WEBVTT

01:37.931 --> 01:40.683
- Situación?
- Punto de encontro asegurado.

01:40.767 --> 01:41.976
Nin rastro del.

01:45.688 --> 01:46.856
Agardade un pouco.

01:51.111 --> 01:51.986
Non o vemos.

01:52.695 --> 01:53.530
Despexado.

01:54.114 --> 01:55.615
Tampouco responde.

01:56.366 --> 01:57.450
Que facemos?

01:57.534 --> 01:59.119
Quedamos ou marchamos?

02:00.870 --> 02:02.163
Ídevos.

02:03.665 --> 02:05.625
- Suspendemos a misión.
- Merda.

02:06.709 --> 02:10.004
A ver, Creasy, onde raio estás?

02:18.054 --> 02:22.642
Os teus pais dixéronme que te leve.

02:23.476 --> 02:26.437
Hai homes malos na casa.

02:30.817 --> 02:33.862
Cuarto do pánico.

02:57.010 --> 02:57.969
Vamos.

02:59.053 --> 03:00.096
Para.

03:04.392 --> 03:05.727
Vamos.

03:11.149 --> 03:12.192
Mateus.

03:16.362 --> 03:17.780
Ao cuarto do pánico.

03:27.707 --> 03:29.292
Ven, Luana.

03:34.756 --> 03:36.132
Quietiño aí.

03:36.216 --> 03:37.717
Quieto aí.

03:39.510 --> 03:41.679
Papá? Mamá?

03:42.388 --> 03:43.723
Pecha a porta.

03:49.270 --> 03:51.648
Osmar! Agarda! Non! Abre a porta!

03:54.108 --> 03:55.318
Abre a puta porta!

03:55.902 --> 03:56.903
Mamá?

04:01.991 --> 04:03.618
Merda. Non contesta.

04:06.329 --> 04:07.830
Imos ver se está aquí.

04:08.581 --> 04:09.415
Tira, veña.

04:35.858 --> 04:37.944
Ei, avísaos. Quen é?

04:38.027 --> 04:39.320
Por que fas iso?

04:40.113 --> 04:41.864
Se non o fago, dispararannos.

05:00.300 --> 05:02.468
Problemas!

05:04.595 --> 05:06.055
Problemas!

05:07.640 --> 05:09.017
Problemas!

05:11.769 --> 05:13.896
Problemas!

05:25.033 --> 05:27.994
Problemas!

05:31.706 --> 05:33.583
Livro!

05:33.666 --> 05:36.085
- Que pasa?
- Problemas!

05:40.882 --> 05:42.216
Veñen por ela.

05:42.300 --> 05:43.217
Ai, Deus.

05:46.387 --> 05:48.723
Avisa o teu irmán antes de que se arme.

06:45.530 --> 06:47.490
Vou ser moi claro.

06:50.410 --> 06:52.370
Ti non vas sobrevivir.

06:54.580 --> 06:56.499
Iso xa está decidido.

06:58.292 --> 06:59.836
A única pregunta

07:01.129 --> 07:06.134
é se a túa familia vai sobrevivir
e que quedará deles se o fan.

07:09.262 --> 07:10.888
Se me mentes,

07:12.682 --> 07:14.976
se non contestas as miñas preguntas,

07:15.518 --> 07:19.272
todos os que están neste cuarto
vano lamentar toda vida.

07:20.440 --> 07:22.233
Asente se o entendes.

07:27.447 --> 07:29.031
Empeza polo principio.

07:31.701 --> 07:34.370
Quero todos os detalles sobre o atentado.

07:34.454 --> 07:37.707
Quero saber quen o ordenou,
quen participou

07:37.790 --> 07:39.959
e os detalles de como se orquestrou.

07:46.007 --> 07:48.050
E comeza polo teu verdadeiro nome.

07:58.352 --> 07:59.770
Chámome Gabriel.

08:00.897 --> 08:05.193
Ben, Gabriel,
quero que lembres que ti xa estás morto

08:05.276 --> 08:07.320
e que non tes nada que perder,

08:08.279 --> 08:11.240
agás anacos dos teus seres queridos.

08:14.744 --> 08:17.038
Contactoume Emanuel Ferraz,

08:17.121 --> 08:18.748
o líder da FRP.

08:18.831 --> 08:21.918
Está na cadea,
pero quere intensificar a operación.

08:22.710 --> 08:25.379
Ferraz vaina intensificar dende a cadea?

08:26.464 --> 08:28.508
Estar no cárcere non o freou.

08:29.342 --> 08:31.719
Ao contrario, é moito máis agresivo.

08:34.805 --> 08:36.015
Tira.

08:39.727 --> 08:41.145
Onde deixaches a rapaza?

08:41.979 --> 08:43.814
Subiron por alí.

08:47.902 --> 08:50.530
Atentos. Están subindo.

09:01.499 --> 09:03.251
Onde andabas?

09:03.334 --> 09:06.254
Alguén tiña que ir ver a nosa convidada.

09:06.337 --> 09:09.090
A que Beto podía protexer sen axuda.

09:09.674 --> 09:11.676
- E que é dela?
- Escapou.

09:11.759 --> 09:13.386
Livro foi tras dela.

09:13.469 --> 09:16.931
Dáme dez segundos,
que resolvo isto sen problema.

09:17.014 --> 09:20.935
A de aí abaixo é da miña familia.
Ten moito coidado, babeco.

09:21.018 --> 09:23.646
Mira a quen lle preocupa a familia agora.

09:23.729 --> 09:24.772
Mamón.

10:02.602 --> 10:03.561
Poe!

10:18.284 --> 10:20.536
Quietos aí!

10:20.620 --> 10:22.580
Viñestes dar ao sitio equivocado.

10:22.663 --> 10:24.415
Soltádea e deixámosvos ir.

10:24.498 --> 10:26.083
Podemos facer un troco.

10:26.167 --> 10:28.544
Buscamos unha moza que non é de aquí.

10:28.628 --> 10:29.920
Troco, o carallo!

10:33.132 --> 10:34.008
Dádelle!

10:34.091 --> 10:35.384
A por el!

10:37.720 --> 10:39.597
Correde, hostia!

10:40.181 --> 10:41.932
Toma, cabrón!

10:42.516 --> 10:44.185
Corre!

10:49.357 --> 10:52.026
Que escapa o fillo de puta! Bulide.

10:58.032 --> 10:59.992
Vamos! Ide tras ese mamón.

11:00.076 --> 11:01.160
Ven comigo.

11:37.571 --> 11:38.531
Ei!

11:52.253 --> 11:54.088
Veña! Caladiña. Ven comigo.

12:09.186 --> 12:10.104
Non!

12:24.410 --> 12:26.495
Entra. Moi devagar.

12:27.747 --> 12:28.914
Entra!

12:33.711 --> 12:35.004
Vamos.

12:43.220 --> 12:44.930
Baixade as armas!

12:45.014 --> 12:46.891
Baixade as armas!

12:50.644 --> 12:52.563
Se alguén tenta algo,

12:52.646 --> 12:54.190
isto acaba coma o carallo.

12:56.192 --> 12:57.693
Marchade, por favor.

13:05.826 --> 13:06.911
Para dentro.

13:14.627 --> 13:16.128
Dilles que se afasten.

13:16.921 --> 13:18.130
Saíde de aí.

13:48.661 --> 13:49.870
Que cartafol?

13:50.830 --> 13:51.997
Arriba á dereita.

14:35.165 --> 14:38.127
Alguén está a subir arquivos
a un servidor seguro.

14:38.210 --> 14:40.963
É un repositorio obsoleto
que xa non usamos.

14:41.046 --> 14:42.923
A ver, para. Que é isto?

14:43.007 --> 14:44.049
É unha cerellada.

14:44.133 --> 14:46.468
Recibos de furgonetas de alugueiro,

14:46.552 --> 14:49.889
de químicos, rexistros de chamadas
do teléfono de alguén,

14:50.848 --> 14:52.850
e isto, planos,

14:52.933 --> 14:54.602
cheos de notas manuscritas.

14:54.685 --> 14:57.021
Estano comprobando, pero dá a impresión

14:57.104 --> 15:00.065
de que son do edificio
que fixeron estourar no Río.

15:01.150 --> 15:02.484
Mi madriña.

15:02.568 --> 15:03.944
É Creasy.

15:04.778 --> 15:07.573
Vale. Todo o que suba
tráemo directamente a min

15:07.656 --> 15:09.992
para que eu o revise. Entendido?

15:10.618 --> 15:13.120
Xa veremos
que compartimos cos brasileiros.

15:13.787 --> 15:14.788
Bo traballo.

15:18.876 --> 15:22.171
Daquela, Ferraz ordena o atentado
dende o cárcere

15:22.254 --> 15:26.550
e ti mobilizas a xente
da túa célula da FRP.

15:30.012 --> 15:33.599
E están estas chamadas a Frederico Lopes.

15:36.936 --> 15:38.145
El que fai?

15:41.315 --> 15:44.234
Frederico foi o que construíu as bombas.

15:48.822 --> 15:50.366
Que papel xoga Tiago?

15:52.576 --> 15:55.412
Ferraz dixo
que había unha testemuña do atentado.

15:56.330 --> 16:00.751
Contratei a Tiago e os seus
para que se desfixesen dela. E de ti.

16:02.544 --> 16:04.838
- Non participaron no atentado?
- Non.

16:08.300 --> 16:10.511
Con quen estabas a noite do atentado?

16:12.179 --> 16:15.140
- Só estabamos Frederico e eu.
- Dúas furgonetas.

16:16.642 --> 16:18.435
Centos de quilos de químicos.

16:19.395 --> 16:22.982
Semanas de construción,
planificación e vixilancia.

16:23.065 --> 16:24.650
Todo entre dúas persoas?

16:25.943 --> 16:27.277
Non creo.

16:31.949 --> 16:36.120
Quero os nomes
de todas e cada unha das persoas

16:36.203 --> 16:40.040
que tiveron algo que ver
coa destrución do edificio.

16:40.124 --> 16:41.333
Entendido?

16:43.210 --> 16:46.380
Frederico era o único que eu coñecía.

16:47.631 --> 16:48.799
Que fas?

16:51.552 --> 16:53.429
Só vou facer isto unha vez.

16:54.638 --> 16:56.807
E só para que saibas a dor

16:56.890 --> 16:59.893
que vai sentir o teu fillo
se me volves mentir.

17:16.869 --> 17:19.246
Quero todos os nomes.

17:19.329 --> 17:21.623
Se vacilas, o seguinte é o teu fillo.

17:21.707 --> 17:23.876
Se mentes ou esqueces alguén,

17:23.959 --> 17:27.504
darei con eles e farei que o volvan pagar.

17:27.588 --> 17:30.799
Quero todos os nomes.

17:37.556 --> 17:39.058
Miguel Moura,

17:39.141 --> 17:41.518
Daniel Vila, Sandro Ruiz.

17:42.102 --> 17:43.520
Ían na outra furgoneta.

17:45.439 --> 17:48.650
Neto Vargas e Rafael Pinheiro.

17:48.734 --> 17:52.696
Vargas, Frederico e mais eu
iamos na primeira furgoneta.

17:56.825 --> 17:57.951
Ninguén máis?

17:59.244 --> 18:01.622
Pensa, Gabriel. Tes moito que perder.

18:01.705 --> 18:05.793
Flavio Guerra.
Axudoulle a Frederico a facer as bombas.

18:10.923 --> 18:13.050
Creo que te esqueces de alguén.

18:13.133 --> 18:16.178
Non, son todos, xúrocho. Son eses.

18:18.430 --> 18:21.975
- E o tipo da moto?
- Non o coñecía, xúrocho.

18:22.559 --> 18:24.478
Ferraz mandouno para vixiarnos,

18:24.561 --> 18:27.064
pero nin o coñecín nin lle sei o nome.

18:27.147 --> 18:29.483
Prométocho. Xúrocho.

18:29.566 --> 18:34.613
Que fas?
Non o coñezo! Era un dos de Ferraz!

18:34.696 --> 18:36.490
Covarde!

18:36.573 --> 18:39.118
Xúroche que me vas suplicar que te mate!

18:39.201 --> 18:42.579
Canta e paro.
Ela viulle a cara. Por iso tes que matala.

18:42.663 --> 18:43.747
A quen protexes?

18:44.331 --> 18:47.709
Dáme un nome! Quen é o da moto?

18:47.793 --> 18:49.378
Non o sei!

18:50.254 --> 18:53.465
Xúrocho! Traballaba para Ferraz.

18:54.341 --> 18:55.801
Que fas?

18:55.884 --> 18:58.137
Que lle fas ao meu fillo? Para!

18:58.804 --> 19:00.931
Todo vai ben. Estamos finxindo.

19:02.516 --> 19:03.433
Mateus.

19:05.018 --> 19:07.062
Desgraciado!

19:07.146 --> 19:09.231
Que lle estás a facer ao meu fillo?

19:11.817 --> 19:12.943
Que lle fixeches?

19:13.026 --> 19:15.404
- Dime o nome.
- Non o sei.

19:16.446 --> 19:17.698
Non o sei.

19:20.576 --> 19:22.744
- A quen protexes?
- A ninguén.

19:23.620 --> 19:24.913
Dime o seu nome.

19:39.511 --> 19:41.013
Síntoo polo teu fillo.

19:42.639 --> 19:43.891
Non!

19:50.397 --> 19:51.690
Quero o nome.

19:51.773 --> 19:53.692
Non sei como se chama.

19:53.775 --> 19:55.527
Xúrocho!

19:56.570 --> 19:58.113
Só o sabe Ferraz.

19:58.197 --> 20:02.201
E non lle conta a ninguén
nada que non precise saber.

20:03.327 --> 20:06.455
Tampouco sei
quen se ía encargar de vós ao marchardes.

20:06.538 --> 20:08.790
Que? Como que ao marcharmos?

20:09.666 --> 20:12.294
Deume de prazo ata que volvésedes aos EUA.

20:12.377 --> 20:16.089
- Despois encargaríase outro.
- Encargaríase outro de que?

20:16.173 --> 20:18.800
De atopala, fose a onde fose.

20:20.844 --> 20:22.554
Déronme un enderezo.

20:23.847 --> 20:27.935
Tras os erros na base militar,
dixo que xa non podía confiarmo a min.

20:28.560 --> 20:30.812
Eu só tiña ata que ela marchase.

20:31.647 --> 20:35.192
- Despois sería cousa doutra xente.
- De quen?

20:38.153 --> 20:42.407
As diferentes partes do noso grupo
non se coñecen entre elas.

20:42.491 --> 20:46.745
Para que, pase o que pase,
eu non saiba responder esa pregunta.

20:48.163 --> 20:51.708
Só sei que os enderezos
os mandaron nun correo electrónico.

21:15.315 --> 21:17.609
Pedíronme que lle pase unha chamada.

21:17.693 --> 21:19.278
Pásolla polo interfono.

21:19.778 --> 21:21.655
Dilles que saian de aí ou…

21:21.738 --> 21:22.698
Creasy?

21:24.283 --> 21:26.076
- Creasy, estás aí?
- Poe?

21:26.159 --> 21:29.579
Creasy, óesme?
Capturoume un home que ten unha pistola e…

21:32.666 --> 21:34.042
Creasy, estás aí?

21:34.126 --> 21:35.210
Poe!

21:35.794 --> 21:36.920
Aquí pasa algo.

21:37.671 --> 21:38.797
Santos!

21:39.381 --> 21:42.009
Non vas saír ben parado de ningún xeito.

21:42.092 --> 21:44.636
- Que di?
- Os meus socios atoparon a moza.

21:44.720 --> 21:48.807
Igual deberías ir pensando
en liberarnos a min e mais a miña familia.

21:48.890 --> 21:51.518
Agás que queiras que a execute, claro.

21:51.601 --> 21:52.811
Creasy!

21:52.894 --> 21:54.438
Non, por favor!

21:59.067 --> 22:00.360
Creasy!

22:00.444 --> 22:02.112
Creasy, por favor!

22:04.364 --> 22:05.532
Livro…

22:07.075 --> 22:08.160
Vale.

22:11.455 --> 22:12.831
Que si, carallo.

22:13.874 --> 22:14.875
Ei.

22:17.085 --> 22:19.546
Livro di que o tipo quere facer un troco.

22:19.629 --> 22:22.466
O tal Creasy secuestrou
o seu xefe e a familia.

22:22.549 --> 22:25.135
Pero falou con Creasy? Que dixo?

22:25.218 --> 22:28.263
- Fíxolle a oferta, pero non contestou.
- Que dis?

22:28.347 --> 22:31.641
Déixame falar con el.
El non abandonaría a rapaza así.

22:31.725 --> 22:35.354
Non me fodas.
O único que fixo foi deixala á súa sorte.

22:35.437 --> 22:38.440
- Beto.
- E Beto meteu o irmán nesa merda.

22:38.523 --> 22:40.150
Cago no carallo, meu.

22:41.401 --> 22:44.029
É teu irmán. Ti decides.

22:44.112 --> 22:45.739
Déixame falar con el, Beto.

22:50.243 --> 22:53.663
Que Melo fale con Creasy, cona.

22:56.291 --> 22:57.542
Podemos solucionalo.

22:57.626 --> 23:01.963
Hai un tipo apuntándolle a teu irmán
á cabeza e ti preocupado polo choio?

23:03.173 --> 23:05.801
Eu marcho. Que vos dean polo cu.

23:13.225 --> 23:14.309
Mateus!

23:14.851 --> 23:17.020
Mateus! Escóitasme, fillo?

23:18.522 --> 23:21.525
Pódeste mover, Mateus? Ven, fillo.

23:22.109 --> 23:23.485
Tenta moverte.

23:24.361 --> 23:25.987
Tenta saír de aí.

23:26.488 --> 23:27.406
Ven.

23:28.115 --> 23:29.116
Así!

23:29.199 --> 23:31.618
Ben, fillo. Ven, Mateus.

23:32.452 --> 23:33.578
Iso.

23:34.413 --> 23:35.497
Así, fillo.

23:38.750 --> 23:39.876
Coidado.

23:43.130 --> 23:44.548
Moi ben.

23:44.631 --> 23:45.632
Amodiño.

23:51.638 --> 23:53.098
Veña, fillo. Ven.

23:57.894 --> 23:59.312
Amodiño.

24:01.857 --> 24:03.233
Así.

24:03.316 --> 24:04.526
Vai alá.

24:04.609 --> 24:06.778
O verde. O botón verde.

24:12.409 --> 24:15.620
Preme o botón verde, Mateus. O verde.

24:17.831 --> 24:18.999
Veña, fillo.

24:29.551 --> 24:31.136
Ti cres que é boa idea?

24:31.845 --> 24:34.097
Ata Beto quere agardar, e é seu irmán.

24:34.181 --> 24:36.224
Impórtalle un carallo seu irmán.

24:36.308 --> 24:38.268
Só lle preocupan os cartos.

24:39.895 --> 24:41.521
Se lle importase Livro,

24:41.605 --> 24:43.815
non o metería nesta lea de merda.

24:47.277 --> 24:48.612
Hostia. Prepárate.

24:50.655 --> 24:52.657
Busco un tiro limpo.

24:53.200 --> 24:55.911
Pero se lle dou á rapaza,
ti dispáralle a el.

24:55.994 --> 24:59.789
Non sei, meu. Hostia, Vico,
sabes que eu non teño tanta puntaría.

24:59.873 --> 25:01.708
Por iso fago eu o difícil.

25:02.209 --> 25:04.419
Vai quedar quieto, cagado de medo.

25:05.295 --> 25:06.630
Ti dispara e punto.

25:11.676 --> 25:12.844
Ao carallo.

25:19.476 --> 25:21.186
Carraca do carallo!

25:21.978 --> 25:23.188
Cago na cona!

25:26.441 --> 25:27.567
Merda!

25:32.697 --> 25:35.617
Veña, Mateus. Aperta o botón.

25:38.870 --> 25:39.704
Veña, Mateus!

25:39.788 --> 25:43.250
Abre a porta.
Preme o botón. E fuxe! Vaite.

25:44.543 --> 25:46.169
Prémeo, Mateus!

25:46.253 --> 25:48.880
Veña, fillo, apértao!

25:48.964 --> 25:50.340
Para!

25:50.423 --> 25:52.801
Prémeo. Non te preocupes por nós.

25:52.884 --> 25:54.302
Vaite, fillo!

25:54.386 --> 25:56.179
Prémeo e marcha, Mateus!

26:13.280 --> 26:15.282
A ver, fillo de puta.

26:32.716 --> 26:34.926
Ven aquí! Que veñas!

26:35.010 --> 26:36.136
A tomar polo cu.

26:48.189 --> 26:49.524
Listo?

26:49.608 --> 26:52.777
- Serás quen de darlle só a el?
- Ímolo ver.

26:56.740 --> 26:58.366
Estades tolos ou que?

26:59.159 --> 27:00.910
Vounos matar, carallo!

27:03.580 --> 27:05.749
Vou matar a todo o mundo, carallo!

27:06.750 --> 27:08.710
Décheslle a Livro, meu.

27:10.920 --> 27:13.173
Vouvos matar a todos!

27:20.221 --> 27:21.306
Que foi?

27:21.389 --> 27:24.517
Vounos matar xa.
Estanme disparando, carallo!

27:26.561 --> 27:27.854
Que dixo?

27:27.937 --> 27:30.065
Di que lle están disparando.

27:31.232 --> 27:33.234
Vai matar un dos reféns.

27:33.318 --> 27:35.695
A ver, cona! Vou matar os dous.

27:35.779 --> 27:37.364
Vounos matar xa!

27:37.447 --> 27:41.117
Tranquiliza o teu home
e dille o que xa sabes.

27:41.993 --> 27:42.911
O que?

27:43.828 --> 27:45.622
Que só hai unha solución.

27:51.294 --> 27:54.047
Frederico foi o que construíu as bombas.

27:55.340 --> 27:58.385
Creasy acábanos de mandar
unha confesión gravada

27:58.468 --> 28:00.220
do que supervisou o ataque,

28:00.303 --> 28:03.890
e leva horas mandando probas
que o corroboran.

28:04.474 --> 28:07.060
Practicamente destapou
toda a célula da FRP

28:07.143 --> 28:10.563
que perpetrou o atentando en… tres días.

28:11.523 --> 28:15.402
- Os brasileiros non teñen nada disto?
- Non. Aínda non.

28:15.485 --> 28:19.030
Está só, e envióunolo todo
por unha rede segura antiga.

28:20.782 --> 28:22.867
Por que xa non traballaba para nós?

28:22.951 --> 28:24.077
A ver…

28:25.161 --> 28:28.957
Na súa última misión,
neutralizáronlle a unidade enteira.

28:29.040 --> 28:31.626
Apartárono trala avaliación psicolóxica,

28:31.710 --> 28:33.128
seguramente por TEPT.

28:33.211 --> 28:36.673
Así que non sei como o está a facer,
pero é un milagre.

28:38.717 --> 28:40.301
Ponme con Prado Soares.

28:41.428 --> 28:44.389
Aos brasileiros
daralles igual como o faga.

28:45.682 --> 28:47.308
Sempre que leven o mérito.

28:48.226 --> 28:51.271
Señor, outra chamada.
É unha muller. Pásolla.

28:51.896 --> 28:55.233
Ola? Pasaches a chamada?
Que raio pasa, Creasy?

28:55.316 --> 28:57.026
- Estás ben?
- Estou.

28:57.610 --> 28:59.112
- E Poe?
- Está ben.

28:59.195 --> 29:03.158
Pero está secuestrada con Livro.
Hai que acordar un intercambio.

29:04.117 --> 29:06.619
Creasy, veste capaz ou non?

29:06.703 --> 29:07.746
Onde e cando?

29:19.382 --> 29:21.718
Cagáchela. Non tiñas dereito.

29:22.677 --> 29:26.431
Son o único que se preocupa máis
polos seus ca polos cartos.

29:30.477 --> 29:33.480
Desobedecíchesme. Décheslle a Livro, cona.

29:33.563 --> 29:35.774
- Non foi nada.
- Non sei se levarte.

29:35.857 --> 29:37.817
- Pois non me leves.
- Non podo.

29:37.901 --> 29:41.029
Es o meu mellor tirador.
É a túa oportunidade.

29:41.112 --> 29:43.448
Vamos dunha santa vez.

29:45.158 --> 29:46.367
Veña, rapaces.

29:48.036 --> 29:50.038
Vamos!

30:27.075 --> 30:28.326
Tira, veña.

31:23.715 --> 31:24.716
Poe.

31:25.466 --> 31:26.467
Estás ben?

31:31.264 --> 31:33.266
Dille ao teu home que pare aí.

31:33.766 --> 31:35.560
Déixaos aí. Ven.

31:36.227 --> 31:37.270
Veña.

32:16.684 --> 32:18.645
Sabes que isto non rematou.

32:21.814 --> 32:23.066
Para ti si.

32:31.950 --> 32:32.951
Veña, vamos.

32:34.994 --> 32:36.245
Non paredes.

32:36.955 --> 32:38.498
Seguide.

32:47.340 --> 32:48.299
Seguide.

33:08.695 --> 33:09.862
Estás ben?

33:09.946 --> 33:10.989
Estás ben?

33:16.619 --> 33:19.330
- Coida del, Beto. Véxovos despois.
- Vale.

33:19.414 --> 33:20.456
Xa pasou.

33:20.957 --> 33:24.544
Serás prosma. Para unha cousa
que che pido, vas e cágala.

33:24.627 --> 33:27.255
Monta no coche.

33:32.677 --> 33:34.262
A ver. Déixame ver.

33:37.015 --> 33:38.599
Díxenche que non te foses.

33:43.104 --> 33:44.772
Fúcheste e non…

33:44.856 --> 33:45.857
Non…

33:49.235 --> 33:50.695
Acouga.

33:50.778 --> 33:53.823
Desta vez pensei que non ías volver.

33:54.782 --> 33:56.909
Acouga. Non che pasou nada.

33:56.993 --> 33:59.078
Mírame.

34:01.497 --> 34:02.749
Síntoo, vale?

34:05.585 --> 34:07.462
Que subas ao coche, cona!

34:09.297 --> 34:10.506
A puta que o pariu.

34:18.056 --> 34:20.433
Chama a túa filla, que saia da casa.

34:20.516 --> 34:22.643
- Que?
- Queda con ela. Recollémola.

34:22.727 --> 34:23.561
Por que?

34:23.644 --> 34:26.856
Atopáronte pola túa tarxeta.
Tamén poden dar con ela.

34:26.939 --> 34:28.524
Vamos.

34:36.532 --> 34:38.367
Hoxe infórmovos a todos

34:38.451 --> 34:42.830
de que, grazas aos incansables esforzos
das autoridades brasileiras,

34:43.623 --> 34:46.793
os responsables
do terrible atentado no Río de Xaneiro

34:46.876 --> 34:50.505
foron non só identificados,
senón tamén neutralizados.

34:50.588 --> 34:53.091
A velocidade
á que se realizou a operación…

34:53.174 --> 34:54.050
O terrorismo.

34:55.009 --> 34:58.262
O terrorismo é un mal
que vai alén da política,

34:58.346 --> 35:01.516
e quen o comete debe ser eliminado
con forza exemplar.

35:02.642 --> 35:06.354
Hoxe amosámoslles
a aqueles que queren atacar o Brasil

35:06.437 --> 35:10.066
que os fillos da patria
non foxen da loita.

35:10.149 --> 35:13.402
Nunha vaga de redadas,
as autoridades identificaron

35:13.486 --> 35:16.864
os terroristas
que planificaron e executaron o atentado

35:16.948 --> 35:20.201
nunha torre de vivendas do Río
a comezos desta semana,

35:20.284 --> 35:23.037
causando centos de mortos

35:23.121 --> 35:26.165
e perdas millonarias en danos materiais.

35:27.625 --> 35:29.877
Gabriel Estevas, adiñeirado partidario

35:29.961 --> 35:34.090
e amigo do líder encarcerado da FRP,
Emanuel Ferraz,

35:34.173 --> 35:37.552
foi identificado
como o líder da operación.

35:37.635 --> 35:41.722
A información obtida no seu domicilio
permitiu realizar redadas

35:41.806 --> 35:45.810
noutros lugares onde se localizaron
máis sospeitosos do ataque.

35:45.893 --> 35:48.521
Uns foron detidos e outros asasinados.

35:50.273 --> 35:53.609
Se ben a muller e o fillo de Estevas
foron capturados

35:53.693 --> 35:57.905
cando se dirixían ao norte da cidade,
Gabriel foi atopado no domicilio,

35:57.989 --> 36:00.408
onde se suicidara cunha pistola.

36:05.288 --> 36:08.624
Cantos colgan medallas
polo traballo de Creasy.

36:10.084 --> 36:11.210
Sabes algo del?

36:12.587 --> 36:13.504
Non.

36:13.588 --> 36:14.881
E a que agarda?

36:16.465 --> 36:19.343
Mira, se Creasy crese
que esta historia rematou,

36:19.427 --> 36:21.262
Poe estaría volvendo á casa.

36:23.055 --> 36:24.307
Vou ir alí.

36:26.434 --> 36:28.603
Agarda. Henry, enviamos un equipo.

36:28.686 --> 36:30.104
- Non se presentou.
- Xa.

36:30.188 --> 36:32.607
- Que pensas facer?
- Traballei con eles.

36:32.690 --> 36:34.275
En moitas misións.

36:34.358 --> 36:36.986
Creasy está de capa caída,

36:37.069 --> 36:39.614
e da familia de Rayburn queda unha persoa.

36:40.531 --> 36:42.200
Coñezo a Creasy.

36:43.618 --> 36:47.079
Sei como traballa,
como se move e como se camufla.

36:47.163 --> 36:49.624
Podo atopalo. E podo botar unha man.

36:50.625 --> 36:53.628
Pero non podo vivir
co que pase se non fago nada.

37:07.600 --> 37:09.227
Ola, rula.

37:09.310 --> 37:12.146
- Que pasa?
- Explícocho despois. Sube ao coche.

37:16.108 --> 37:17.360
Monta no coche.

37:19.654 --> 37:22.240
Pensas que Ferraz irá tras elas?

37:22.323 --> 37:24.659
Se pensa que así te atopará, si.

37:25.701 --> 37:26.869
Pero por que?

37:26.953 --> 37:29.413
Xa colleron os que cometeron o atentado

37:29.497 --> 37:31.332
e Ferraz xa está na cadea,

37:31.415 --> 37:34.126
daquela por que lle importa?

37:35.670 --> 37:40.091
Porque, á parte de Ferraz, só outra persoa
pode identificar o motorista.

37:42.051 --> 37:43.844
- Eu.
- Si.

37:43.928 --> 37:46.430
Aínda non estás a salvo. Ningún de nós.

38:07.868 --> 38:08.995
E agora que?

38:26.512 --> 38:30.308
AXENCIA CENTRAL DE INTELIXENCIA
ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA

38:30.391 --> 38:31.851
É unha liña segura?

38:33.269 --> 38:35.521
Xa o sei. Ando niso.

38:36.731 --> 38:39.900
Non, vou coller un avión e ir para alá.

38:39.984 --> 38:41.986
Estou farto desta historia.

38:42.069 --> 38:44.905
Creasy acabará con calquera que mandes.

38:46.574 --> 38:49.785
Non, voume encargar eu
de liquidalos a el e a rapaza.

39:54.141 --> 39:59.230
Subtítulos: Marina do Albardeiro
