.424 --> 07:48.634
Vale.

07:55.975 --> 07:59.812
Sei que pensas
que distanciarte é o correcto…

07:59.896 --> 08:01.898
Mira, que te encariñases con Poe

08:02.398 --> 08:05.818
está ben, está xenial, é o que precisa.

08:06.444 --> 08:07.570
Eu non son así.

08:07.653 --> 08:09.155
Alá ti.

08:10.615 --> 08:11.824
É a túa decisión.

08:12.950 --> 08:14.076
Pero non un feito.

08:16.245 --> 08:17.079
Déixame aquí.

08:17.163 --> 08:20.708
- Pero dixeches que querías ir…
- Que me deixes aquí.

08:59.247 --> 09:01.207
Velaí o vai.

09:01.290 --> 09:02.750
Vamos!

09:44.083 --> 09:45.418
Polas molestias.

09:45.501 --> 09:46.711
Grazas.

09:48.421 --> 09:51.674
Lembras como eran
os que preguntaron por min?

09:53.009 --> 09:58.222
- Eran dous homes. Un máis forte…
- Melena. Barba. O outro baixo e calvo?

09:58.306 --> 10:00.308
Si. Coñéceos?

10:00.850 --> 10:04.103
Si, acabo de coñecelos.
Se volven, xa sabes que facer.

10:23.748 --> 10:24.624
Si?

10:24.707 --> 10:28.377
Señor Creasy, pediume que o avisase
se preguntaban por vostede.

10:28.461 --> 10:29.503
Cando foi?

10:29.587 --> 10:32.882
Agora mesmo.
De feito, deixaron unha carta.

10:33.549 --> 10:35.301
Ábraa, por favor.

10:35.384 --> 10:39.138
É un papel
cun número de teléfono e unha palabra.

10:40.306 --> 10:41.349
Unha palabra?

10:41.432 --> 10:42.516
Tappen.

10:53.778 --> 10:56.280
Perfecto.

11:12.505 --> 11:13.673
Ei, Beto.

11:18.094 --> 11:18.969
Ven.

11:21.138 --> 11:22.264
Aí está.

11:23.724 --> 11:24.850
Por fin.

11:25.434 --> 11:26.727
Xa fixeches algo.

11:27.228 --> 11:29.397
A torto ou a dereito.

11:30.022 --> 11:31.649
Veña, colle a túa parte.

11:35.528 --> 11:37.196
Pero non foi tan doado.

11:38.614 --> 11:41.450
Vico e os seus tiveron que intervir.

11:42.451 --> 11:44.495
O xusto é que leven unha parte.

11:48.958 --> 11:51.669
E vai saír da túa.

11:59.552 --> 12:00.386
Beto.

12:00.469 --> 12:02.304
Unha cousa, irmanciño.

12:03.597 --> 12:06.350
Unha cousa tiñas que facer,
e non a fixeches.

12:06.434 --> 12:08.144
- Beto.
- Coidar unha rapaza.

12:08.227 --> 12:09.645
- Tela nun sitio.
- Beto.

12:09.729 --> 12:12.440
- E dan o aviso e déixala fuxir?
- Para!

12:12.523 --> 12:14.316
- Merdento!
- Estás tolo!

12:15.067 --> 12:18.279
Para que serves?
Viviría máis tranquilo sen ti.

12:18.362 --> 12:21.907
- Langrán!
- Para, Beto!

12:23.826 --> 12:26.871
Toma, hostia, se tanto che importan.

12:28.539 --> 12:30.958
Verte quedar coma un paspán xa me vale.

12:47.349 --> 12:48.267
Vico!

12:52.438 --> 12:54.106
Dende cando pasa isto?

12:56.400 --> 12:57.359
Falas en serio?

12:57.443 --> 12:59.904
Nunca vexo a Beto e Livro non mo contou.

12:59.987 --> 13:02.031
Sabe que os acusóns non duran.

13:03.073 --> 13:06.410
- Vou falar con Beto.
- A favela está chea de Betos.

13:08.120 --> 13:09.330
Non é só el.

13:11.999 --> 13:13.167
E que fago?

13:15.169 --> 13:16.545
Quérelo saber?

13:47.701 --> 13:49.912
RASTREXADOR DE CHAMADAS

13:49.995 --> 13:50.830
Son Tappen.

13:50.913 --> 13:52.039
Que fas?

13:52.122 --> 13:53.123
Creasy.

13:53.207 --> 13:56.126
Pareceume mellor
deixarche un número de teléfono

13:56.210 --> 13:58.337
que andar xogando ao gato e o rato.

13:58.420 --> 14:00.464
Que raio fas no Brasil?

14:00.548 --> 14:03.133
Escoita. Coñézote dende hai moito.

14:03.217 --> 14:06.262
Todos cantan vitoria,
pero ti non volviches.

14:06.345 --> 14:11.225
Algo pasa. Sexa o que sexa,
quero axudarche a resolvelo.

14:11.308 --> 14:14.228
Agradézocho,
pero non me podes axudar con isto.

14:14.311 --> 14:16.897
Que leve tempo nun despacho

14:16.981 --> 14:19.567
non significa que non sexa útil na rúa.

14:19.650 --> 14:21.068
Non é por iso.

14:21.151 --> 14:22.486
Xa sei por que é.

14:22.570 --> 14:25.906
Coñézote mellor ca ninguén
e sei por que te retiraches.

14:26.407 --> 14:30.744
E, se volve pasar algo así
e quedas paralizado…

14:34.331 --> 14:35.624
Ou xa pasou?

14:36.500 --> 14:37.585
Xesús.

14:38.335 --> 14:40.087
Si que pasou, verdade?

14:41.589 --> 14:43.132
Librácheste polos pelos.

14:43.632 --> 14:46.594
Non tentes a sorte. Estou aquí.

14:47.595 --> 14:49.221
Oe, aproveita.

14:50.180 --> 14:51.599
Se lle pasa algo a Poe,

14:51.682 --> 14:54.810
nin ti nin eu nolo perdoaremos nunca.

14:56.270 --> 14:57.646
Téñoo controlado.

14:58.230 --> 14:59.273
Como?

14:59.356 --> 15:03.694
Volve para a casa, meu. Quéresme axudar?
Déixame facelo ao meu xeito.

15:03.777 --> 15:04.945
Como?

15:05.029 --> 15:06.113
Só.

15:15.080 --> 15:16.415
RASTREXADOR DE CHAMADA

15:16.498 --> 15:17.333
Xa te teño.

15:25.883 --> 15:27.384
- Ola, rula.
- Ola, mamá.

15:28.719 --> 15:29.803
Ola, Poe.

15:30.888 --> 15:34.058
Tranquila, convideino eu. Vén comigo.

15:34.141 --> 15:35.893
- Non pasa nada.
- Creasy!

15:35.976 --> 15:37.019
Ei!

15:37.102 --> 15:38.729
- Livro?
- Non! Ei!

15:38.812 --> 15:42.566
Ei, Creasy! Acouga.
Tróuxeno eu. Mírame. Tranquilízate.

15:43.192 --> 15:44.735
Calade todos!

15:46.570 --> 15:47.446
Acouga.

15:50.950 --> 15:52.618
Explícame isto xa.

15:52.701 --> 15:57.289
Cando fun cobrar a miña parte,
deime conta de que Vico che pode axudar.

15:57.373 --> 16:00.084
- Non me fai falla axuda.
- Escóitame.

16:00.167 --> 16:04.338
Vico metía droga nese cárcere. Para Duda.

16:05.172 --> 16:07.466
O seu contacto pode meterte e sacarte.

16:07.549 --> 16:09.259
- Levarate onda Ferraz.
- Non.

16:09.343 --> 16:11.553
- Por que?
- Por que nos ía axudar?

16:14.181 --> 16:18.435
Porque Livro corre perigo
e temos que sacalo da favela.

16:21.271 --> 16:22.314
Escoita.

16:25.067 --> 16:27.027
Quero levar a Livro comigo.

16:28.362 --> 16:29.947
Vico só quere axudar.

16:31.532 --> 16:33.033
Logo irá polo seu lado.

16:33.993 --> 16:35.035
Prométocho.

16:35.953 --> 16:37.997
Xa me ocupei do tema do cárcere.

16:38.080 --> 16:41.667
Meteres máis xente nisto complícao todo,
non o facilita.

16:43.002 --> 16:43.961
Seino.

16:45.754 --> 16:46.839
E síntoo.

16:49.216 --> 16:50.217
E o arroz?

16:52.261 --> 16:54.805
Perfecto. Vouno apagar.

17:02.229 --> 17:04.023
Estiveras nun sitio así?

17:05.065 --> 17:06.150
Non.

17:06.734 --> 17:08.360
Éche outro mundo.

17:12.448 --> 17:16.076
Unha vez ofrecéronme
ser garda de seguridade dun narco

17:16.160 --> 17:19.621
que tiña unha casa que era así, igualiña.

17:20.414 --> 17:22.041
Puiden ir vivir alí.

17:23.792 --> 17:25.127
E como non fuches?

17:31.133 --> 17:33.052
Lémbraste de miña irmá, Neusa?

17:35.429 --> 17:37.139
Era moi parecida a ti.

17:38.849 --> 17:40.768
Non estaba feita para a favela.

17:41.769 --> 17:43.687
Ao menos cun irmán coma min.

17:46.065 --> 17:47.733
Non a podía deixar soa.

17:50.069 --> 17:51.445
Tiña que saír de alí.

17:55.407 --> 17:57.826
Pero, cando o entendín, xa era tarde.

18:00.079 --> 18:01.789
Por que fas isto por min?

18:03.082 --> 18:05.709
Non o entendo. Sempre me trataches fatal.

18:07.753 --> 18:09.379
Xa cho dixen, Livro.

18:11.215 --> 18:13.008
Non son tan listo coma ti,

18:13.509 --> 18:15.928
pero non cometo o mesmo erro dúas veces.

18:22.768 --> 18:23.811
Vés?

18:27.481 --> 18:32.069
Non, aínda teño… que facer unhas cousas.

18:35.447 --> 18:40.244
Vinte facer e desfacer
esa mochila dúas veces.

18:42.079 --> 18:43.413
Debería preocuparme?

18:43.497 --> 18:47.126
Non. Petaron en dúas portas,
a terceira foi unha falsa alarma,

18:47.209 --> 18:49.670
así que todo segue en orde.

18:51.088 --> 18:52.631
Daquela por que non comes?

18:54.716 --> 18:55.926
Non…

18:57.010 --> 18:58.846
"Non…"

19:06.520 --> 19:12.651
Mira, o conto ese do cirurxián
de non tratar as persoas coma persoas

19:12.734 --> 19:15.904
para poder facer o teu traballo e tal…

19:17.239 --> 19:20.159
a min non me parece boa idea.

19:20.742 --> 19:23.287
- Non me digas.
- Si, a ver…

19:23.787 --> 19:26.123
Ti tes remorsos

19:26.206 --> 19:30.085
por te abrires con persoas
que logo perdiches.

19:32.462 --> 19:33.422
Pero…

19:34.673 --> 19:37.759
eu do que me arrepinto
é de non abrirme máis.

19:38.927 --> 19:41.638
E penso que iso é peor, a verdade.

19:44.183 --> 19:45.726
Mañá xa vas estar só.

19:47.603 --> 19:49.938
Hoxe non tes por que estalo.

19:51.315 --> 19:54.359
Podes estar aquí con todos nós.

19:56.945 --> 19:59.740
Pero, evidentemente, ti decides.

20:01.074 --> 20:02.201
Sabes que?

20:07.539 --> 20:10.626
Dixeches que teu pai
che ensinou defensa persoal

20:10.709 --> 20:12.502
e que che esqueceu.

20:13.003 --> 20:15.130
Se queres…

20:16.173 --> 20:18.467
ensínoche algunha cousa.

21:36.712 --> 21:38.130
Lembro unha vez…

21:39.798 --> 21:40.716
Que?

21:42.301 --> 21:43.593
A ver.

21:44.386 --> 21:46.805
É a historia do depósito de pneumáticos?

21:46.888 --> 21:49.433
Non. Contoucha?

21:49.516 --> 21:51.977
Ou a do xeneral calvo?

21:52.060 --> 21:54.646
Esa foi graciosa co tempo, daquela non.

21:54.730 --> 21:56.898
Ai, non. A miña favorita é

21:57.399 --> 22:00.027
a de cando desapareceu e o fuches buscar.

22:00.110 --> 22:04.156
No canto de recoller a pizza,
case dirixía a pizzería.

22:04.239 --> 22:07.701
Non soportaba que as cousas
non funcionasen á perfección.

22:07.784 --> 22:11.038
Imaxina que é o que revisa
se limpaches ben o cuarto.

22:11.121 --> 22:14.166
- Cres que a min non mo revisaba?
- En Dubai non.

22:15.000 --> 22:17.169
- Contoucho?
- Pois si.

22:17.753 --> 22:18.837
Cacháronte.

22:21.214 --> 22:24.634
Xa sabes todas as historias.
Para que as vou contar eu?

22:26.636 --> 22:28.180
Como as escoito se non?

23:29.741 --> 23:32.285
Si, estou no sitio dende o que chamou.

23:33.370 --> 23:36.289
Hai dous hoteis preto.
Seguro que está nun deles.

23:36.790 --> 23:39.209
Voume ocupar eu disto.

23:41.878 --> 23:45.173
Emborracháchelo onte á noite? Colocáchelo?

23:46.007 --> 23:48.343
Normalmente dorme ata o mediodía.

23:48.427 --> 23:49.970
Hoxe vai ser un zombi.

23:50.470 --> 23:54.391
Eu entro, ti falo saír e, ala, listo.

23:55.100 --> 23:56.852
- Despois liscamos.
- Non.

23:58.854 --> 23:59.938
Non, meu.

24:00.439 --> 24:02.023
Estás tolo, macho.

24:03.316 --> 24:06.820
Non ves que é unha tolaría? Mesmo para ti.

24:08.071 --> 24:09.614
Xa me amaño eu.

25:23.396 --> 25:24.231
Que foi?

26:02.644 --> 26:04.396
Onde carallo están as chaves?

26:09.192 --> 26:10.610
BETO, PASPÁN DO CARALLO.

26:10.694 --> 26:12.654
PENSABAS QUE NON O ÍA DESCUBRIR?

26:21.496 --> 26:25.166
VOU DIRECTO A CONTARLLO A DUDA, MEU.

26:26.835 --> 26:28.211
A puta que o pariu.

26:29.170 --> 26:30.255
Que pasa?

26:30.338 --> 26:33.258
Vico, que lle deu a neura.
Vou resolver o tema.

26:33.341 --> 26:34.342
- Un bico.
- Ven.

26:38.138 --> 26:39.222
Desvergoñada.

27:52.379 --> 27:54.839
Boa tarde. Que tal?

27:54.923 --> 27:56.007
Boa tarde.

27:56.508 --> 27:59.094
Axente Penner, de Secuestros da Interpol.

27:59.678 --> 28:03.139
Temos motivos para crer
que un dos hóspedes do hotel

28:03.223 --> 28:06.393
está involucrado
nunha operación de trata de menores.

28:07.811 --> 28:10.021
Se cadra rexistrouse cun nome falso.

28:11.773 --> 28:15.151
Igual lle ofreceu cartos
para que o avisase se o buscaban.

28:21.700 --> 28:22.701
Mire.

28:23.827 --> 28:28.039
Ou colabora ou pecho o puto hotel
e busco cuarto por cuarto.

28:29.624 --> 28:31.459
Isto foi hai un par de días.

28:41.803 --> 28:43.513
É a única vez que aparece?

28:43.596 --> 28:46.433
Si, e non hai ningunha imaxe da rapaza.

28:47.183 --> 28:48.601
Están no outro.

28:52.981 --> 28:54.899
Veña, arreando.

28:58.486 --> 28:59.738
Marina.

29:17.088 --> 29:18.548
Que número de cuarto?

30:06.846 --> 30:08.348
Vamos, veña.

30:11.559 --> 30:12.477
Que?

30:13.311 --> 30:14.979
Esquecín unha cousa.

30:15.063 --> 30:16.397
É importante?

30:16.481 --> 30:17.690
Moito.

30:20.652 --> 30:21.736
Vimos agora.

30:21.820 --> 30:23.780
- Agardámosvos no coche.
- Vamos.

32:37.914 --> 32:39.666
Para sacarte ímola armar.

32:39.749 --> 32:40.959
É un plan divertido.

32:41.042 --> 32:43.628
Mentiría se dixese que non me apetece.

32:44.295 --> 32:47.048
Agora ben, o problema é meterte dentro.

32:47.590 --> 32:49.342
Iso vainos levar máis tempo.

32:50.551 --> 32:51.678
Canto máis?

32:51.761 --> 32:54.639
Atopar xente que cumpra
igual me leva semanas.

32:57.809 --> 32:58.685
E el que?

32:58.768 --> 33:01.479
Seica ten un plan mellor
para entrar e saír.

33:02.146 --> 33:03.189
E pode ser xa.

33:03.272 --> 33:04.482
É sólido?

33:06.442 --> 33:07.735
Habémolo saber.

33:12.865 --> 33:14.784
Ola. Dime.

33:14.867 --> 33:16.035
Tradúceslle?

33:16.536 --> 33:17.787
Claro.

33:17.870 --> 33:19.372
Queren falar contigo.

33:21.916 --> 33:27.171
Cando teñas a Ferraz, vaste meter no…

33:32.176 --> 33:34.887
Vannos levar en helicóptero ao iate.

33:37.265 --> 33:39.684
Nunca pensei que ía oír esa frase.

34:24.270 --> 34:26.856
Sempre te vas asustar ao verme?

34:31.402 --> 34:33.446
Como non nos imos volver ver…

34:37.450 --> 34:39.619
Faranche falta para arrincar.

34:42.997 --> 34:45.041
Tiña algo máis do que pensaba.

34:45.708 --> 34:47.168
Beto vaise volver tolo.

34:47.668 --> 34:49.420
Beto xa está tolo.

34:50.004 --> 34:52.799
Polo menos,
agora si que vai investir no irmán.

34:57.178 --> 34:58.179
Vico.

35:01.057 --> 35:02.308
Non o vou esquecer.

35:05.478 --> 35:08.523
Seino. Lévalo marcado na pel.

35:17.198 --> 35:19.450
MANTEMENTO
DE PRISIÓNS

35:23.621 --> 35:25.915
Ola. Estás listo?

35:28.334 --> 35:29.335
Si.

35:31.921 --> 35:33.422
Estás seguro disto?

35:33.506 --> 35:35.633
Xa che dixen que Ivan é o mellor…

35:35.716 --> 35:37.802
Digo se estás seguro de quedar.

35:38.302 --> 35:40.388
Non vou quedar, só acabar con isto.

35:51.732 --> 35:52.650
Sorte.

36:09.834 --> 36:10.918
Voute estrañar.

36:13.337 --> 36:15.923
Sei que igual che parece pouca cousa,

36:16.883 --> 36:21.262
pero había moito tempo
que non lle dicía iso a ninguén.

36:27.393 --> 36:28.311
E…

36:30.354 --> 36:31.314
toma.

36:32.523 --> 36:36.527
É unha pistola eléctrica.
Por se esqueces o que che ensinei.

36:46.412 --> 36:47.830
Non cha dou…

36:50.124 --> 36:51.751
para que quedes con ela.

36:54.587 --> 36:56.756
Doucha para que ma devolvas.

37:47.014 --> 37:49.350
Mimá, por pouco o pillo.

37:53.688 --> 37:55.731
Agarda. Párao.

38:00.069 --> 38:03.322
O horario de visitas remata en 30 minutos.

38:11.622 --> 38:13.332
- Se pasa algo…
- Xa llo digo.

38:19.297 --> 38:20.715
Sen parvadas.

38:24.510 --> 38:27.430
Felipe di que Ferraz ten gardas propios.

38:28.222 --> 38:32.393
O único que pode facer
é levarte ata a cela.

38:33.144 --> 38:36.147
Se algo sae mal, estás só.

38:37.940 --> 38:41.152
Ata semella que queres convencerme
para que non o faga.

38:41.652 --> 38:46.449
Oxalá alguén me convencese
de non facer moitas cousas que fixen.

38:48.534 --> 38:49.952
Así que pode ser.

38:50.786 --> 38:52.913
Estarás aquí cando saia?

38:52.997 --> 38:56.042
Non lle podo cobrar a aposta
a Felipe se non estou.

38:56.834 --> 38:59.128
Quero saber que apostaches?

38:59.712 --> 39:00.588
Non.

39:36.123 --> 39:38.250
Andando. Bule, meu.

39:43.672 --> 39:45.758
Brazos arriba. Dá a volta.

39:45.841 --> 39:47.009
INSPECCIÓN INICIAL

39:47.093 --> 39:48.094
Entra.

39:48.594 --> 39:49.595
Brazos arriba.

39:56.352 --> 39:57.186
Veña.

40:14.662 --> 40:16.747
Rebobina un pouco.

40:19.208 --> 40:20.835
Vale, aí. Para.

40:21.335 --> 40:23.045
Pódela achegar?

40:23.546 --> 40:27.091
MATERIAL DE LIMPEZA

40:38.352 --> 40:41.981
POLICÍA DE PRISIÓNS

40:42.064 --> 40:43.774
A puta que o pariu.

40:44.817 --> 40:46.277
A puta que o pariu.

40:48.654 --> 40:50.281
Vai por Ferraz.

40:50.781 --> 40:54.702
Non, Ferraz.
Pechade todo. Pechádeo todo xa.

41:01.417 --> 41:04.503
Peche total. Volvede ás vosas celas.

41:05.921 --> 41:07.798
Todos ás celas!

42:02.853 --> 42:07.858
Subtítulos: Marina do Albardeiro
